Uncategorized @gl

A CONSTRUCCIÓN DA IDENTIDADE
Imaxe dunha sesión de Psicomotricidade Educativa Preventiva curso 2018/19

Acadar a “Identidade”, construir unha identidade segura, é un reto nas nosas vidas, non só na etapa da primeira infancia – ata 6/7 anos. Saber quen son, é unha pregunta que ás veces é complexo respostar, e tamén pode revestir complicacións asumir as responsabilidades que conleva. 

Na primeira infancia danse moitos procesos madurativos (é na etapa onde máis cambiamos, na que o cerebro xera máis circuitos de aprendizaxe), e en función de cómo o neno os resolva poderá ou non tomar conciencia de que é, da súa existencia, e posteriormente de quen é. 

Unha das primeiras aprendizaxes que é necesaria que o neno adquira é que el é un ser separado doutro, dese outro que o alimenta, que o cuida, que o mece e acolle, que o asea, que lle fala… (é unha realidade que o neno chega a adquirir – nun desenrolo típico –  sobre os 6 meses de vida que coincide cos primeiros procesos de desenrolo da psique). Sobre os seis meses o neno descubre o seu corpo, separado do outro. Será o primeiro paso dunha elevada escada na que os descubrimentos de sí mesmo serán múltiples:
  • hai coñecidos e descoñecidos.
  • quedo só.
  • podo desplazarme empregando as extremidades
  • podo manterme de pe, camiñar, correr, saltar,…
  • podo emitir sons, protestar, queixarme, montar berrinches…
  • podo masticar e comer a comida como meus pais e meus irmáns maiores..
  • podo axudar á miña familia a facer tarefas, colaborar, participar…podo, podo….
Son numerosos os cambios que se van dando no neno/a que o capacitan e o preparan para dar saltos madurativos. 
Pero todos sabemos que abandonar aquilo que coñecemos, aquilo que nos gusta e nos reconforta é complexo, sobre todo cando aínda non coñecemos o novo co que imos contar. Penso que isto é moitas veces o motivo que leva tanto a nenos/as como a pais /nais a non avanzar no proceso madurativo, que leva a confusión. Para que o neno/a madure, medre, se vaia sentindo seguro e capaz é preciso que os adutos responsables da súa crianza se vaian separando del e deleguen nel maiores cuotas de autonomía e responsabilidade. Que CONFÍEN NO NENO, nos seus recursos, nas súas competencias, na súa fortaleza. Tamén é preciso que cando o neno empece a sentir medo ou o malestar de enfrentarse ó descoñecido lle digan: “sei que podes”. “vai”, “eu confío en ti” “estarei cando voltes” (e que como adulto conteña e soporte a inseguirdade que pode xerar deixalo irse).
Adquirir unha identidade, verse, recoñecerse, é unha tarefa complexa, para país e fillos e obriga a ambos a cambios permanentes, a novos retos, a acomodarse a novas situacións e enfrontarse a novos sentimentos…porque as posibilidades de coñecernos non se agotan…
Seguir lendo
IV XORNANDAS P.P.A. (Páctica Psicomotriz Aucouturier)

Cita interesante para Mayo en Bilbao, con motivo do cincuenta aniversario da creación da P.P.A. a escola PEIP EIP BILBAO oganiza este evento. Están convocados grandes profesionais da psicomotricidade e tamén participará  Bernard Aucouturier.

PARA MÁIS INFORMACIÓN VISITAR A WEB DA ESCOLA:

https://escvpsicomotricidad.com/

Seguir lendo
PRÓXIMAS CITAS CON BERNARD AUCOUTURIER EN BILBAO
Novas datas para poder disfrutar da experiencia e coñecementos de Bernard Aucouturier, creador da P.P.A. (Practica psicomotriz  Aucouturier), e aproveitar as  xornadas  para enriquecerse da compañía de profesionais do ámbito da psicomotricidade.
SEMINARIO DE DUDAS nas datas 6,7 de Abril do 2019 e debate sobre o seu último libro:  Actuar, Jugar, Pensar, puntos de apoyo para la Prática psicomotriz Educativa y terapéutica.
Máis información:
SEMINARIO DE FORMACIÓN TEÓRICA E PERSOAL: nas datas 15,16 e 17 de Xuño.
Máis información:
Seguir lendo
COMENZO DOS PROGRAMAS DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA
Sesión Educativa curso 2017/18

Co comenzo de Outubro no Centro Medrando Xuntos poñemos en marcha os diferentes programas  de Psicomotricidade Educativa Preventiva que realizamos:

  • Na EEI Milladoiro, a través da AMPA Millapeques, dirixido a nenos/as de  4º, 5º e 6º de educación infantil (este é o segundo ano que o programa é  ofertado pola asociación de Pais e Nais, con anterioridade durante 12 anos foi ofertado polo Concello de Ames)
  • Nas instalacións da sala de psicomotricidade da Escola Infantil do CEIP MAIA ofertado polo noso centro e dirixido a nenos/as de  4º, 5º e 6º de educación infantil (anteriormente durante 12 anos ofertado polo Concello de Ames).
  • Na Escola Infantil Municipal de Negreira para nenos/as de 3º de educación infantil, sendo este o terceiro ano.
É gratificante colaborar coas entidades que nos demandan este traballo, tamén contar con nenos/as nos grupos que nós ofertamos, xa que temos a certeza de que os aportes das sesións de Psicomotricidade Educativa Preventiva son significativos. Somos copartícipes de vivencias cargadas de grandes emocións, e expectadores de avances, tanto na construcción corporal, como do desenrolo das competencias emocionais e do  pensamento. Este é o mellor agasallo que podemos recibir.
Seguir lendo
A INVESTIGACIÓN: A ESPERANZA PARA A MELLORA EN MOITAS PATOLOXIAS

O próximo domingo realizarase  un medio ironman “desafío Islas Cies” . Detrás deste gran reto para os deportistas tamén se promociona un acto solidario dirixido a recaudar fondos para adicar á investigación no instituto Ideibell de Barcelona, centro que estudia a alteración do xen GRIN,  enfermidade que está catalogada dentro das  raras, pola súa baixa prevalencia. Entre outros afectados está Julia, unha nena coa que no centro Medrando Xuntos traballamos dende fai tempo. O pai de Julia é uns dos participantes na carreira.
Queremos dar ánimos á familia, especialmente a Andrés, seguro que ten motivación dabondo para mellorar a súa marca e ademais conta coa nosa admiración. Tamén nos resulta grato que se emprendan accións como esta, que aparte de conseguir fondos, que son moi necesarios para a investigación, poden axudarnos a todos a concienciarnos e sensibilizarnos con realidades que ás veces nin imaxinamos (e que no azar está que tod@s poideramos ser Julia).
A familia de Julia ve nela a súa princesa, porque o é. Soña como calqueira familia que a nena poda acadar as maiores cuotas de autonomía, benestar, integración, coñecementos…  pero acadar moitas destas metas vai depender nunha importante medida das investigacións que se realicen – de atopar recursos que permitan minimizar as dificultades que presenta.
Dende o centro apoiamos esta iniciativa.

INFORMACIÓN A NOTA DE PRENSA:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2018/09/21/recaudan-fondos-apoyar-investigacion-alteracion-gen-padece-nina-julia/0003_201809S21C9992.htm

Seguir lendo
COMEZA O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA ACTIVIDADE DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA A TRAVÉS DA “ANPA MILLAPEQUES”
Na EEI Milladoiro, a ANPA do centro oferta a actividade de Psicomotricidade Educativa Preventiva para o vindeiro curso 2018/19.
É o segundo ano no que o centro Medrando Xuntos encárgase da realización das sesións. Para inscribirse ou recibir máis información consultar a páxina web http://www.millapeques.es/
ou poñerse en contacto cos membros da ANPA MILLAPEQUES no correo : millapeques@gmail.com.

Os aportes do traballo realizado a través das sesións de Psicomotricidade Educativa Preventiva son claves, nesta etapa madurativa, ata 6/7 anos, xa que potencian e estimulan o desenrolo global dos nenos/as. 
Así mesmo:
 – Favorecen o desenrolo motor e a boa integración do esquema corporal 
  (prerrequisito  para aprendizaxes como pode ser a lectoescritura)                  .
– Potencian o desenrolo emocional  (a capacidade de descentración tónico – emocional).
– Favorecen a aprendizaxe de habilidades sociais e integración no grupo de iguais.
– Petencian o desenrolo cognitivo e a actividade creativa.
– Facilitan a adquisición da IDENTIDADE….

PARA MAIS INFORMACIÓN DESCARGAR FOLLETO INFORMATIVO: https://1drv.ms/b/s!AoBvCpOClQd1kBwlEpzgxgEB6DGm
Seguir lendo
COMENZO DAS SESIÓNS DE PSICOMOTRICIDADE VIVENCIADA EN DOWN COMPOSTELA
Sesión durante el curso 2017/18
Hoxe martes día 11 de Setembro reanudamos por terceiroano, o traballo de colaboración coa Asociación Down Compostela a través da realización das sesións de Psicomotricidade Vivenciada Relacional.
Por medio  da Psicomotricidade búscarase, como obxectivo fundamental, que cada asistente avance no seu desenrolo como persoa, tanto nas competencias motoras como no ámbito cognitivo, emocional e relacional.
Outros obxectivos importantes son:
Potenciar o desenrolo das competencias motrices que conleva avances noutros ámbitos relacionados coa seguridade, autoestima, disfrute…
Estimular o desenrolo do pensamento e creatividade.
Favorece o desenrolo das capacidades comunicativas e expresivas, 
Traballar a regulación emocional, 
Fomenta a consciencia de experiencias corporais e mellora do tono muscular, 
Facilita a adquisición de novas habilidades relacionais: escoita, respeto, colaboración, observación,…
Favorecer dinámicas de xogos participativos nos que se atope o disfrute na relación cos demais.
Xerar lazos de grupo, de pertenza…
A xornada de hoxe foi de emoción, reencontros, presentacións, apertas, confidencias. Tamén tivemos tempo de xogar e divertirnos…, este ano avanzaremos polo camiño xa inicado.
Seguir lendo
XORNADA DE PSICOMOTRICIDADE DA P.P.A. EN BARCELONA

XORNADA DE PSICOMOTRICIDADE EN BARCELONA

Unha oportunidade estupenda para comenzar o novo curso coa emoción de ter compartido momentos de formación da man de grandes profesionais da psicomotricidade.
imaxen das sesións de Medrando Xuntos

Barcelona, 6 de Octubre 2018
9 a 19h.: 10 horas de trabajo
Campus Mundet edificio migdia,
planta baja aulas porche, nº3104
Paseo del Valle Hebrón, 171



“ LA DIMENSIÓN PRÁCTICA PSICOMOTRIZ ”

Asefop – Espanya

PROGRAMA:

9.00h.- Entrega de documentación e inauguración
9.30-11.30h.-   CEFOPP Madrid: La formación personal, un viaje sin retorno.
11.30h – 12.00h.- pausa
12.00h – 14.00h.-LUZARO Bergara: Que nos pasa con la agresividad?
14.00h – 15.30h.- comida
15.30h – 17.30h.- AEC Barcelona:  Jugando en la sala con los fantasmas.
17.30h – 19h.- conclusiones, amenización y brindis

INFORMACIÓN E MATRICULA: 

obligatoria antes del 2 de octubre del 2018       /http://www.aecassociacio.org/es/2018/09/04/jornada-asefop-octubre-2018/
Seguir lendo
CONVOCATORIA PARA INSCRIPCIÓN NOS GRUPOS DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA CURSO ESCOLAR 2018/19
Co arranque do novo curso 2018/19, dende MEDRANDO XUNTOS ofertamos a proposta de traballo de “Psicomotricidade Educativa Preventiva” para nenos/as de idades comprendidas entre os 2/3 anos (terceiro ano de infantil) a 6/7 anos (primeiro ano de primaria).
Para obter información sobre os aportes deste traballo descargar o folleto informativo que aparece ó final da noticia.
Como cursos anteriores, as sesións realizaranse nas instalacións da aula de psicomotricidade da Escola Infantil de Maía – Bertamiráns. Para completar os grupos, será preciso contar cun mínimo de 10 nenos/as ata un máximo de 14 ( no grupo de 2 anos mínimo serán 8 e máximo 10).
Os HORARIOS PREVISTOS son:
MÉRCORES:
                GRUPO I: de 16.10h a 17.10h  para nenos/as de 3/4 anos (cuarto ano de infantil)
                GRUPO II: de 17.15h a 18.15h para nenos/as de 4/5 anos (quinto ano de infantil)
                GRUPO III: de 18.20h a 19.20h para nenos/as de 5/6 anos (último ano de infantil)

XOVES:
                GRUPO I: de 17.30h a 18.30h  para nenos/as de 6/7 anos (primeiro ano primaria)
                GRUPO II: de 18.40h a 19.30h. para nenos/as de 2/3anos (terceiro ano infantil)

O mércores día 26 de Setembro, na franxa horaria de 16.30h a 17.30h e nas instalacións da sala de psicomotricidade, manteremos contacto coas familias inscritas para  formalizar a matrícula coas autorizacións requeridas. 
O traballo cos nenos empezará o mércores 3 de Outubro e xoves 4 de Outubro.
As persoas interesadas contactar co centro Medrando Xuntos: Itos: 677761230 ou no correo electrónico itoslorenzo@hotmail.com.  A inscripción será por orde de solicitude.
   

DESCARGAR O FOLLETO EXPLICATIVO DO TRABALLO: https://1drv.ms/b/s!AoBvCpOClQd1kBkUFM1Wb3jyGH0C

Seguir lendo
O XOGO, MEDIO ESENCIAL PARA O DESENROLO SANO DA INFANCIA
O xogo é un dereito dos nenos/as recollido na “Declaración dos Dereitos do Neno” situándoo ó mesmo nivel que a saúde e a educación. Isto choca coa realide que se está observando, sobre todo nos paises desenrolados, onde cada vez hai menos espazos para que os nenos/as podan xogar, e hai un bombardeo evidente que incide na neceside de estimulalos, de ofertarlles múltiples alternativas de aprendizaxes dirixidas, para que podan integrarse con “éxito no mundo” (entendendo que o esencial que o neno ten que acadar na infancia é algo externo a el).
O xogo libre do neno é unha actividade en sí, é o medio co que a infancia conta para apreder a coñecerse, a coñecer e asimilar a realidade, para desenrolar as súa competencias físicas, cognitivas, emocionais, acadar habilidades relacionais,  identificar e xestionar as emocions…. para asentar os pilares da construcción da súa identidade. Está demostrado que o xogo  provoca placer e que este é o gran organizador da maduración psíquica – chave de todas as aprendizaxes. Estas son as bases nas que se sustenta a Psicomotricidade Vivenciada, tanto a nivel Educativo como Reeducativo e Terapéutico.
Arredor da actividade do xogo hai todo un mercado de xoguetes que despertan o interés dos nenos/as por moi breve espazo de tempo, xa que o xogo nace dentro del, e o esencial para xogar é darlle tempo e proporcionarlle un espazo. O material de xogo canto máis versátil sexa mellor, xa que é o propio neno, según as súas necesides, quen lle otorga a función e o  significado axustados. 
Nós, as psicomotricistas, vemos a diario na sala como o espazo e material se transforman, según os plans que cada neno ou grupo van diseñando, que saen do seu desexo, das súas inquedanzas e que lle permiten desplegar unha dinámica que facilitará a súa aseguración no seu proceso madurativo. Este xogo pode ser motor, simbólico,  individual ou colectivo… ás veces dura varias sesións, xa que o xogo está ó servizo do neno para  axudalo. O xogo que desprega o neno é un claro indicador do seu nivel madurativo, deixanos ver as fortalezas e debilidades de cada quen, por iso tamén é un medio que permite reparar, curar, que axuda a fortalecer a seguridade física e emocional… o xogo TRANSFORMA Ó NENO…
Facilitamos un enlace ó artigo de Andrés Paya sobre o xogo infantil

https://elpais.com/elpais/2018/07/11/mamas_papas/1531309495_212620.html

Seguir lendo