Uncategorized @gl

USO DAS PANTALLAS NA INFANCIA

TEMA DETERMINANTE PARA PRESERVAR A SAÚDE E AS CONDICIÓNS NECESARIAS PARA UN AXUSTADO AVANCE NO PROCESO MARDURATIVO DOS NENOS/AS

Somos moitos os profesionais que constatamos o perigo que supoñen as pantaias e os efectos debastadores que causan no avance madurativo dos nenos/as. A OMS recomenda cero uso dos dispositivos en menores dun ano e a partir de aí un tempo moi limitado e sempre supervisado e baixo a presencia dun adulto.

Na primeira infancia o cerebro dos nenos/as está nun proceso de evolución permanente, xerando conexións – aprendizaxes que serán a base doutras posteriores. Ata os 6/7 anos o neno/a constrúe os cimentos nos que se aposentarán as aprendizaxes posteriores e para toda unha vida. Para que este proceso madurativo se leva adiante garantindo o maior potencial do neno/a son esenciaias certas condicións ambientais : entre elas a non exposición a pantallas.

Para poder ter nenos/as sanos, con capacidade creativa e de desfrute das vivencias, seguros, con autoestima e capacidade empática, con habilidades comunicativas e expresivas, capacidade para aprendizaxe e razonamento lóxico…. é preciso favorecer o seu crecemento motor cognitivo e emocional que se acada a través da axustada maduración corporal, do xogo, da acción e movemento, das interaccións coas figuras significativas que os coidan …..

Dende a AGAT comezarase o novo ano cunha proposta para formarse e sensibilizarse sobre este tema, primeiro paso para loitar contra esta problemática que cada día afecta máis a infancia.

PROPOSTA FORMATIVA DO AGAT (Asociación Galega de Atención Temperá)

PARA INCRIPCIÓN E MÁIS INFORMACIÓN:https://atenciontemprana.com/agat-convoca-curso-como-acompanar-as-familias-para-previr-o-exceso-de-pantallas/

Seguir lendo
CURSO BIENAL DE FORMACIÓN NA “PRÁCTICA PSICOMOTRIZ EDUCATIVA” (850 horas)

Organizado por Luzaro Psikomotrizitate Eskola e o Centro Asociado UNED – Bergara. Colabora ASEFOP.

Dirixido a profesionais que buscan formarse e comprender a infancia e saber acompañala nas capacidades e dificultades.

Imaxe de Medrando Xuntos

Para ampliar a información e inscripcións: https://luzaro.net/es/practica-psicomotriz-educativa/

Seguir lendo
COMENZO DO CURSO 2024/25

En Medrando Xuntos comezamos este curso coa apertura dunha nova sala de psicomotricidade

Nova sala de Medrando Xuntos

Son dúas as salas de psicomotricidade das que disporemos a partir deste Setembro en Medrando Xuntos. O traballo e a experiencia ó longo destes anos animounos a ampliar o espazo para mellorar a eficacia do servizo, sobre todo pensando nas necesidades dos nenos/as que nos demandan apoio.

Sala inicial de Medrando Xuntos

A sala de psicomotricidade é un espazo pensado para que os nenos/as podan vivir experiencias corporais, xogar e despregar a súa iniciativa, creatividade e pensamento (aspectos claves na “Práctica Psicomotriz Aucouturier”). Acompañados sempre d@ psicomotricista, profesional formado para comprender e dar sentido a expresividade motriz de cada neno/a .

O traballo realízase ben en Terapia Individual ou Grupo de Axuda. Un obxectivo esencial da Práctica Psicomotriz Aucouturier sempre é facilitar o coñecemento persoal e polo tanto impulsar o desenrolo da identidade persoal.

Este primeiro trimestre espéranos un traballo apaixoante, ir investindo este espazo. Tod@ psicomotricista sabe que son os nenos/as, e a súa expresividade, a que nos irá marcando as necesidades e uso que lle podemos ir dando á nova sala.

Seguir lendo
CONVOCATORIA DE CURSOS DE SENSIBILIZACIÓN DE PSICOMOTRICIDADE VIVENCIADA RELACIONAL

O curso de sensibilización realizase nun formato de traballo de fin de semana no que os asistentes poden aproximarse a esta disciplina e a metodoloxía que se empregará para o master posterior. O tempo de formación repartirase en traballo teórico e formación persoal (aspecto esencial na formación dos/as psicomotricistas).

As datas propostas son:
📆 Bilbao: 1, 2 y 3 de marzo.
📆 Donostia-San Sebastián: 24, 25 y 26 de mayo.
📆 Vitoria-Gasteiz: 20, 21 y 22 de septiembre.

Para máis información picar: https://luzaro.net/es/cursos-de-sensibilizacion/

Seguir lendo
FORMACIÓN OFERTADA DENDE CEFFOP

Compartimos oferta formativa do CEFFOP, centro de referencia de formación en PPA (Práctica Psicomotriz Aucouturier) en Madrid.

Curso Básico: 22 horas de formación distribuidas en 8h teóricas e 14 h de formación persoal.

Curso de Terapia Psicomotriz que comeza en Xaneiro do 2024 e remata en Decembro do 2025. Poderán acceder a él profesionais que teñan previamente formación en Psicomotricidade Educativa Preventiva.

Para máis información: https://cefopp.com/formacion/

Seguir lendo
CURSO DE FORMACIÓN ORGANIZADO POLA UNED

“LA PSICOMOTRICIDAD COMO VÍA PARA EL BIENESTAR EMOCIONAL EN LA INFANCIA Y ADOLESCENCIA”

¿Que entendemos por benestar emocional? ¿Que aspectos na evolución madurativa dos nenos /as e dos individuos en xeral están relacionados co benestar emocional?.. Estas e outras preguntas poderán reflexionarse nesta xornada de formación. Profundizarase na psicomotricidade, un recurso educativo/preventivo e terapéutico que permite prever, identificar e apoiar os nenos/as e adolescentes no seu desenrolo emocional, reforzando e dotando de recursos personais que lle permintan afrontar o día día.

Data: Novembro do 2023 vía online e presencial.

Impartido por Begoña Ruíz Ibáñez. Lucenciada en Psicoloxía con habilitación en Educación Social e profesora da Escola Internacional de Practica Psicomotriz PEI-EIP de Bilbao.

Para obter máis información curso: https://extension.uned.es/actividad/idactividad/31699

Seguir lendo
XVI XORNADAS DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ

Xa está aberto o prazo para incribirse nas Xornadas de Práctica Psicomotriz que se organizarán os días 10,11 e 12 de Novembro en Vitoria – Gasteiz (Palacio Europa).

No traballo coa infancia e na práctica psicomotriz é esencial a formación para impulsar a comprensión do xogo, das accións e movemento/pasividade dos nenos/as, das representacións .. pois é a ferramenta que nos permite a interacción, axuda e acompañamento. Estas xornadas afondarán neste tema.

Para inscripción e información sobre os ponentes e programa pica o enlace: https://luzaro.net/es/xvi-psikomotrizitate-jardunaldiak/

Seguir lendo
XORNADA ESPECIAL DE PSICOMOTRICIDADE

O INFANTE COMO SUXETO DAS SÚAS CAPACIDADES E DIFICULTADES, A PRÁCTICA PSICOMOTRIZ NA ATENCIÓN TEMPERÁ

O día 24 de Xuño, como peche do master de Atención Temperá, tivemos o pracer de atoparnos na Universidade da Coruña (Facultade de Ciencias da Educación) nunha xornada adicada a psicomotricidade na que participaron tres psicomotricistas de referencia en España: Álvaro Beñalán (Donostia) e neste momento presidente da ASEFOP (Asociación Europea de Psicomotricistas), Marta Prieto (Madrid) e Angels Morral (Cataluña).

Dende a mirada que caracteriza á/ó psicomotricista incidiron na importancia da psicomotricidade Educativa e Terapéutica no acompañamento e axuda dos nenos/as na Atención Temperá.

Marta Prieto introduciunos na Psicomotricidade Educativa, entendendo o neno como un suxeito activo, contemplado dende as potencialidades ó marxe das dificultades. Abordou temas como o vínculo, desexo, pulsión, normas e límites, o corpo e a súa expresividade…. un percorrido sobre múltiples aspectos a contemplar nos nenos/as dentro da sesión de psicomotricidade.

Alvaro Beñalán compartiu o proxecto piloto (de prevención) que realizou neste curso nunha escola. O psicomotricistas observa os nenos/as nas aulas ordinarias para identificar posibles necesidades especiales, co fin de poder iniciar os apoios o antes posibles, xa no contorno da escola, ou recomendar tamén derivacións a servizos especializados si se considera oportuno.

Angels Morral presentounos o traballo que están levando a cabo ela e o seu equipo no “Centre Educatiu i Terapèutic Carrilet” de autismo. Tamén compartiu os últimos estudios que están facendo sobre indicadores do transtorno autista en nenos/as menores dun ano. Sempre destacando a importancia da psicomotricidade neste traballo.

Na xornada tamén participou Victor Arufe, docente da Universidade vinculado á área de deporte e psicomotricidade, investigador e escritor. Nas investigación que realizou destaca a importancia da psicomotricidade no desenrolo da primeira infancia, así como das carencias que hai a nivel de formación nos docentes educativos. Queda moito percorrido que facer.

Foi unha gran xornada, en especial para todos os que loitamos para que a psicomotricidade sexa recoñecida e valorada dentro do traballo educativo e terapéutico.

Seguir lendo
XVI JORNADAS DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ: ‘ÉRASE UNA VEZ… ¿QUÉ SE CUENTA EN EL JUEGO?’

Aberto o prazo para incribirse XVI Xornadas de Práctica Psicomotriz organizadas os días 10,11 e 12 de Novembro do 2023, no Palacio Europa de Vitoria – Gasteiz. O tema desta edición será o XOGO do neno. Compartimos o programa:

Para máis información: https://luzaro.net/es/

Seguir lendo
I XORNADAS SOBRE DESENVOLVEMENTO INFANTIL E ATENCIÓN TEMPERÁ

Achegamos información sobre esta interesante convocatoria da Universidade da Coruña con motivo do peche da edición en curso do Mestrado en DI e AT da UDC.

A  Sesión do 24 de xuño  ten unha relevancia especial para o centro Medrando Xuntos polo lugar que ocupa a psicomotricidade nela, e a intención manifesta polas entidades convocantes de que sexa o prólogo da implantación de estudos de especialización en Galicia.

Animamos a calquer profesional que traballe na infancia a asistir. A inscrición é gratuita. Si che interesa pincha o seguinte enlace https://forms.office.com/e/kdpvmiKrMm

Seguir lendo