Sin categorizar

VOLTA Á SALA DESPOIS DA CUARENTENA “O aspirador coronavirus”

Cantos sentimentos nos invaden ó retomar o traballo, ese reencontro tan desexado despois de dous meses sen poder entrar á sala de psicomotricidade. Tempo de distancia imposto pero que non  impediu manter o recordo e a ilusión pola volta.

Como psicomotricistas temos que enfrentarnos a esta nova situación na que se modifican as circunstancias nas que estabamos acostumadas a movernos:

  • Uso da mascarilla ocultando parte do rostro e da expresividade do mesmo.
  • Cambio/retirada de materiais que non se podan hixienizar (sabendo que algún implicaba unha carga emotiva signicativa para os nenos/as).
  • Novos rituais para a entrada e saída co fin de garantir a seguridade (sacar calzado xa na porta e lavados de mans na entrada e saída).  
  • Uso de hidroxeles (cando as circunstancias o esixen) parando as dinámicas na que o neno está inmerso.
  • As limpezas entre sesións e ó rematar as xornadas de mañán e tarde, pasando a ser a tarefa estrela máis que escoitar e pensar no que acaba de acontecer na sesión…..

Cambios imprescincibles pero incómodos e invasivos que á vez non poden impedir algo que é fundamental dentro das salas de psicomotricidade: o desfrute, a seguridade, a expontaneidade, a confianza, a iniciativa….

Retomamos as sesións con moitos sentimentos encontrados de desexo e á vez inseguridade e certa incomodidade. Pero nós – psicomotricistas, que confiamos nos nenos e sabemos que eles nos marcan o camiño a seguir, apoiándonos nesa ferramenta, sabemos que pouco a pouco, xuntos, neno e psicomotricista, buscaremos un bo xeito de acomodarnos a esta nova realidade, garantindo un ambiente idóneo no traballo. Unha constatación é o que pasou esta semana. Nun momento da sesión, en xogo simbólico, J. construiu unha nave espacial que equipou coas súas maletas e todo o necesario para a viaxe invitándome a acompañalo na aventura ó que eu accedín encantada. Explicoume todas as tecnoloxías que tiña a súa nave, e entre eles unhas cordas que estaban no teito que eu pensie que eran antenas e o neno dixome que estaba moi equivocada: “son ASPIRADORES: tu tranquila que si viene el COVIT lo traga el apirador y luego ya lo matamos entre los dos”. Que alegría sentín!!! que gusto!!! a saúde  dos nosos nenos é isto, buscar medios alternativos e seguros que nos permitan seguir adiante – a sala debe ser isto, un espazo que permite transformar e transformarnos, xogar e asegurse, medrar.

Na sala de medrando xuntos xa temos o “aspirtador COVIT”.

Seguir lendo
COMENZO DOS GRUPOS DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA
Imaxe da Escola Infantil Municipal de Negreira

Comenzamos este novo curso con emoción. 


Xa temos en marcha os diferentes grupos de Psicomotricidade Educativa Preventiva que realizamos dende o centro Medrando Xuntos. 

Espérannos meses de compartir moitos momentos de intensas emocións, que nacen das experiencias que os nenos/as viven na sala, e que serán o trampolín para acadar importantes retos que facilitarán o seu avance no proceso madurativo.  
Baixo a mirada e dispoñibilidade d@ psicomotricista, poderán experimentar, moverse, apropiarse de sensacións e competencias que sempre quedarán nos cimentos da súa personalidade. Ahí estaremos, acompañando e favorecendo a súa maduración dende o respeto e confianza e coa certeza da transcendencia que ten esta etapa no desenrolo  dos individuos.

Este ano contamos con 100 nenos /as de idades comprendidas entre os dous e os 6 anos, distribuidos en diferentes grupos:
  • Na EEI do Milladoiro: 3 grupos de 3 a seis anos, actividade xestionada pola ANPA Millapeques.
  • Na Escola Infantil da Maia: 2 grupos de nenos e nenas de idades comprendidas entre os 2 e seis anos, actividade organizada e xestionada polo centro Medrando Xuntos.
  • Na Escola Infantil Municipal de Negreira tres grupos de nenos e nenas de dous anos de idade.
É especialmente gratificante este traballo, xa que somos conscientes de que o avance do neno ó longo de toda a etapa escolar, depende de que se realicen con éxito procesos que teñen a orixe nestes momentos: a capacidade de descentración emocional, a integración do seu esquema corporal, o desenrolo do pensamento… 
Alá imos entón… a disfrutar e aprender….

Seguir lendo
CONVOCATORIA PARA INSCRIPCIÓN NA ACTIVIDADE DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA NO CURSO ESCOLAR 2019/20

A Psicomotricidade Vivenciada Relacional: conta cunha organización espacial e temporal, así como cun profesional preparado (psicomotricista) para permitir e facilitar o  desenvolvemento harmónico de cada neno, dende o respecto ó momento evolutivo e ritmo de cada quen. Polo tanto é un recurso esencial na infancia dado o papel que xoga a nivel Educativo e Preventivo.

Imaxe do curso 2018/19

Comenza o prazo para inscribirse neste curso escolar 2019/20  na actividade  de «Psicomotricidade Educativa Preventiva», organizada polo centro MEDRANDO XUNTOS e dirixida a nenos/as de idades comprendidas entre os 3/6 anos (ciclo de infantil). 

Para obter información sobre os aportes deste traballo pódese descargar o folleto informativo que aparece ó final da noticia.
Como cursos anteriores, as sesións realizaranse nas instalacións da aula de psicomotricidade da Escola Infantil de Maía – Bertamiráns. Para formar grupo, será preciso contar cun mínimo de 8 nenos/as ata un máximo de 14.
A actividade desenrolarase os mércores nos seguintes horarios:

                GRUPO I: de 16.10h a 17.10h  para nenos/as de 3/4 anos (cuarto ano de infantil)
                GRUPO II: de 17.10h a 18.10h para nenos/as de 4/5 anos (quinto ano de infantil)
                GRUPO III: de 18.10h a 19.10h para nenos/as de 5/6 anos (último ano de infantil)
As persoas interesadas contactar co centro Medrando Xuntos: Itos: 677761230 ou no correo electrónico itoslorenzo@hotmail.com.  A inscripción será por orde de solicitude.

A actividade comenzará :
  • Día 25 de Setembro reunión informativa para as familias de nova inscripción ás 16.10h
  • Día 2 de Outubro comenzo das sesións cos nenos/as. 

Seguir lendo
O XOGO LIBRE E O TEMPO NON ESTRUTURADO POTENCIAN A AUTOESTIMA, AS CAPACIDADES EXECUTIVAS E A INTELIXENCIA SOCIAL INFANTIL


Para o desenrolo integral dos nenos /as é esencial que poidan disfrutar de tempo libre, de xogo non estruturado, de momentos de pracer compartidos, e tamén da intimidade de estar solos, sin que se dirixa a súa actividade, sin supervisión nin interferencias.

O xogo en sí é a actividade por excelencia na infancia e tamén un medio facilitador de aprendizaxes: de ser,  exisitir, disfrutar,  crear,  probar, descubrir e descubrirse,  asegurarse e reasegurarse, medirse, …. No xogo o neno é o que xera a acción, movemento que nace do seu desexo  e das sensacions que forman parte da súa historia, das imáxes interiores coas que conta, ….Movemento que forma parte dun largo percorrido de  coñecerse, de confiar nas propias destrezas, de gañar confianza e autoestima….
As/Os psicomotricistas, somos conscientes de todos estos procesos que se dan na infancia e da gran importancia que ten XOGAR, por iso a sala de psicomotricidade está sempre preparada para acoller ós nenos/as, a cada un coas súas potencialidades…

Enlace a un artigo interesante:  https://terramater.es/el-juego-libre-y-el-tiempo-no-estructurado-potencian-la-autoestima-las-capacidades-ejecutivas-y-la-inteligencia-social-infantil/

Seguir lendo
REUNIÓN DE REMATE DE CURSO DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA
Sesión de Psicomotricidade Educativa Preventiva – Medrando Xuntos
Este mércores 26 de Xuño foi a data da reunión de remate de Curso das sesións de Psicomotricidade Educativa Preventiva que Medrando Xuntos organiza no CEIP Maia. 
Este ano tivemos dous grupos de nenos/as de idades comprendidas entre os 3 e ós 6/7 anos , foron un total de 28 usuarios.
A convocatoria ás familias tivo como obxectivo compartir e intercambiar impresións, sobre os aportes da actividade. Elaboramos un documento baseado en imaxes das sesións, unha mínima mostra do que sucede dentro. 
As sesións de Psicomotricidade Educativa Preventiva contan cun dispositivo espacial e temporal que invita ós nenos/as a vivir un sinfín de experiencias que lle facilitarán o seu avance:
  • A consciencia corporal e integración do esquema corporal.
  • A evolución do seu pensamento e da capacidade simbólica.
  • A maduración emocional: impulsando a capacidade de descentración tónico emocional.
  • A adquisición de habilidades relacionales…
Como todos os anos rematamos contentos e satisfeitos, a medida que ían avanzando as sesións os grupos foron cohexionándose, xerando vínculos e investindo o espazo e así convertendo a sala e a sesión no «pequeno laboratorio» no que descubrir, descubrirse, cambiar, inventar, reinventar… apuntalarse e asegurar sólidamente os cimentos da súa construcción.
En Setembro abrirase o prazo para novas inscripcións.

Para visualizar a reportaxe de fotografías pinchar no enlace: https://1drv.ms/v/s!AoBvCpOClQd1kkzMyQuuLUKWoAVm

Seguir lendo
CONVOCATORIA DO MÁSTER EN ATENCIÓN TEMPERÁ NO CURSO 2019/20
Mestrado en Desenvolvemento infantil e atención temperá

Convocatoria para a segunda edición do Máster Universitario en Atención Temperá para o vindeiro curso: comeza en Outubro do 2019 e remata en Xullo do 2020 UDC.

Os interesados/as poden obter información nos seguintes enlaces:
INFORMACIÓN DA FUNDACIÓN UNIVERSITARIA DA CORUÑA (FUAC):
INFORMACIÓN DA ASOCIACIÓN GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ (AGAT):
Seguir lendo
REUNIÓN DE REMATE DE CURSO PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA ANPA MILLAPEQUES
Sesión «Psicomotricidade Eductiva Preventiva» ANPA «Millapeques» curso 18/19

Este luns día 3 de Xuño tivemos a reunión de final de curso das sesións de «Psicomotricidade Educativa Preventiva» que realizamos nas instalacións da sala de psicomotricidade da EEI Milladoiro, organizadas pola ANPA Millapeques. 
Tivemos matriculados 36 nenos/as de idades comprendidas entre 3 e 6 anos (cuarto, quinto e sexto de infantil). 
Como anos anteriores foi un acto cargado de emoción e curiosidade. 
Son moitos os pais/nais que preguntan que lle damos ós nenos/as, que sucede nas sesións de psicomotricidade, xa que o nivel de benestar que estes demostran coa actividade é significativo e evidente: os dia de «psico» soen ser moi ben recibidos. A resposta é simple e a vez complexa: na sala XOGAMOS, pero é un xogo «auténtico»,  que xorde da necesidade, do desexo, da intención de cada quen. Son xogos que segurizan, que enseñan, que xeran lazos, que transcenden a todos os planos do neno/a: motor, cognitivo e emocional. O neno gaña competencias que lle fan sentirse ben, mellorar a súa autoestima e seguridade. Dende o xogo  poden empoderarse, afianzan a identidade, desenrolan o pensamento, toman consciencia do seu corpo, da súa imaxe corporal, adquiren habilidades relacionais, están en contacto con intensas emocións que aprenden a identificar e xestionar, desenrolan a creatividade… sempre nunha dinámica lúdica, de pracer e seguridade. 
O espazo da sala e o material están dispostos para que o xogo sexa posible a tódolos niveis, sempre baixo a mirada atenta e respetuosa do/a psicomotricista, profesional que nos preparamos, entrenamos e estudiamos para dar significado a expresión corporal dos nenos/as, e para axudarlles no avance do seu proceso madurativo.
Con gran pracer e satisfacción cerramos este curso e xa co desexo de voltar a vernos, despois do descanso do verán.
Na páxina web da ANPA os ususarios dispoñen da posibidade de descargar un documento con algunhas imaxes das sesións deste curso, unha pequena mostra do moito que sucede dentro.
Seguir lendo
XIV XORNADAS DE PSICOMOTRICIDADE 29 e 30 DE NOVEMBRO E 1 DE DECEMBRO DO 2019

Cita para finais do 2019, en Vitoria, nesta ocasión convócannos co tema «O VALOR DO VÍNCULO». A construcción do primeiro vínculo é un  tema esencial que marcará as posibilidades futuras para acceder a vínculos significativos.
Organiza ASEFOP: Asociación Europea de Escuelas de Práctica Psicomotriz e LUZARO: Escola de Psicomotricidade UNED (Bergara).
Partindo das aportacións da Psicomotricidade Vivenciada Relacional, os profesionais profundizarán sobre os aspectos significativos neste proceso, identificando as conductas e actitudes facilitadoras así como as que entorpecen ou dificultan o avance. 
Seguir lendo
CELEBRACIÓN DO CINCUENTENARIO DA PPA EN BILBAO
Imaxe do cincuentenario
Esta fin de semana tivemos o pracer de asistir ás IV Xornadas organizadas pola PEI EIP BILBAO nas que se celebraba o cincuentenario da Practica Psicomotriz Aucouturier.
Foi un encontro moi agradable no que escoitamos a profesionais que son referentes na nosa práctica psicomotriz: Bernard Aucouturier, Sonia Cospotella, Lorella Moratto, Cori Camps, Marcelino Vaca…
Foi especialmente emocionante e novedosa a participación de Mauro Polaco, neuropsiquiatra infantil e psicoterapeuta que fixo unha exposición sobre as investigacións da neurociencia no campo da infancia, e máis en concreto das bases científicias sobre os  aportes e benenficios da PPA.
Francis Ellizalde, psicólogo e terapeuta formado en bioenerxética, técnicas de grupo e terapia de gestatl,  sinalou a importancia do corpo, do tono e da emoción o longo de todo ó proceso vital.
José Miguel Castro, asistente de talleres de expresión e formador en educación creadora, fixo fincapé nas potencialidades e habilidades creadoras dos nenos nunha dinámica de expresión libre.
Foi tamén un espazo de encontro con outros moitos, coñecidos ou non coñecidos, pero compañeiros cos que sempre é grato coincidir e compartir, escoitar e aportar sobre aspectos que non encontramos no traballo, ou emocións que podemos vivir.
Seguir lendo
I XORNADAS DE ATENCIÓN TEMPERÁ NO CONCELLO DE MONDOÑEDO


O vindeiro venres 3 de Maio o centro MEDRANDO XUNTOS SCP participará nas xornadas que organiza a Unidade de Antención Temperá do Concello de Mondoñedo.

Este servizo iniciou a súa andadura a mediados de Xaneiro deste ano 2019, e atende ás familias e nenos con dificultades no seu desenvolvemento de cinco Municipios:  Mondoñedo, Pastoriza, Abadín, Riotorto e Trabada.

Baixo o título: 
» PSICOMOTRICIDADE VIVENCIADA RELACIONAL UN RECURSO NA PRIMEIRA INFANCIA» compartiremos os importantes aportes da Psicomotricidade Vivenciada para o desenvolvemento dos nenos/as sobre todo ata os 6/7 anos. 
O movemento, o xogo, a construción corporal, a creatividade, a adquisición da identidade, a capacidade comunicativa e expresiva, as habilidades relacionais…. son competencias das que se constrúe a súa base nestes primeiros anos, e a Psicomotricidade Vivenciada Relacional é un recurso que apoiará o neno no avance destes procesos madurativos, tanto a nenos con dificultades como a nenos cun desernrolo normalizado. Nestes cimentos apoiaranse as seguintes adquisicións, por iso se a gran importancia de velar polo desenrolo san dos nenos/as nos seus primieiros anos.
Un pracer poder aportar e compartir as nosas experiencias.



Seguir lendo