CURSO DE ACTUALIZACIÓN DA AGAT: TRASTORNOS DO ESPECTRO AUTISTA – atención integral e procedementos diagnósticos

INTERESANTE INVITACIÓN POR PARTE DA AGAT (Asociación Galega de Atención Temperá): “Propoñemos este novo curso de actualización na procura de experiencias e ideas para mellorar a identificación e intervención precoz cos nenos e nenas que presentan signos de autismo, dificultades graves de axuste na interacción e comunicación social, intereses empobrecidos, ou anomalías na vivencia sensorial.

Nenos e familias inmersos nun horizonte de sufrimento que precisan mais empatía, esforzo e apoio social.

Na primeira parte da xornada (9:00-11:30), Josep Mª Brun Gasca, psicólogo e psicoterapeuta, director do PROGRAMA AGIRA (Atención Integral a Nenos Riesgo de Autismo), presentará este plan asistencial e os seus resultados. O PROGRAMA AGIRA, implementado en varias comarcas de Barcelona pretende realizar unha atención mais integral, intensiva e coordinada, prestando apoio e acompañamento á función coidadora das familias e das educadoras.

Na segunda parte (12:00-14:00), Amparo Rodríguez (Pediatra), M. Belén Martínez (Psiquiatra), Jesus Eirís (Neuropediatra) e Xoana Balado (Psicomotricista), nunha mesa redonda e dende as súas posicións profesionais achegaran datos e perspectivas para ilustrar os procedementos diagnósticos que se realizan en Galicia. Afondarán nos criterios e instrumentos que utilizan e as súas posibles consecuencias. E compartirán propostas para posibles melloras.”

Para máis información e incripción visitar a páxina da AGAT :http://atenciontemprana.com/

    Write a comment

    Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

    Aviso de cookies