Uncategorized @gl

SEMINARIO SOBRE O VALOR DO XOGO EXPONTÁNEO E DA EXPRESIÓN PSICOMOTRIZ NA INFANCIA
O próximo día 23 de Abril de 2016 terá lugar un seminario sobre a importancia do xogo expontáneo e da expresión psicomotriz na infancia. O seminario realizarase no centro  La Violeta, Madrid, xunto co Observatorio da Universidade Rey Juan Carlos e correrá a cargo do gran Bernard Acouturier, presidente e fundador da Asociación Europea de Escolas de Práctica psicomotríz. Autor e colaborador de varios libros de referencia no campo da psicomotricidade e infancia, e creador dunha práctica psicomotríz cun marco, conceptos e medios de acción aplicables no ámbito da educación e na terapia infantil.

Para mais información visitar o seguinte enlace:

http://www.lavioleta.org/evento/el-valor-del-juego-espontaneo/

Seguir lendo
O NENO DE HOXE E A AUTORIDADE
Actualmente atopámonos nas nosas casas e centros educativos nenos e adolescentes sen ningún tipo de límites ante os cales, tanto pais como educadores, están indefensos e perdidos de como actuar ante eles.
O tipo de educación cambiou en moi pouco tempo pasándose dun modelo autoritario a un modelo de “laisser faire”. 
A consecuencia de todo isto é a herdanza na nosa sociedade de individuos tiranos que non respetan nin as normas nin ás persoas.
A continuación deixámosvos un artigo sobre a importancia dos límites e frustracións nos nosos fillos/as e alumnos/as para que se convirtan en individuos sanos psicolóxicamente.
O autor do artigo é Bernard Aucounturier e está publicado na revista de “Padres y Maestros” da Universidade de Comillas, no número 364 (decembro de 2015), monográfico dedicado a psicomotricidade  na escola .
Bernard Aucouturier presidente e fundador da Asociación Europea de Escolas de Práctica psicomotríz. Autor e colaborador de varios libros de referencia no campo da psicomotricidade e infancia, e creador dunha práctica psicomotríz cun marco, conceptos e medios de acción aplicables no ámbito da educación e na terapia infantil.
Sempre é un pracer,  escoitar e compartir experiencias con este mestre de todos aquiles que traballamos no ámbito da psicomotricidade ou infancia.
Seguir lendo
DA COMEZO O PROGRAMA DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA NO CONCELLO DE NEGREIRA
MEDRANDO XUNTOS S.C.P. comenzou neste mes de marzo unha colaboración co CONCELLO DE NEGREIRA, a través da Concellaría de Educación, para realizar na escola infantil o programa de PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA. 

A nosa noraboa o Concello por esta aposta xa que é unha actividade que favorece e potencia o desenrolo madurativo dos nenos/as e deste xeito encadrase dentro das ACTIVIDADES PREVENTIVAS que se lle poden ofertar nestas franxas de idade. Dende a “psicomotricidade educativa preventiva”  organizase un dispositivo espacial e temporal así como un acompañamento que asegura os nenos/as permitíndolle consolidar as  bases da súa estructura corporal, afectiva e cognitiva.

Esta iniciativa foi noticia tanto no Concello de Negreira como no xornal da Voz de Galicia do día 2 de Marzo de 2016. 

Para leer ambas noticias pinchar nos seguintes enlaces:

http://www.concellodenegreira.es/index.php?option=com_content&task=view&id=


Seguir lendo
A PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA NO CONCELLO DE AMES. DO DESEXO Á REALIDADE.
A continación deixámosvos un artigo sobre a experiencia levada a cabo durante case 10 anos no Concello de Ames, o Programa de Psicomotricidade Educativa Preventiva.
Artigo elaborado por Milagros Lorenzo Méndez, responsable do Programa de Psicomotricidade Educativa Preventiva e fundadora do centro Medrando Xuntos Psicólogos S.C.P. e publicado na Revista de Padres y Maestros, Nº 364, decembro 2015 da Universidade de Comillas.

Para acceder ao artigo pinchar no seguinte enlace:

https://drive.google.com/file/d/0B0giL1FMUyguODVOWUtKN2RJNDA/view?usp=sharing

Seguir lendo
FORMACIÓN CON BERNARD AUCOUNTURIER. SEMINARIO DE DUDAS.
Os días 9 e 10 de Abril Bernard Aucounturier estará en Bilbao ofrecendo un seminario de dudas sobre a disciplina da psicomotricidade para profesionais.
Para mais información consultar o seguinte enlace:
Seguir lendo
SEMINARIO FORMATIVO: ENCUADRE E CONTEXTUALIZACIÓN DO GRUPO DE AXUDA PSICOMOTRIZ
Desde Medrando Xuntos apostamos por unha formación permanente polo que teremos o pracer de asistir ao seminario formativo sobre Encuadre e Contextualización do Grupo de Axuda Psicomotriz que terá lugar os días 27 e 28 de Febreiro de 2016 en Bilbao.
O seminario correrá a cargo da terapeuta psicomotriz Sonia Compostella, formadora no curso de formación de futuros formadores da EIA, presidenta e fundadora da ARFAP- Associazione per la Ricerca e la Formazione all’Aiuto Psicomotorio.Bassano del Grappa(Italia).
Para mais información consultar o seguinte enlace:
Seguir lendo
CONGRESO INTERNACIONAL DE PSICOMOTRICIDADE E NEUROCIENCIAS: UN ENFOQUE RELACIONAL
Os próximos días 15 e 16 de abril de 2016 terá lugar o 1º Congreso Internacional de Psicomotricidade e Neurociencias no Auditorio da Universidade Ramón Llull, Barcelona.
Este será un espazo de encontro entre psicomotricistas de distintos lugares do mundo onde darán a coñecer e compartirán as súas experiencias no campo da psicomotricidade.
Entre os ponentes que asistirán ao congreso teremos o pracer de escoitar ao profesor Bernard Aucouturier, presidente fundador da Asociación Europea de Escuelas de Práctica Psicomotriz e autor e colaborador de importantes obras no campo da psicomotricidade da infancia.
Para mais información consultar o seguinte enlace:
Seguir lendo
MEDRANDO XUNTOS ORGANIZA UNHA SESIÓN TEÓRICA-PRÁCTICA SOBRE EUTONÍA
Medrando Xuntos organiza o próximo día 20 de Febreiro unha sesión teórica-práctica sobre Eutonía no centro Sociocultural de Brión.
Imparte e acompaña Luis Pérez Rivas, pedagogo-psicomotricista, formador en Eutonía e con ampla experiencia profesional no ámbito pedagóxico, terapéutico e da formación.
A continuación deixámosvos un artigo sobre Eutonía e os seus aportes á Psicomotricidade.
Seguir lendo
PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA
Seguir lendo
XI JORNADAS DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ
Seguir lendo