Uncategorized @gl

MÁS ALLÁ DE LA SALA DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ. UNA MIRADA DIFERENTE HOY PARA UN SUJETO DIFERENTE MAÑANA


MARIA ÁNGELES CREMADES:
Psicóloga. Terapeuta en Psicomotricidade. Fundadora do Centro Aucouturier de Axuda Psicomotriz y Psicoloxía Infantil e do Centro de Estudios e de Formación en Práctica Psicomotriz (Cefopp). 
Formadora en Práctica Psicomotriz e Presidenta da Asociación Europea de Escuelas de Formación en Práctica Psicomotriz (Asefop). 
Directora da Formación do Cefopp.

Nestes momentos de comenzo de curso consideramos enriquecedor poder revisar e actualizar o papel que xoga a psicomotricidade no desenrolo madurativo dos nenos/as. 

A revista PADRES E MAESTROS, adica número 364 esta temática. Quenes o desexen poden consultar ós artigos no seguinte enlace:

http://revistas.upcomillas.es/index.php/padresymaestros/issue/view/psicomotricidad-infantil

O artigo de Maria Angeles, baixo o título: “Mas allá de la sala de práctica psicomotriz. Una mirada diferente hoy para un sujeto diferente mañana” reflexiona sobre temas claves. Considera a Educación como un ARTE, e o crecemento dos nenos/as contemplo como un ESTÍMULO. Sitúa as raices do psiquismo humano nas primeiras etapas de desenrolo, na etapa preverbal, momento no que o ser humano é CORPO E FISIOLOXÍA. Isto explica o gran papel que xoga o corpo no desenrolo do pensamento, dos sentimentos e do avance das etapas madurativas.

Profundiza nas actitudes necesarias do adulto para ser un compañeiro/a na maduración.

Contempla un tema que é clave neste proceso madurativo, A SEGURIDADE AFECTIVA, que nestas primeiras etapas está en relación con temas como son a estabilidade dos espazos, o orden dos obxectos, os ritmos e rutinas marcados, a claridade das normas….
Fala do neno/a como un SER DE ACCIÓN, a través dela adquierese a seguridade e o sentimento de ser capaz.

Para profundizar máis no artigo pinchar no enlace seguinte:

Seguir lendo
COMENZO DOS GRUPOS DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA
Esta semana, primeira do mes do Outubro, están sendo intensa e emocionante. 
O luns, na escola do Milladoiro, primeiro día de encontro dos nenos/as coa sala. Atoparon o espazo preparado, organizado e disposto para a sesión. A través dun percorrido temporal os nenos/as pasaron do disfrute das experiencias corporais ó disfrute de pensar, para rematar coa representación. Como era previsto, a intensa emoción, compañeira clave na aventura da maduración e aprendizaxe, estivo moi presente. Para os máis retraídos ou para os que era a súa primeira sesión, non fixo falla moito tempo para que se uniran ó XOGO, facendo, probando, participando… investindo o espazo e o material a través da súa expresividade. Os outros, coma sempre, xa traían plans definidos, ideas que probar, desexos que cumprir ó longo da sesión. Todos se despediron da sala con gañas de máis, agora toca soñar e para a semana volta á acción.
En Bertamiráns o mércores máis do mesmo. 
Ós que lle costa un chisquiño máis é ós de dous anos, etapa na que a separación aínda se vive con algo de angustia. Ir acadando novos retos de autonomía non é doado. Medrar sempre  supón enfrentarse a novas cuotas de responsabilidade e distanciarse do que xa se ten, e elo pasa por asumir certa dose de malestar. 
ESPÉRANOS UN CAMIÑO A PERCORRER XUNTOS, SEREMOS TESTEMUÑAS DE IMPORTANTES FAZAÑAS, AÍ ESTAREMOS PARA RECOÑECELAS.
Seguir lendo
GUIAS ORIENTATIVAS NA PRIMEIRA INFANCIA
Ser pai/nai é un rol que nos ven dado cando nace o noso fillo/a, actuar como pai/nai xa é unha tarefa un tanto máis complexa e sentirnos como pais tamén non sempre é fácil (senón preguntémosllo a moitos que teñen nenos /as con algunha dificultade no seu desenrolo).
E moi reconfortante a frase do gran maestro Winnicott que comenta que como pais temos que ser “suficientemente bos”, non é preciso facelo todo perfecto, non é preciso sabelo todo, e os nosos fillos/as teñen que sentir a necesidade de separarse de nós para poder seguir medrando o longo de todo o seu desenrolo.
Adxuntamos o enlace de tres guias que explican dun xeito sinxelo e práctico aspectos que consideramos relevantes no proceso madurtivo na infancia. Poden servir de axuda nesta importante tarefa de acompañar os nenos/as no se desenrolo:

FAVORECIENDO EL JUEGO Y LA ACTIVIDAD AUTÓNOMA DE 0 A 3 AÑOS:
https://1drv.ms/b/s!AoBvCpOClQd1kAVoAtWhZdB9DtST

EL VALOR EDUCATIVO DE LOS CUIDADOS INFANTILES PARA LA ATENCIÓN DE LOS NIÑOS DE 0 A 3 AÑOS:
https://1drv.ms/b/s!AoBvCpOClQd1kAabZDnCTVlYO47_

GUIA PRÁCTICA DE PRIMEROS AUXILIOS PARA PADRES:
https://1drv.ms/b/s!AoBvCpOClQd1kASO1cnBYPj8yVQz

Seguir lendo
19 DE SEPTEMBRO: DÍA EUROPEO DA PSICOMOTRICIDADE




Unha data significativa para o equipo do Centro MEDRANDO XUNTOS así como para todos aquiles que valoren o traballo psicomotriz ben dende o ámbito EDUCATIVO PREVENTIVO así como REECUCATIVO ou TERAPÉUTICO.
En Galiza aínda nos queda moito camiño por percorrer. No momento actual a psicomotricidade aínda non existe nos plans de formación Universitarios, e a  presenza que ten nos plans formativos doutros profesionais é limitado e con un enfoque restrinxido.
No centro Medrando Xuntos a psicomotricidade ocupa un lugar prioritario – é unha formación imprescinble para o persoal do centro.
Seguir lendo
MEDRANDO XUNTOS RENOVA A COLABORACIÓN CO CENTRO DOWN COMPOSTELA

Mañán martes día 12 de Septembro dende o centro Medrando Xuntos comenzamos, por segundo ano, o traballo de colaboración coa Asociación Down Compostela a través da realización de sesións de Psicomotricidade Vivenciada Relacional.
O traballo que se realiza nas sesións de psicomotricidade é un apoio clave para as persoas con Sindrome Down xa que favorece: 
  • O desenrolo das destrezas motrices mellorando a calidade dos movemeventos e incidindo na eficacia no día a día,
  • Potencia o desenrolo do pensamento,
  • Favorece as capacidades comunicativas e expresivas, 
  • Permite o desenrolo da creatividade, 
  • Fomenta a consciencia de experiencias corporais e mellora do tono muscular, 
  • Facilita a adquisición de novas habilidades relacionais                                                                   
Aspectos todos que incidirán na mellora da súa calidade da vida .
Seguir lendo
CHARLA INFORMATIVA E XORNADA DE FORMACION CON MIGUEL CASTRO
Próximamente, o venres día 22 de Septembro e o fin de semán 23 e 24 temos a oportunidade de disfrutar coa charla informativa e formación que impartirá Miguel Castro na Coruña. Recentemente, o 28 Abril, xa tivemos o gusto de escoitalo en Santiago, convocatoria que tivo unha acollida fantástica.
Para aquiles que xa coñecen os aportes desta técnica de pintura e desexen incorporarse a traballar, temos a oportunidade de facelo asistidas por PATRICIA RIVERA, profesional formada que abrirá un grupo próximamente nun local acondicionado nas instalacións da Escola Montesori de Compostela. Será os xoves no horario de 18.00h a 19.30h. Si estás interesado/a contacta con Patricia no móvil 652606996 ou no correo electrónico patricia. riveracrespo@gmail.com
Seguir lendo
OFERTA DE GRUPOS DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA PARA O CURSO ESCOLAR 2017/18
Un ano máis, co arranque do novo curso, dende Medrando Xuntosofertamos a proposta de traballo a nivel EDUCATIVO PREVENTIVO para nenos/as de idades comprendidas entre os 2 anos (último ano de escola infantila) a 6/7 anos (primeiro ano de primaria). Os grupos realizaranse os Mércores nas instalacións da aula de psicomotricidade da escola infantil de Maía.

Os horarios previstos serán:
  •     GRUPO I: de 16.10h a 17.10h  para nenos/as de 5 a 6/7 anos.
  •     GRUPO II: de 17.15h a 18.05 para os máis pequenos – 2 anos.
  •     GRUPO III: de 18.10h a 19.10h para nenos/as de 3/4 anos.

O mércores día 27 manteremos unha reunión coas familias para explicar o traballo que imos facer así como formalizar a matrícula coas autorizacións requeridas. Para dita reunión enviaremos convocatoria na semán anterior.
Os grupos cos nenos empezarán o mercores 4 de Outubro
As persoas interesadas contactar co centro Medrando Xuntos: Itos: 677761230 ou no correo electrónico itoslorenzo@hotmail.com
Na EEI Milladoiro será a ANPA do centro a que oferte o servizo de Medrando Xuntos para a realización de grupos de Psicomotricidade Educativa Preventiva. Para máis información poñerse en contacto cos menbros da ANPA MILLAPEQUES millapeques@gmail.com
Os aportes do traballo realizado a través das sesións de Psicomotricidade Educativa Preventiva son claves, nesta etapa madurativa, ata 6/7 anos, xa que potencian e estimulan o desenrolo global dos nenos/as. Así mesmo:
  •     Favorecen o desenrolo motor e a boa integración do esquema corporal (prerrequisito para as   aprendizaxes como pode ser a lectoescritura).
  •     Potencian o desenrolo emocional  (a capacidade de descentración tónico – emocional).
  •     Favorecen a aprendizaxe de habilidades sociais e integración no grupo de iguais.
  •     Petencian o desenrolo cognitivo e a actividade creativa.
  •     Facilitan a adquisición da IDENTIDADE….

Seguir lendo
ENTREVISTA A PETER C GOTZSCHE


 Peter C. Gotzsche, médico, biólogo, científico e docente, ofrécenos nesta entrevista unha visión crítica sobre o uso / abuso dos psicofármacos na práctica clínica.

Conclusións que fundamenta en amplos estudios de investigacións (con recentes publicacións), na práctica profesional e no coñecemento  das empresas farmáceuticas.

Resalta dúas grandes conclusións:

  • Importancia de evitar o uso de fármacos na medida do posible xa que moitos dos seus efectos, dende unha mirada ampla, non poden clasificarse como positivos para o benestar da persona.
  • Necesidade dun cambio paradigmático da psiquiatría biolóxica, otorgando un papel máis destacado ás historias clínicas das personas, ó sufrimento e outros sentimentos, ás dinámicas vitales…
Para leer máis pinchar o enlace: http://www.fronterad.com/?q=16287# 
Seguir lendo
CONVOCATORIA PARA AS XIII XORNADAS DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ
Baixo un título suxerente : “¿Niñas y niños difíciles? ¿Pero de que dificultad estamos hablando?  convócannos as XIII XORNADAS DE PRÁCTICAS PSICOMOTRIZ, que como anos anteriores se celebrarán en Vitoria, os días 10,11 e 12 de Novembro deste curso 2017.
Dende Medrando Xuntos animamos a todas/os profesionais que traballamos no ámbito da Psicomotricidade Vivenciada a unirse a esta convocatoria.
No centro temos o pracer de coñecer e compartir horas de reflexións, xogos, risas, paseos …,con membros do CEFOPP de Madrid e estamos desexando participar nas reflexións que nos terán preparadas.
Seguir lendo
MONOGRAFICO DA REVISTA CUARDERNOS DE PSICOMOTRICIDADE SOBRE “ATENCIÓN TEMPERÁ”


O último número Nº53 (Xuño 2017) da revista “Cuadernos de Psicomotricidade” editada pola Escola de Psicomotricidade da UNED de Bergara está adicada a atención temperá. Como sempre, aparecen artículos interesantes para aqueles que traballamos nesta etapa do desenrolo.

Destacar o artigo escrito por Álvaro Beñarán Aranzabal, que recentemente tivemos tamén oportunidade de escoitar nas Xornadas de Psicomotricidade celebradas en Madrid (sobre o tema da identidade). Alvaro explica o papel privilexiado que xoga a práctica psicomotriz no apoio e axuda ós nenos/as. Neste artigo céntrase naqueles que teñen dificultades.
A psicomotrocidade abre o neno/a a posibilidade de xogar, de crear, de actuar sobre o seu entorno acompañado dun adulto dispoñible, atento e respetuoso coas súas capacidades. Alvaro defende que a práctica psicomotriz é unha ferramenta que sempre debería estar na Atención Temperá, ben como un recurso específico ou complementario doutras intervencións xa máis enfocadas a tarefa de corrección, que tenden resultar as veces un tanto agresivas (e xerar novas dificultadades de carácter emocional que afectan á maduración psicolóxica dos nenos/as). 
Canto camiño nos queda por percorrer!!!!
Tamén aparece unha experiencia realizada nuha Ikastola de Irún, espazos onde a psicomotricidade educativa preventiva ten un lugar privilexiado. Aritz Larreta Bereziartua é o autor do artigo, con quen tivemos a portunidade de compartir algunhas xornadas de traballo recentemente en Bilbao. Aupa Aritz!!! e un gusto escoitar experiencias como a que relatas no artigo das compañeiras da escola, a nosa noraboa o equipo.
Seguir lendo