Sesións ofertadas

Psicomotricidade

A través da psicomotricidade acompañamos e favorecemos a maduración dos nenos e nenas, ofertando un dispositivo espacial e temporal, así como o apoio dun profesional – a/o psicomotricista, entrenada/o en interpretar o seu xogo, o movemento e acción.
Espazos de traballo
O equipo de Medrando Xuntos traballamos tanto nas instalacións do noso centro, en domicilios de nenos/as, como para outras entidades que nos solicitan colaboración:
  • ANPAS – colaboramos coa ANPA Millapeques, Milladoiro.
  • ASOCIACIÓNS: colaboramos con DOWN Compostela.
  • CONCELLOS: para o concello de Negreira traballamos tanto a nivel Educativa como Reeducativo e Terapia.
  • Durante o curso escolar utilizamos as instalacións do CEIP Maía - sala de psicomotricidade, para realizar grupos de Educativa Preventiva.
VER IMAXES
Psicomotricidade Vivenciada Relacional
En Medrando Xuntos contemplamos ao neno dende a globalidade, a unión permanente entre os desenrolos motores, emocionais e cognitivos, que o acompaña no seu crecemento madurativo, a través de tres abordaxes:
Psicomotricidade Educativa Preventiva
  • Nenos e nenas cun desenrolo típico
  • De 2 a 7 anos
  • Min.8 Max.14 nenos/as
  • 1 hora/sesión
O obxectivo xeral é favorecer o desenvolvemento físico e psicolóxico do neno/a, dende unha dinámica de xogo libre, sendo o pracer e benestar unha das claves no noso traballo.

A través das experiencias vividas os nenos e nenas adquiren competencias claves para o avance no ámbito académico e no disfrute e integración no grupo de iguais.

Traballamos sempre apoiándonos nas potencialidades coas que cada quen conta, respetando os procesos madurativos.

Favorecemos a expresividade de cada neno ou nena, buscando formas cada vez máis elaboradas de comunicación: dende a comunicación corporal á linguaxe.

Potenciamos a seguridade dos nenos e nenas, a súa iniciativa e o densenrolo do seu pensamento.

Grupo de axuda psicomotriz
  • Nenos/as con dificultades no desenvolvemento madurativo e patoloxías.
  • Dende os 2 anos
  • Max. 4 nenos/grupo
  • 1 hora/sesión
Orientado a nenos e nenas con diferentes dificultades no desenvolvemento madurativo:
  • Retrasos no desenvolvemento
  • Desaxustes no desenvolvemento madurativo
  • Dificultades de vinculación, adopcións….etc.
  • Axitación motriz
  • Inhibición motriz
  • Dificultades no ámbito relacional
  • Dificultades na comunicación
  • Dificultades visuais, auditivas, motoras, que afecten á capacidade de explorar o entorno
  • Nenos e nenas prematuros
  • Calquer patoloxía infantil que altere o desenvolvemento madurativo
  • Dificultades de vinculación (adopcións, contornos diferentes, etc)
Previo á incorporación farase una valoración inicial de 4 sesións (2 coa familia e 2 co neno/a)
Terapia psicomotriz
  • Nenos/as con dificultades no desenvolvemento madurativo e patoloxías.
  • Ao longo do proceso vital da persoa.
  • Traballo individualizado.
  • 50 min/sesión
Orientado a nenos e nenas con diferentes dificultades no desenvolvemento madurativo:
  • Retrasos no desenvolvemento
  • Desaxustes no desenvolvemento madurativo
  • Axitación motriz
  • Inhibición motriz
  • Dificultades no ámbito relacional
  • Dificultades na comunicación
  • Dificultades visuais, auditivas, motoras, que afecten á capacidade de explorar o entorno
  • Nenos e nenas prematuros
  • Calquer patoloxía infantil que altere o desenvolvemento madurativo
  • Dificultades de vinculación (adopcións, contornos diferentes, etc)
Previo á incorporación farase una valoración inicial de 4 sesións (2 coa familia e 2 con neno ou nena)
Beneficios da psicomotricidade
Entre outros, os aportes da psicomotricidade son:
  • Axuda na adquisición da identidade
  • Desenrolo do pensamento
  • Potencia a creatividade
  • Facilita a descentración tónico-emocional, esencial para os procesos de atención, concentración, colaboración.
  • Permite o paso da impulsividade á reflexión
  • Facilita a integración
Estás buscando sesións de axuda personalizada para o teu fillo ou filla?

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies