Uncategorized @gl

MASTER EN DESENVOLVEMENTO INFANTIL E ATENCIÓN TEMPERÁ
Interesante formación de postgrado dirixida a profesionais que traballamos con nenos/as ata seis anos, ben no ámbito Educativo, Social como Sanitario.
Formación avalada e recomendado pola Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT), da que o centro Medrando Xuntos forma parte. Detras  da AGAT estamos un gran número de profesionais galegos que traballamos con nenos/as con dificultades, coas súas familias e a súa contorna. A súa directiva conta con profesionais con longa experiencia na infancia, que se esforzan por ofertar  formación de calidade (sin lugar a dúbidas o “alimento” que nos mantén con forza, ilusión, gañas…), e mellorar os recursos para a infancia con dificultades na nosa comunidade, mellorar os servizos e atención tanto ós nenos como ás súas familias…. Grazas polo voso esforzo do que todos nos fortalecemos.
Para máis información visitade a páxina da AGAT na que está a información do master: http://atenciontemprana.com/
Seguir lendo
REUNIÓN DE FIN DE CURSO 2017/18 DOS GRUPOS DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA NA EEI MILLADOIRO XESTIONADOS POR “AMPA MILLAPEQUES”
Este luns, 4 de Xuño, nas instalacións da casa de cultura de Milladoiro, celebramos a reunión de remate de curso de “Psicomotricidade Educativa Preventiva” promocionada pola AMPA “Millapeques”.
Momento de encontro, para compartir e disfrutar de imáxenes que se sacaron ó longo das sesións nas que se pode visualizar a riqueza que ten o XOGO LIBRE dos nenos. As expresións e xestos que mostran son o mellor indicador de que están en algo que lles emociona:  nas experiencias do seu corpo, na creatividade, na relación… A riqueza do seu xogo  maniféstanos o gran potencial que pode ter o neno/a nun dispositivo axustado e baixo a mirada e apoio dun adulto  que o acompañe: a psicomotricista.
Agradecer á AMPA Millapeques a aposta por este apoio ós nenos dende a Psicomotricidade Educativa Preventiva, é o primeiro ano de colaboración con esta entidade, e a experiencia foi moi grata. Grazas!!!! Podemos repetir….

FACILITAMOS UN ENLACE CO TRABALLO DE REMATE DE CURSO:
https://1drv.ms/v/s!AoBvCpOClQd1kBh6tGqhXm4RGKp2

Seguir lendo
FIN DE CURSO PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA 2017/18
Hoxe fixemos a reunión de fin de curso 2017/18 cos pais / nais para os grupos de Psicomotricidade Educativa Preventiva que realizamos nas instalacións do Colexio Público da Maia. 
En primeiro lugar agradecer ó equipo de infantil da Maía, así como ó equipo directivo do colexio a boa acollida que tivemos, e que vimos tendo todo este tempo de traballo na sala de psicomotricidade de infantil. Grazas!!!.
Foron 8 meses de traballo, osea de XOGO. Na sala vivimos moitas experiencias, tivemos momentos de intensas emocións, e algo moi bonito, fixemos grupo. Formamos parte dun equipo de compañeiros que cada mércores nos xuntamos para disfrutar do feito de ser neno, xogar, crear, diseñar, probar, sentirse, observar….., baixo a mirada de adultos que lle devolvían a consciencia do seu corpo, a seguridade e emoción que despertaba a súa acción, que mantiñan a norma e límites necesarios para que cada quen poidese realizar o seu xogo, en fin … que facía viable o xogo libre e facilitaban a creatividade,a autonomía, respeto…
A través dunha reportaxe de fotos, sacadas ó longo da sesión, presentámosllas ás familias como unha pequena mostra do “moito que dan de sí” as clases de Psicomotricidade Educativa Preventiva. É bonito observar a expresividade dos nenos, a riqueza do xogo, as relacións que se xeran, a atención coa que se sumerxen no traballo … desexamos que o disfrutedes.

ENLACE Ó TRABALLO DE FIN DE CURSO:

https://1drv.ms/v/s!AoBvCpOClQd1kBfTz70jV9I_LF6G

Seguir lendo
ABERTOS PLAZOS PARA FORMACIÓN : “ESCUELA DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ” EN BILBAO
·  CURSO BIENAL DE ESPECIALISTA EN PRÁCTICA PSICOMOTRIZ EDUCATIVA Y DE AYUDA PSICOMOTRIZ EN PEQUEÑO GRUPO (CON ORIENTACIÓN TERAPÉUTICA). OCTAVA PROMOCIÓN 2019-2021
·  CURSO ANUAL DE ESPECIALISTA EN AYUDA PSICOMOTRIZ EN PEQUEÑO GRUPO. (con orientación terapéutica) 2019

·  SEMINARIO DE INICIACIÓN A LA PPA 30 JUNIO- 1 DE JUNIO 2018 CON MIGUEL ANGEL DOMINGUEZ SEVILLANO.
·  SEMINARIO DE “ANALISIS DE VIDEO GRUPO PEQUEÑO” 22-23 DE SEPTIEMBRE 2018 CON SONIA COMPOSTELA.
·  SEMINARIO DE “RESILENCIA, PSICOMOTRICIDAD Y EXPERIENCIAS EN GRUPO” 17-18 DE NOVIEMBRE DE 2018 CON BEGOÑA RUIZ.
ESCUELA PEI-EIP DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ DE BILBAO
(Dentro de la Escuela Internacional Aucouturier)
Seminarios con homologación como cursos de actualización científico-didáctica del profesorado de la CAPV”
Con la presencia exclusiva como director científico y profesor de Bernard Aucouturier (creador de la práctica psicomotriz)
FORMADORES EIA:
Miguel Ángel Domínguez Sevillano
Sonia Compostella
Lorella Morato
Yolanda Mena
ADEMÁS
Francis Elizalde
Teresa Martínez
Begoña Ruiz
Bidegintza
MAS INFORMACIÓN EN
Seguir lendo
ANIVERSARIO DO CENTRO AUCOUTURIER
Emocionante xornada a vivida este sábado día 26 de Maio nas instalacións do centro Aucouturier en Madrid, na celebración do 25 Aniversario. Coincide esta celebración coa inaguración dunhas novas instalacións. Estaba todo preparado para facer unha viaxe por estes 25 anos, dos que nós empezamos a formar parte fai 14. Diferentes centros e profesionais de toda España aportamos imaxes, mensaxes, diferentes materiais explicativos dos nosos traballos….. 
A xornada inagurouna Mary Angeles, directora da escola, cunha charla cargada de emoción e contidos interesantes sobre o papel que temos as psicomotricistas na sala. Despois dunha pausa, diuse paso a profesionais que compartimos a nosa experiencia. Intervencións todas cun alto contido emocional polo que as risas, os aplausos e as bágoas fóronnos acompañando toda a mañán.
Dende Medrando Xuntos demos a  NORABOA a todo o equipo que forma o CEFFOP, son parte de nós, xa que a formación recibida no centro foi clave nas nosas traxectorias profesionais, polo tanto sempre serán un referente significativo a título persoal e como centro.
Seguir lendo
30 ANIVERSARIO DO CEFOPP
O sábado día 26 de Maio, o centro de Estudios e Formación de Práctica Psicomotriz “Bernard Aucouturier” está de celebración:  30 ANIVERSARIO. Parabéns!!! Dende o centro Medrando Xuntos sabemos que tamén forman parte da nosa creación, das nosas orixes, e polo tanto da nosa historia.
Con tal motivo organizaron unha conferencia que impartirá Mary Angeles Cremades  (directora do centro), baixo o título de “El rol del adulto en la Sala de Psicomotricidad”. Seguro que nos ofrecerá interesantes aportacións.

Posteriormente terá lugar un segundo acto titulado “Y la Práctica Psicomotriz entró en mi vida”. Diferentes profesionais estamos convocados para participar, aportando a experiencia que vivimos ou estamos a vivir dende o ámbito da psicomotricidade. Itos, dándolle voz ó centro Medrando Xuntos, compartirá cos  asistentes vivencias que forman parten da súa práctica psicomotriz.

Será un pracer asistir, participar, encontrarnos e reencontrarnos con mestras/es, compañeiras/os e aproveitar para seguir reflexionando e enriquecéndonos a través da psicomotricidade.

Pódese ampliar a información no enlace: http://cefopp.com/jornada-aniversario-26-de-mayo-de-2018-2/
Seguir lendo
EN MARCHA O PROGRAMA DE APOIO TERAPÉUTICO EN NEGREIRA

Xa en marcha o “Programa de Apoio Terapéutico” que realiza o centro Medrando Xuntos en Negreira. Arrancamos o traballo atendendo a sete nenos/as de idades comprendidas entre os 22 meses e 9 anos.
As terapias realízanse nas instalacións que ten o Concello para “Servizos Terapéuticos” ou, para os máis pequenos, nas instalacións da Escola Infantil Municipal.
Nestes momentos iniciais é fundamental unha mirada e escoita atentas que nos permitirán ir descifrando o que os nenos/as nos comunican: co seu corpo, coa mirada, co tono, coa xestualidade e expresividade, a través da súa comunicación (silencio, palabras), co movemento ou quietude, co xogo ou pasividade, coa emoción…. Tamén é preciso un axuste ó neno que nos permitirá xerar os lazos – a relación a través da que podamos entrar no seu mundo e axudalo. Momentos tamén de descubrinos, de marcar os límites e as normas, de marcar rituais e tempos… Todo posibilitará o ENCUADRE do traballo. 
É o comezo dunha historia de relación, de axuda, na que o neno será o que vai marcando o camiño.
Seguir lendo
NOVO LIBRO DE BERNARD AUCOUTURIER

Próximamente sairá á venta un novo libro de Bernard Aucouturier cun título que nos remite á gran importancia da acción espontánea dos nenos/as: “Actuar, jugar, pensar”. Aucouturier profundiza na estreita correlación existente entre o xogo, tal como el o concibe (un xogo libre) e o desenrolo do pensamento, así como a construción da identidade. Xa esperamos emocionadas poder mercar un exemplar.

O adianto dalgunhas reflexións sobre o libro fíxoas en Bilbao esta fin de semana pasada, 10 e 11 de Marzo. O próximo 7 de Abril estará en  Madrid, no acto organizado pola Escola Infantil Violeta en colaboración coa editorial Grao e a “Universidade Rey Juan Carlos”.
Para os que facemos a PPA (Práctica Psicomotriz Acouturier) sempre é enriquecedor e ademais un gran pracer escoitar ó mestre e fundador deste enfoque.
Seguir lendo
AMPLIACIÓN DA COLABORACIÓN CO CONCELLO DE NEGREIRA

Este próximo martes, 13 de Marzo, comezaremos unha nova andadura confiada ó centro por parte do Concello de Negreira con quen xa vimos colaborando dende fai tres anos a través do “Programa de Psicomotricidade Educativa Preventiva”.
Este novo proxecto vai dirixido a dar apoio a nenos/as con necesidades especiais.
Ó longo deste mes de Marzo está previsto que dende o Concello se deriven as familias con nenos susceptibles da axuda. Establecerase un primeiro contacto para elaborar a anamnesis e logo empezar a valoración dos nenos para identificar cal é o apoio que estimamos oportuno. Diseñarase un plan personalizado para cada usuario.
Este traballo levarase adiante en instalacións propias do Concello. Sen lugar a dúbidas unha boa nova para as familias.

NOTA DE PRENSA DO CONCELLO:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/negreira/2018/03/10/negreira-activa-iniciativa-apoyo-ninos-necesidades-especiales/0003_201803S10C7992.htm

Seguir lendo
SEMINARIO DE BERNARD AUCOUTURIER
Nas próximas datas, 10 e 11 de Marzo do 2018 Bernard Aucouturier estará en Bilbao na cita a que ven acudindo estes ùltimos anos na ESCOLA DE PEIP EIP DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ. Convocatoria na que se abordarán aspectos teóricos e prácticos do traballo na sala de psicomotricidade.
Interesante xornada para escoitar o creador desta práctica e seguro que tamén é unha estupenda oportunidade para compartir e enriquecerse das experiencias e vivencias doutras /os psicomotricistas no seu traballo  no día a día.
Seguir lendo