Uncategorized @gl

II JORNADAS DE ATENCIÓN TEMPRANA: PREMATURIDAD

Próximamente, os vindeiros 26 e 27 de Novembro, en Cádiz celebraranse as segundas Xornadas de Atención Temperá, organizadas polo Colexio Oficial de Psicólogos de Andalucía e dirixidas a psicólogos, estudiantes e profesionais afíns á Atención Temperá.

As xornadas serán impartidas en dúas modalidades:

Modalidad presencial: Aula Magna de la Facultad de Filosofía y Letras de la Universidad de Cádiz. Avda. Doctor Gómez Ulla, 1. 11003 Cádiz

Modalidad online: streaming – videoconferencia en directo

Para máis información: http://l.copao.es/iijornadasatenciontemprana

Un bebé prematuro debe pasar na incubadora un tempo para poder salvar a súa vida, pero a vez exponse a estímulos para os que non está preparado, podendo xerarse futuras secuelas tanto a nivel emocional como corporal. A psicomotricidade, disciplina que traballa dende a vía corporal e emocional , é unha ferramenta idónea para previr ou minimizar posibles alteracións. A intervención psicomotriz incide especialmente nas vivencias corporais, algunhas delas xestadas nas primeiras etapas do neno/a, nas que o corpo é o único medio dispoñible para comunicar e recibir.

Seguir lendo
CONVOCATORIA DE FORMACIÓN PERMANENTE DENDE O CEFOPP

Próximamente temos unha interesante convocatoria dende o CEFOPP sobre o papel dos contos nas sesións de psicomotricidade. Será impartido por Eva Torres e Marta Prietro, formadoras e psicomotricistas que teñen unha longa experiencia profesional dentro das salas de psicomotricidade tanto no ámbito educativo como reeducativo e terapéutico.

Eva é autra de dous libros: “Arturo y las manzanas” “A veces me desdibujo” Relatos que se xestaron cos aportes e viencias cos nenos/as dentro da sala de psicomotricidade. Cheos de simbolismos, forza e con gran potencial para o traballo que se realiza nas sesións de psicomotricidade. Un luxo

E outra convocatoria do CEFFOP poñendo en valor o xogo, unha necesidade vital para o neno/a.

Seguro que as reflexións que nos aporten son interesantes.

Seguir lendo
O MEDO: COMPAÑEIRO DE VIAXE

O medo é un sentimento que nos acompañará ó longo de toda a vida, que todos coñecemos e vivimos. Ten unha función no desenrolo do ser humano: protexelo, informalo, axudalo. Si se contempla dende esta óptica podemos asumilo como unha ferramenta máis coa que nacemos e que está á nosa disposición para usala. Como calquer ferramenta coa que contamos é preciso traballar con ela para chegar ó bo manexo da mesma.

Cando somos nenos é preciso xogalos, vencelos, contelos…. e só así nos permitirán seguir avanzando, con paso máis firme, pois só o MEDO nos fai VALENTES. O medo cando somos adultos temos que recoñecelo, escoitalo, compartilo, valoralo… para así podelo xestionar . Si pola contra o rexeitamos, apartamos, negamos ou ignoramos, facilitamos que se instaure e invada á persoa, provocando danos que poden manifestarse de moitos xeitos (fobias, enfermidades psicosomáticas, alteracións de ánimo…).

O medo infórmanos do que está acontecendo fora, á vez de cómo estamos por dentro. Contemplando ambos datos fora/dentro poderase tomar unha resposta axustada. Se non se consideran as causas externas que espertan o medo poderiamos poñernos en risco, e si non escoitamos a intensidade do que sentimos dentro non poderiamos atopar a resposta precisa.

O medo está moi presente ó longo da infancia, especialmente porque é unha etapa na que se producen grandes cambios no ser humano. Cando os nenos/as comparten e expresan os seus medos, dannos pistas como avanza este proceso, informándonos do avance que o neno vai adquirindo na súa capacidade de pensar e valorar as circunstancias que lle rodean, tamén da forzataleza do neno/a a nivel emocional “plantarlle cara”. Como adultos, para acompañar os nosos nenos/as no medo é preciso facer unha boa lectura do que nos quere dicir, e quizais o máis significativo, entender o medo do neno no neno (que é moi diferente que no adulto).

Todos temos que atravesar ou transitar por medos para avanzar, como se faga determirá en gran parte a futura fortaleza emocional, e será decisivo para a calidade das relacións que estableceremos cos demais. Medo á pérdida,  medo á separación (alonxarnos demasiado, que nos olviden, que non sexamos queridos), medo á morte (perder para sempre a quen queremos ou precisamos)… seguro que nos soan a todos, e que os nenos/as tamén viven ó longo da infancia con elevada intensidade, pois os recursos mentais que teñen á disposición son escasos. Polo tanto o neno precisa dun adulto que o acompañe, que o sosteña e axude neste  proceso de entender que o medo está aí, seguirá aí… pero que é vencible, que se pode facer pequeno, que xuntos o espantaremos,….

O medo, como todos os sentimentos están conectados ó corpo, exprésanse e maniféstanse a través del, tanto pola vía cognitiva como física. Cando o medo é intenso soen aparecer respostas somáticas: angustia, ansiedade, sudoración, taquicardia, paralización, apatía, illamento….É importante recoñecer estos estados, son o primeiro paso para poder buscar unha saída, unha alternativa que non dane. É esencial que os adultos recoñezamos os nosos medos e nomealos, compartilos, permitindo así ós nenos/as entender que todos temos medos. Mensaxes como “non pasa nada” – cando sí está pasando, bloquean.

Os nenos/as contan coa mellor ferramenta para vencer os seus medos: o xogo libre. Neles prepáranse para facerlle fronte, loitan e ensaian diferentes alternativas: vencer ou ser vencidos…, sempre con pracer e benestar, fortalecendo así a súa identidade e autoestima, véndose capaces de todo, incluso de aceptar a derrota (cando un neno/a acepta a derrota no xogo é indicador dunha identidade positiva de que a súa persona, vai máis alá dunha acción, o seu valor non se tambalea polo que fai puntualmente…).

A través do xogo os nenos poñen en marcha os recursos cos que contan tanto físicos como mentais, modificando o entorno cando se fai preciso: construíndo espazos nos que sentirse seguros en caso de que “a cousa se poña fea”. No xogo libre o neno convírterse en escritor do relato que conta, en arquitecto dos seus espazos, en diseñador de armas, en xuiz co poder de cambiar as normas…. O corpo – pensamento e sentimentos traballan á par para “saír airoso de calquer batalla”. E así o medo achícase, contrólase, dómase….

A través do xogo libre o neno organízase e ordena vivencias. Unha vez postas fora, en acción -xogándoas de xeito repetido, os medos e angustias contrólanse. Podemos ensaiar, moldear, probar diferentes alternativas durante o proceso de xogo e decidir como remata . O neno ten o poder do que acontece.

O medo sempre está aí, pero esta época que estamos a vivir, na que tivemos que protexernos de maneira moi evidente de ameazas externas: con illamento, distancias, máscaras, hidroxeles, desinfeccións, cambio de rutinas, renuncias no ocio, …., neste tempo, o medo estivo e aínda está moi presente. É importante plantarlle cara, non negalo, traballalo e transformalo para que non nos dane. As salas de psicomotricidade son un espazos privilexiados para facelo: sostendo, acompañando e axudando ós nenos/as que están angustiados con malestar e medo.

Seguir lendo
DÍA EUROPEO DA PSICOMOTRICIDADE

Hoxe non queremos pasar sen lembrar que é o día europeo da Psicomotricidade

A psicomotricidade é este termo – disciplina – materia…, que pode ter connotacións tan variadas, incluso entre as profesións e os profesionais que a empregamos no día a día. Isto pode deberse á falta de formación nas diferentes carreiras sobre os aportes, informacións e recursos que podemos obter coa psicomotricidade. Tam´en incide o feito de non habler uns plans de formación reglados no estado español, polo que ser psicomotricista é pouco frecuente.

A visión que nos ofrece a psicomotricidade supón un gran aporte para comprender á persoa coa que traballamos, e para situarnos como profesionais de xeito correcto nesa relación terapéutica que temos que establecer. Este é un punto de partida privilexiado para poder avanzar e obter logros por ambas partes, tanto do que precisa a axuda como do que a dá.

Hoxe é o seu día, e desexamos que a visibilidade e protagonismo que ten que ter A PSICOMOTRICIDADE no traballo coas persoas, ó longo do ciclo da súa vida, e coa infancia en especial, vaia gañando terreo, avanzando no RECOÑECEMENTO que lle pertence.

Seguir lendo
REVISTA IBEROAMERICANA DE PSICOMOTRICIDADE E TÉCNICAS CORPORAIS

Compartimos o enlace co número 45 da Revista de psicomotricidade publicada en Arxentina.

Picar: https://1drv.ms/b/s!AoBvCpOClQd1qEmsSYXmtFGmo1c9?e=0SizyF

Seguir lendo
XV XORNADAS DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ

CORPO DE REALIDADE

Este è o tema a través do que nos convocan ás XV Xornadas de Práctica Psicomotriz.

Compatimos o programa, apetecible e interesante, no que estarán ponentes, que para aqueles que traballamos dende a Psicomotrricidade Vivencia Relacional, son figuras significativas.

Seguir lendo
PROPOSTA DE FORMACIÓN NO CEFFOP

Dende o CEFOPP envíanos esta convocatoria: ” Os enviamos nuestra última propuesta formativa para este curso: un reencuentro con la Formación Personal, ese espacio privilegiado para conectar con lo más auténtico de nosotros mismos y de los otros”.

A formación persoal, ese coñecemento e saber que se incorpora cando tomamos conciencia das nosas fortalezas e debilidades. Esa capacidade que se vai adiestrando para poder ver e sentir o outro sen interferencias da nosa propia historia. Esa seguridade que nos invade cando podemos saborear a emoción que esperta a interacción e contacto cos demais. Esa calma que se incorpora cando contemplamos o movemento e axitación durante o xogo….

Son innumerables os aportes da formación persoal, tantos, que traspasan o límite do ámbito laboral para convertirse en ferramentas que formarán parte da nosa estrutura persoal.

Para ter toda a información da convoctoria picar : https://cefopp.com/curso/?id=12

Seguir lendo
MÁSTER DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA SEMIPRESENCIAL

EADE, centro privado de Andalucía, oferta un master de formación en Psicomotricidade Educativa Preventiva. O prazo de matriculación está aberto.

Para a posta en marcha deste master o centro de formación asinou un convenio de colaboración coa “Asociación Europea de Escuelas para a Formación de Práctica Psicomotriz de Bruselas” ( Asociación na que están agrupadas as escolas que realizan formación en Práctica Psicomotriz Aucouturier), garantía de rigor e profesionalidade do persoal que acada a capacitación para realizar dita formación.

Para máis información picar no enlace da convocatoria: https://www.eade.es/titulos-propios/master-en-psicomotricidad-educativa-y-preventiva

Seguir lendo
PROPOSTA DE FORMACIÓN DENDE O CEFFOP

Convocatoria de formación permanente online que realizará o profesorado do centro de Estudios e Formación en Práctica Psicomotriz “Bernard Aucouturier”.

Afondando na Práctica Psicomotriz Educativa e aportacións na aprendizaxe dos nenos/as.

Enlace: https://cefopp.com/curso/?id=11

Seguir lendo
CONVOCATORIA DA AGAT PARA UN CURSO DE FORMACIÓN EN GRUPOS TERAPÉUTICOS

Facilitamos o enlace a esta interesante formación da AGAT (Asociación Galega de Atención Temperá) que será impartida por Rafael Villanueva Ferrer próximamente en Santiago de Compostela (11 e 12 de Xuño): http://atenciontemprana.com/agat-convoca-curso-de-formacion-en-grupos-terapeuticos/

Cando vivimos a experiencia tanto como adultos ou nenos, como asistentes (integrantes) ou responsables (terapeutas) nun Grupo de Axuda (Grupo Terapéutico), percibimos o gran valor e potencial que ten.

No centro Medrando Xuntos é unha intervención que ofertamos: “Grupos de Psicomotricidade educativa preventiva” e “Grupos de Axuda Psicomotriz”. Somos moi conscentes das posibilidades que o traballo grupal nos brinda. Integrarse nun grupo e chegar a sentirse parte do mesmo, facilita a incorporación dun sinfín da habilidades: relacionais, comunicativas, emocionais, motoras, de simbolización…, permitindo á vez que cada membro do mesmo poda avanzar e afianzar na súa construcción como ser individual: identidade, autoestima, …

Seguir lendo