REFLEXIÓNS SOBRE – “SER NAI/PAI”

O rol de pai/nai, que tarefa tan complexa e á vez significativa na vida de todos aqueles que nos enfrentamos a ela. Unha aventura sen fin, como a vida mesma. Brindaranos oportunidades únicas, como a de REDESCUBRIRNOS, e polo tanto coñecernos mellor, explorar facetas novas. Tamén podernos contactar coa nena/o que cada un/ha de nos leva dentro e con aspectos significativos da nosa crianza.

Somos nais/pais grazas a OUTRO – o noso fillo/a. Será na interrelación con el/a onde nos deberemos ir axustando para un desempeño “máis ou menos correcto” do noso rol. Ese axuste implica:

  • Adoptar unha postura de proximidade / distancia concreta.
  • Adoptar actitudes de protección /esixencia.
  • Actuar co outro dende a dependencia ou autonomía.

Posturas que á vez varían ó longo de todo ciclo vital. Como referencia para a nosa colocación debemos de ter en conta as competencias coas que conta o neno/a (que como pais / nais temos a responsabilidade de acompañar)

Somos os adultos, as nais/pais, quenes contamos coas ferramentas COGNITIVAS E EMOCIONAIS nas que nos apoiaremos para tomar decisións: deteminar cal é a distancia axustada para colocarnos, que esixir, que límite marcar…. xa que somos os adultos quenes temos (ou debemos ter) a capacidade de análise  e reflexión que nos permitirá decidir o mellor para  o noso fillo/a. Estas decisións, cando se toman de xeito consciente, temos a seguridade de que son oportunas, que situacións está preparado o neno/a para afrontar, e así poderemos darlle a SEGURIDADE e CONFIANZA que precisa para ATREVERSE a explorar o descoñecido, para irse separando do que lle xera benestar e seguridade, e abrise a explorar novas experiencias, que incialmente poden provocar temor, inseguridade, e polo  tanto rechazo.

Este reaxuste permanente é complexo para ambas partes e pode producir os mesmos sentimentos: medo, angustia, incertidume…. polo que é fácil caer en posturas que non benefician a ninguén:

  •  Proteccionismo excesivo, cando se mantén unha postura en exceso próxima, vixilante, controladora… e polo tanto forza ó neno a permanecer en etapas máis inmaduras, xerando fácilmente conductas contradictorias.
  • Delegar nos nenos/as decisións que non lle corresponden: otorgar ós nenos/as o poder de tomar decisións sobre a organización do seu tempo, tarefas a realizar… nun momento no que non contan coa madurez e competencias que lle permitan esa toma de decións. Esta postura forza ó neno a dar respostas a situacións sin contar cos referentes adecuados para elo. Polo tanto xera angustia, desorientación e malestar.
  • Non asumir a autoridade que nos toca como nais/pais, medio a través do cal o neno irá aceptando e respectando as normas do entorno, aprendendo a tolerar a frustración, e desenrolando mecanismos que lle permitan manexarse en contextos nos que él non está no centro de atención.

A confianza nos nosos fillos/as implica adopar a distancia axustada para permitir que vivan experiencias, que cometan erros e sintan a frustración e malestar, que teñan que enfrontarse a situacións adversas, que para acadar novas metas sexa preciso esforzarse e insistir . Tamén implica saber decir NON – as veces necesarias. Un non firme, sin ter que ser explicado nin xustificado,  porque é o adulto  o que toma certas decisións e o neno debe aprender a confiar.

No acompañamento ós nosos fillos/as debemos ilos desprazando progresivamente dese lugar privilexiado que se lle otorga ó nacer (dado o elevado nivel de dependencia) e ir adoptando posicións máis distantes, nas que é obligado empregar novos mecanismos de relación ou aprobación. Só esa retirada, axudará ó neno a mellorar na autoestima e seguridade.

O neno ten que CONQUISTAR os seus logros, e para elo moitas veces vivirá tensións, traballo, esforzo…. valores claves na vida, que se asimilan dende as primeras etapas da infancia.

Ser pai/nai que tarefa tan complexa e á vez apaixoante!

    Write a comment

    Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

    Aviso de cookies