Uncategorized @gl

PARTICIPACIÓN DO CENTRO EN XORNADAS DE FORMACIÓN

Medrando Xuntos foi convocado polo Centro de Formación do Profesorado de Ferrol (CEFORE) e polo CIFP Compostela para a realización de dúas xornadas de formación.

O mércores 4 de Decembro no CIFP Compostela, para unha charla informativa ás/ós alumnos do Ciclo de Educación Infantil, na que incidimos na importancia da Psicomotricidade Educativa Preventiva nesta etapa do desenrolo.

O xoves 12 de Decembro no CEIP Ponte de Xubia – Narón coa participación do profesorado de infantil e primaria, interesados en profundizar na metodoloxia e aportes da PPA – Práctica Psicomotriz Aucouturier.

Foi un pracer colaborar nestes espazos, xa que a mirada sobre o neno que aporta a Psicomotricidade seguro que é un aspecto enriquecedor para todos aqueles que traballamos na infancia.

Por outro lado, compartir a nosa experiencia tamén supón un esforzo para conceptualizar, sintetizar e reflexionar sobre a nosa práctica diaria, e o mesmo tempo tamén nos enruqueceu recibir as aportacións doutros profesionais.

Seguir lendo
XIV XORNADA DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ “El valor del vínculo” Vitoria

Interesante xornada na que disfrutamos de encontros, reencontros, reflexións e emocións esta fin de semana pasada en Vitoria, no Palacio Europa.

Démonos cita preto de 400 asistentes interesados pola proposta de traballo: “O valor do vínculo”.

Abriu a Xornada David Bueno, escritor e experto en neurociencias da Educación. Introdúxonos en matices que se dan na maduración do cerebro, aportando un lugar destacado ás emocións, o pracer do xogo, as actitudes dos enseñantes e o corpo. Explicou como este é un proceso complexo e dinámico que se extende ó longo do ciclo vital das persoas, sendo especialmente susceptible e relevante na primeira infancia.

Leticia Liñares e Iñaki Bilbao-Macias membros do “Instituro Vasco de Apego e Psicoanálisis- IVAP” profundizaron en temas do apego e vínculo. Incidiron en que nas primeiras relacións que os nenos/as entablan coas figuras de referencia, viven experiencias que marcarán as claves sobre as que se sustentarán as futuras relacións. Fíxose un importante fincapé en na importancia dos límites na infancia, así como a necesidade de aprender a postergar a gratificación das necesidades, aspectos que determinarán a futura capacidade de autorregulación dos nenos/as. Outro aspecto sinalado foi o dos riscos da hiperconexión.

Anna Luna pedagoga e psicomotricista, formadora do ASEFOP en Barcelona introducionos en detalles da súa práctica profesional na U.A.T. como psicomotricista, resaltando a importancia do papel das familias neste traballo cos nenos/as en dificultade.

Xa o domingo Nerea Martínez psicóloga e psicomotricista dunha U.A.T. de Navarra afondou en temas como o axuste de espectativas nos tratamentos, marcar metas realistas tanto coas familias como cos nenos do servizo: “conseguir algo pequeño es salir de donde estamos y ésto es algo grande”. È preciso contemplar a maduración como un proceso no que se dan avances e retrocesos. Nerea valorou os grandes aportes da súa formación en psicomotricidade no traballo cos nenos/as que atende no servizo.

Katti Homar, pedagoga – mestra e psicomotricista falou do proxecto que están a desenvolver en Mallorca nas escolas infantiles de 0 a 3 anos e na utilidade da Psicomotricidade Vivenciada Relacional. Na mesma línea Maruje Arrastua e Karmentxu Martínez explicaron como abordan na escola de educación infantil o complexo proceso de adaptación (comenzo da escolarización ós 3 anos) e da utilidade da sala de psicomotricidade neste momento.

Sin lugar a dúbidas unha xornada ben interesante.

Seguir lendo
CONVENIO DE COLABORACION DO CENTRO MEDRANDO XUNTOS COA UNIVERSIDADE DE HUELVA

Neste mes asinamos un contrato coa Universidade de Huelva – Facultade de Psicoloxía – para colaborar na formación cos seus alumnos de Grado ou Master.

As prácticas de formación son intercambios entre dúas realidades: teórica e a práctica. Aportarán ventaxas a ambas partes: a alumna e os profesionais, xa que no día a día se dan intercambios que xa está comprobado que nos axudan a mellorar … Sin lugar a dúbidas esta conexión entre o estudio, investigación, formación reglada… e a práctica profesional, deben camiñar xuntas…

Seguir lendo
ESTA SEMANA EMPEZAMOS CUN NOVO GRUPO DE Psicomotricidade Educativa Preventiva NO COLEXIO DE AGRO DO MUÍNO

De volta á sala de Psicomotricidade que xa coñecemos, no colexio de Agro de Muíño!!!

Agradecemos á AMPA do centro que contara con nos para retomar este traballo.

Sentimos gran satisfación ó apreciar o interés que nos mostraron para poñer en marcha un proxecto que moitos deles xa coñecían, e que valoran. O venres pasado, día 7 de Novembro reuníamonos coas familias e os membros da Asociación, para coñecernos e explicar as bases do noso traballo. Este próximo venres día 15, ahí estaremos, dispostas para recibir ós nenos/as que están inscritos, e coa disposición a acompañalos nas sesións que nos esperan ó longo do curso.

Seguir lendo
CURSO DE FORMACIÓN EN BILBAO: O GRUPO DE AXUDA NA PRÁCTICA PSICOMOTRIZ

Convocatoria da Escola Internacional Aucouturier de Práctica Psicomotriz PEI EIP en Bilbao para o vindeiro curso 2020-2021.

Para máis información:https://escvpsicomotricidad.com/formacion/bianual-2020-2022-curso-de-especialista-en-practica-psicomotriz-educativa-y-de-ayuda-psicomotriz-en-pequeno-grupo-con-orientacion-terapeutica/

Seguir lendo
Comezo dos grupos de psicomotricidade educativa preventiva

Comenzamos este novo curso con emoción. 

Xa temos en marcha os diferentes grupos de Psicomotricidade Educativa Preventiva que realizamos dende o centro Medrando Xuntos. 
 
Espérannos meses de compartir moitos momentos de intensas emocións, que nacen das experiencias que os nenos/as viven na sala, e que serán o trampolín para acadar importantes retos que facilitarán o seu avance no proceso madurativo.
Baixo a mirada e dispoñibilidade d@ psicomotricista, poderán experimentar, moverse, apropiarse de sensacións e competencias que sempre quedarán nos cimentos da súa personalidade. Ahí estaremos, acompañando e favorecendo a súa maduración dende o respeto e confianza e coa certeza da transcendencia que ten esta etapa no desenrolo  dos individuos.Este ano contamos con 100 nenos /as de idades comprendidas entre os dous e os 6 anos, distribuidos en diferentes grupos:
  • Na EEI do Milladoiro: 3 grupos de 3 a seis anos, actividade xestionada pola ANPA Millapeques.
  • Na Escola Infantil da Maia: 2 grupos de nenos e nenas de idades comprendidas entre os 2 e seis anos, actividade organizada e xestionada polo centro Medrando Xuntos.
  • Na Escola Infantil Municipal de Negreira tres grupos de nenos e nenas de dous anos de idade.
É especialmente gratificante este traballo, xa que somos conscientes de que o avance do neno ó longo de toda a etapa escolar, depende de que se realicen con éxito procesos que teñen a orixe nestes momentos: a capacidade de descentración emocional, a integración do seu esquema corporal, o desenrolo do pensamento…
Alá imos entón… a disfrutar e aprender…
Seguir lendo
Convocatoria para a inscripción na actividade de psicomotricidade educativa preventica no Curso Escolar 2019/20
 
A Psicomotricidade Vivenciada Relacional: conta cunha organización espacial e temporal, así como cun profesional preparado (psicomotricista) para permitir e facilitar o  desenvolvemento harmónico de cada neno, dende o respecto ó momento evolutivo e ritmo de cada quen. Polo tanto é un recurso esencial na infancia dado o papel que xoga a nivel Educativo e Preventivo.

Comenza o prazo para inscribirse neste curso escolar 2019/20  na actividade  de “Psicomotricidade Educativa Preventiva”, organizada polo centro MEDRANDO XUNTOS e dirixida a nenos/as de idades comprendidas entre os 3/6 anos (ciclo de infantil).

Para obter información sobre os aportes deste traballo pódese descargar o folleto informativo que aparece ó final da noticia.

Como cursos anteriores, as sesións realizaranse nas instalacións da aula de psicomotricidade da Escola Infantil de Maía – Bertamiráns. Para formar grupo, será preciso contar cun mínimo de 8 nenos/as ata un máximo de 14.
A actividade desenrolarase os mércores nos seguintes horarios:

  • GRUPO I: de 16.10h a 17.10h  para nenos/as de 3/4 anos (cuarto ano de infantil)
  • GRUPO II: de 17.10h a 18.10h para nenos/as de 4/5 anos (quinto ano de infantil)
  • GRUPO III: de 18.10h a 19.10h para nenos/as de 5/6 anos (último ano de infantil)
As persoas interesadas contactar co centro Medrando Xuntos: Itos: 677761230 ou no correo electrónico itoslorenzo@hotmail.com.  A inscripción será por orde de solicitude.

A actividade comenzará :
  • Día 25 de Setembro reunión informativa para as familias de nova inscripción ás 16.10h
  • Día 2 de Outubro comenzo das sesións cos nenos/as. 
Seguir lendo
O xogo libre e o tempo non estructurado potencian a autoestima, as capacidades executivas e a intelixencia social infantil

Para o desenrolo integral dos nenos /as é esencial que poidan disfrutar de tempo libre, de xogo non estruturado, de momentos de pracer compartidos, e tamén da intimidade de estar solos, sin que se dirixa a súa actividade, sin supervisión nin interferencias.

O xogo en sí é a actividade por excelencia na infancia e tamén un medio facilitador de aprendizaxes: de ser,  exisitir, disfrutar,  crear,  probar, descubrir e descubrirse,  asegurarse e reasegurarse, medirse, …. No xogo o neno é o que xera a acción, movemento que nace do seu desexo  e das sensacions que forman parte da súa historia, das imáxes interiores coas que conta, ….Movemento que forma parte dun largo percorrido de  coñecerse, de confiar nas propias destrezas, de gañar confianza e autoestima….
As/Os psicomotricistas, somos conscientes de todos estos procesos que se dan na infancia e da gran importancia que ten XOGAR, por iso a sala de psicomotricidade está sempre preparada para acoller ós nenos/as, a cada un coas súas potencialidades…

Enlace a un artigo interesante:

https://terramater.es/el-juego-libre-y-el-tiempo-no-estructurado-potencian-la-autoestima-las-capacidades-ejecutivas-y-la-inteligencia-social-infantil/

Seguir lendo
Reunión de remate de curso de psicomotricidade educativa preventiva
Este mércores 26 de Xuño foi a data da reunión de remate de Curso das sesións de Psicomotricidade Educativa Preventiva que Medrando Xuntos organiza no CEIP Maia.
Este ano tivemos dous grupos de nenos/as de idades comprendidas entre os 3 e ós 6/7 anos , foron un total de 28 usuarios.
A convocatoria ás familias tivo como obxectivo compartir e intercambiar impresións, sobre os aportes da actividade. Elaboramos un documento baseado en imaxes das sesións, unha mínima mostra do que sucede dentro.
As sesións de Psicomotricidade Educativa Preventiva contan cun dispositivo espacial e temporal que invita ós nenos/as a vivir un sinfín de experiencias que lle facilitarán o seu avance:
  • A consciencia corporal e integración do esquema corporal.
  • A evolución do seu pensamento e da capacidade simbólica.
  • A maduración emocional: impulsando a capacidade de descentración tónico emocional.
  • A adquisición de habilidades relacionales…
Como todos os anos rematamos contentos e satisfeitos, a medida que ían avanzando as sesións os grupos foron cohexionándose, xerando vínculos e investindo o espazo e así convertendo a sala e a sesión no “pequeno laboratorio” no que descubrir, descubrirse, cambiar, inventar, reinventar… apuntalarse e asegurar sólidamente os cimentos da súa construcción.
En Setembro abrirase o prazo para novas inscripcións.
Para visualizar a reportaxe de fotografías pinchar no enlace: https://1drv.ms/v/s!AoBvCpOClQd1kkzMyQuuLUKWoAVm
Seguir lendo
Convocatoria do Máster en atención temperá no curso 2019/20

Convocatoria para a segunda edición do Máster Universitario en Atención Temperá para o vindeiro curso: comeza en Outubro do 2019 e remata en Xullo do 2020 UDC.

Os interesados/as poden obter información nos seguintes enlaces:
INFORMACIÓN DA FUNDACIÓN UNIVERSITARIA DA CORUÑA (FUAC):
INFORMACIÓN DA ASOCIACIÓN GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ (AGAT):
Seguir lendo