Uncategorized @gl

Reunión de remate de curso psicomotricidade educaiva preventiva AMPA Millapeques
Este luns día 3 de Xuño tivemos a reunión de final de curso das sesións de “Psicomotricidade Educativa Preventiva” que realizamos nas instalacións da sala de psicomotricidade da EEI Milladoiro, organizadas pola ANPA Millapeques.
Tivemos matriculados 36 nenos/as de idades comprendidas entre 3 e 6 anos (cuarto, quinto e sexto de infantil).
Como anos anteriores foi un acto cargado de emoción e curiosidade.
Son moitos os pais/nais que preguntan que lle damos ós nenos/as, que sucede nas sesións de psicomotricidade, xa que o nivel de benestar que estes demostran coa actividade é significativo e evidente: os dia de “psico” soen ser moi ben recibidos. A resposta é simple e a vez complexa: na sala XOGAMOS, pero é un xogo “auténtico”,  que xorde da necesidade, do desexo, da intención de cada quen. Son xogos que segurizan, que enseñan, que xeran lazos, que transcenden a todos os planos do neno/a: motor, cognitivo e emocional. O neno gaña competencias que lle fan sentirse ben, mellorar a súa autoestima e seguridade. Dende o xogo  poden empoderarse, afianzan a identidade, desenrolan o pensamento, toman consciencia do seu corpo, da súa imaxe corporal, adquiren habilidades relacionais, están en contacto con intensas emocións que aprenden a identificar e xestionar, desenrolan a creatividade… sempre nunha dinámica lúdica, de pracer e seguridade.
O espazo da sala e o material están dispostos para que o xogo sexa posible a tódolos niveis, sempre baixo a mirada atenta e respetuosa do/a psicomotricista, profesional que nos preparamos, entrenamos e estudiamos para dar significado a expresión corporal dos nenos/as, e para axudarlles no avance do seu proceso madurativo.
Con gran pracer e satisfacción cerramos este curso e xa co desexo de voltar a vernos, despois do descanso do verán.
Na páxina web da ANPA os ususarios dispoñen da posibidade de descargar un documento con algunhas imaxes das sesións deste curso, unha pequena mostra do moito que sucede dentro.
Seguir lendo
XIV Xornadas de Psicomotricidade 29 e 30 de novembro e 1 de decemnbro de 2919
Cita para finais do 2019, en Vitoria, nesta ocasión convócannos co tema “O VALOR DO VÍNCULO”. A construcción do primeiro vínculo é un  tema esencial que marcará as posibilidades futuras para acceder a vínculos significativos.
Organiza ASEFOP: Asociación Europea de Escuelas de Práctica Psicomotriz e LUZARO: Escola de Psicomotricidade UNED (Bergara).
Partindo das aportacións da Psicomotricidade Vivenciada Relacional, os profesionais profundizarán sobre os aspectos significativos neste proceso, identificando as conductas e actitudes facilitadoras así como as que entorpecen ou dificultan o avance.
Seguir lendo
Celebración do cincuentenario da PPA en Bilbao
Esta fin de semana tivemos o pracer de asistir ás IV Xornadas organizadas pola PEI EIP BILBAO nas que se celebraba o cincuentenario da Practica Psicomotriz Aucouturier.
Foi un encontro moi agradable no que escoitamos a profesionais que son referentes na nosa práctica psicomotriz: Bernard Aucouturier, Sonia Cospotella, Lorella Moratto, Cori Camps, Marcelino Vaca…
Foi especialmente emocionante e novedosa a participación de Mauro Polaco, neuropsiquiatra infantil e psicoterapeuta que fixo unha exposición sobre as investigacións da neurociencia no campo da infancia, e máis en concreto das bases científicias sobre os  aportes e benenficios da PPA.
Francis Ellizalde, psicólogo e terapeuta formado en bioenerxética, técnicas de grupo e terapia de gestatl,  sinalou a importancia do corpo, do tono e da emoción o longo de todo ó proceso vital.
José Miguel Castro, asistente de talleres de expresión e formador en educación creadora, fixo fincapé nas potencialidades e habilidades creadoras dos nenos nunha dinámica de expresión libre.
Foi tamén un espazo de encontro con outros moitos, coñecidos ou non coñecidos, pero compañeiros cos que sempre é grato coincidir e compartir, escoitar e aportar sobre aspectos que non encontramos no traballo, ou emocións que podemos vivir.
Seguir lendo
I Xornadas de Atención temperá no Concello de Mondoñedo


O vindeiro venres 3 de Maio o centro MEDRANDO XUNTOS SCP participará nas xornadas que organiza a Unidade de Antención Temperá do Concello de Mondoñedo.

Este servizo iniciou a súa andadura a mediados de Xaneiro deste ano 2019, e atende ás familias e nenos con dificultades no seu desenvolvemento de cinco Municipios:  Mondoñedo, Pastoriza, Abadín, Riotorto e Trabada.
 
Baixo o título: 
PSICOMOTRICIDADE VIVENCIADA RELACIONAL UN RECURSO NA PRIMEIRA INFANCIAcompartiremos os importantes aportes da Psicomotricidade Vivenciada para o desenvolvemento dos nenos/as sobre todo ata os 6/7 anos.
O movemento, o xogo, a construción corporal, a creatividade, a adquisición da identidade, a capacidade comunicativa e expresiva, as habilidades relacionais…. son competencias das que se constrúe a súa base nestes primeiros anos, e a Psicomotricidade Vivenciada Relacional é un recurso que apoiará o neno no avance destes procesos madurativos, tanto a nenos con dificultades como a nenos cun desernrolo normalizado. Nestes cimentos apoiaranse as seguintes adquisicións, por iso se a gran importancia de velar polo desenrolo san dos nenos/as nos seus primieiros anos.
Un pracer poder aportar e compartir as nosas experiencias.



Seguir lendo
Primeiras xornadas sobre enfermedades raras
Negreira acolle as primeiras Xornadas de Enfermidades raras o vindeiro xoves 25 de Abril.

A cita terá lugar no Auditorio do Centro Sociocultural con entrada gratuita.Medrando Xuntos partipará coa ponencia “Aportes da Psicomotricidade Vivenciada

Relacional”. Farase un percorrido no que se poñerá palabra e imaxes a experiencias  e reflexións feitas despois de anos de traballo, apoio e acompañamento a nenos/as con dificultades; facendo especial fincapé en Julia, a gran protagonista que nos levou a esta aventura na que agora participamos .
Tamén vimos colaborando co triatlón solidario que se celebra en Negreira, que xa está na súa cuarta edición. Acto destinado a recabar fondos e sensibilizar á poboación sobre a importancia da investigación e estudio das enfermidades, para poder avanzar nos tratamentos e na mellora da calidade de vida de moitas familias.Ambos proxectos, as Xornadas e o Triatlon, sabemos que están cargados de emoción, e reflexan as inquedanzas  e loitas das familias e a implicación e acompañamento doutros moitos. Un placer poder estar aí. Destacar tamén a colaboración e sensibilidade do Concello de Negreira.

O deporte, símbolo de esforzo, constancia, superación, sufrimento, retos, compañerismo… son valores que sin lugar a dúbidas, tamén  están detrás do día a día de moitos nenos/as e familias que teñen algunha das patoloxias que están catalogadas como enfermidades raras. Que admirable xeito de loitar!!. Ánimo a todos e participade.

Seguir lendo
Día da Atención Temperá

O vindeiro 15 DE ABRIL estamos convidados todos/as  aqueles que vivimos, traballamos, ou nos une algún interés polos nenos/as na infancia (ben como profesionais, pais, ou interesados) ó acto que se realizará na Praza do Toural en Santiago de Compostela

Dita convocatoria parte da directiva da AGAT (Asociacion Galega de Atención Temperá), da que podemos decir  que é a  plataforma referente para moitos profesionais que traballamos na infancia. Defensora dos dereitos da infancia e da oferta de recursos de  calidade. Tamén da mellora de  oferta de recursos para os nenos/as e familias con necesidades. Cunha demostrada e ampla traxectoria de loita pola Atención Temperá na nosa terra.
A AGAT, en colaboración coa Fundación Paideia e a Universidade da Coruña, temos que agradecer a posta en marcha do Máster de Atención Temperá que se está realizando neste ano (primeira convocatoria) na Coruña. Detrás deste proxecto  hai moitos profesionais implicados, horas de traballo, reunións e  inversión de tempo, pero sin lugar a dúbidas compensa. A formación é a ferramenta esencial para  axudar ós profesionais  a manter a ilusión e desexo de seguir avanzando, compartindo vivencias e experiencias con outros compañeiros/as, enriquecéndose de novos enfoques, así como ampliando coñecementos, e a perspectiva da mirada que nos levará a facer un apoio máis axustado ós nenos/as que acudan ós nosos servizos.
O centro Medrando Xuntos tamén aportou o seu esforzo  neste máster realizando a xornada de formación deste sábado día 6 de Abril: Técnicas de Intervención e cultura de crianza de 3 a 6 anos.
 
Graciñas á AGAT.
 
Verémonos o 15 de Abril, seguro que disfrutaremos do encontro.
Seguir lendo
O Corpo do neno frente os xogos de pantaia
Baixo o título “El cuerpo del niño/a frente a los juegos de pantalla. El juego y la función corporizante del adulto” Daniel Camels – escritor e psicomotricista arxentino – introdúcenos nunha reflexión sobre o papel e importancia que ten o xogo e a interacción do adulto na construcción do corpo.
 
Fálanos da vida orgánica dos sentidos, ex. a vista,  si ese órgano non se constrúe na relación, na interacción co outro (si non foi mirado) decae a súa capacidade visual: non é que o ollo mira porque ve, o ollo ve porque mira  e para elo é imprescindible a pesencia doutro para ser mirado e mirar.
Explica como a través dos coidados e atencións dadas ós nenos/as na satisfacción das súas necesidades (aseo, alimentación, sostén…) prodúcese unha interacción corporal (Daniel fálanos dos xogos de crianza – título dunha das súas obras)  a través de accións e intercambios,  que favorecen a construcción corporal cunhas pecualiaridades que vinculan o neno a outros; primeiro nun entorno familiar e logo nun entorno social.
Profundiza nas características das pantallas: luz, brillo e velocidade – continuidade, estímulos de gran potencia que atrapan a atención dos nenos/as: o neno nestos dispositivos ve pero non mira, oe pero non escoita, as praxias que realiza son tan elementais que non favorecen a integración que se dá noutros movementos de interacción con obxectos ou co adulto…. Por outro lado, o tipo de xogos que se realizan sin posibilidade de xogalos corporalmente non favorecen os procesos de descentración e canalización das emocións.

Enlace co artigo:  http://letraurbana.com/articulos/el-cuerpo-del-nino-a-frente-a-los-juegos-de-pantalla-el-juego-y-la-funcion-corporizante-del-adulto/?fbclid=IwAR2gWrdxJNBVS3Gbs3g-lizttbOjDOOqPfHfUlyhLBUCd7a5zz04zvPJQBA

Seguir lendo
No desenrolo do neno: Antes non é mellor

Respetar os procesos madurativos dos nenos/as non sempre é unha prioridade para os adultos que están o seu lado e os que están encargados do seu coidado. Parece que sempre hai certa presa para que o neno avance, e si non sucede, pois se lle axuda a facelo…. Isto moitas veces arrastra consecuencias nada desexadas. 

 
O uso de certos “artiluxios” para a comodidade e benestar do neno tamén son moi cuestionables, xa que é evidente que entorpecen o seu avance natural, e dificultan que  chegue a acadar certas destrezas que de non usalos sería máis factible incorporar.
É importante confiar na sabiduría dos nenos/as, nas súas pontencialidades e darlle a oportunidade de vivir cada etapa con seguridade, placer e confianza xa que ésta será a base da seguinte e así sucesivamente.
Disfrutemos e acompañemos o neno dende o momento no que se atopa, deixemos que el conquiste cuotas cada vez máis elevadas de autonomía, de responsabilidade, sendo estes requisitos necesarios para un crecemento sano, e saudable.
Seguir lendo
Espazos de reflexión e intercambio
A ESCOLA e a FAMILIA son os espazos por excelencia de aprendizaxe, convivencia, de incorporación de valores, de construcción da autoestima e identidade… son determinantes no desenvolvemento dos nenos/as.
Medrando Xuntos, a través do CEFORE (centro de formación e recursos do profesorado) impartirá próximamente as seguintes charlas formativas/ informativas a familias:
  • 12/02/2019 CEIP CABANAS: “O xogo e o movemento, medios que favorecen a construcción do neno/a na infancia”.
  • 19/02/2019 CRA MEIS: “Ferramentas imprescindibles para o desenvolvemento do neno/a”
Cartel do Colexio Agrupado de Meis
Un pracer colaborar, pois consideramos que estos momentos de reunión, reflexións, e compartir entre a escola e familia, fortalecen os lazos e favorecen o acercamento e coñecemento mútuo, paso necesario para que podan instalarse valores como son: respeto, confianza, proximidade, colaboración, comprensión, coherencia….
Educar en infantil,  o rol de nai/pai, que tarefa tan delicada!!! O neno/a aínda está en procesos madurativos que requiren dunha mirada e implicación do adulto dende a proximidade, contacto, confianza, seguridade…., e na que as vivencias e experiencias  son determinantes nos procesos de maduración e nas aprendizaxes. Por elo tanto para pais/nais como para os profesionais que traballamos nesta etapa infantil, os retos son elevados – na primeira infancia forxarase a base da estrutura persoal que nos acompañará toda a vida.
Seguir lendo
X Xornada Internacional ASEFOP de Práctica psicomotriz

Nesta ocasión a convocatoria é en Palmas de Gran Canaria, mercores día 2 de Febreiro do 2019 de 16.00h a 20.00h.

MAS INFORMACIÓN: http://www.asefop.com/es/noticias-y-eventos/

Seguir lendo