Uncategorized @gl

A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA RECOÑECE A MEDRANDO XUNTOS COMO ENTIDADE COLABORADORA NO PRÁCTICUM DA FACULTADE DE PSICOLOXÍA

Este venres, día 30 de Xuño, as 13h. Medrando Xuntos participou no acto de entrega de certificacións acreditativas de colaboración da U.S.C. ás entidades colaboradoras no Prácticum da Facultade de Psicoloxía. Un acto no que interviron o Sr Reitor da Universidade, a Sra. Decana da Facultade de Psicoloxía e Paula Villar Vicedecana de Mobilidade e Prácticum da Facultade de Psicoloxía. 

En Medrando Xuntos recibimos este ano a Sonia, alumna do grado de psicoloxía. Foi unha experiencia nova, e unha vez vivída valoramos que supuxo un enriquecemento para o equipo do centro xa que, nos fixo repensar, apalabrar, e xustificar accións no noso quefacer diario que, con frecuencia realizamos dun xeito automático. Acoller alunmos en prácticas é unha aposta do centro pola formación e un compromiso para aportar ós alumnos, xa na última etapa da carreira, competencias, valores e ilusión no desempeño da súa profesión. 

Aproveitamos tamén para agradecer a Sonia  o esforzo,  traballo e  dispoñibilidade mostrada durante esta etapa.


Seguir lendo
MEDRANDO XUNTOS ASISTE A UNHA XORNADA DE FORMACIÓN CON BERNARD AUCOUTURIER
A cita foi este fin de semán, 9,10 e 11 de Xuño, en Bilbao, xornada de FORMACIÓN PERSOAL organizada pola escola internacional de práctica psicomotriz PEIP EIP BILBAO.
Un placer poder disfrutar de Bernard Aucouturer, fundador da práctica psicomotríz coa que traballamos no centro de Medrando Xuntos, tanto a nivel Educativo / Preventivo, como Reeducativo / Terapeutico.
A nosa formación pasa necesariamente polo redescubrimento de nos mesmas a partir das vivencias corporais. Así integramos, revisamos, actualizamos o sistema de actitudes e tecnicidade precisa para entablar unha  relación axustada cos nenos/as cos que traballabamos. A psicomotricista e unha profesional que precisa contínua renovación e investigación a tres niveis diferentes:
  • No campo teórico: coñecer os procesos evolutivos dos nenos/as.
  • No coñecemento da práctico: que implica moitas horas de formación a través de visualización e análisis de sesións de traballo cos nenos/as.
  • E no coñecemento de sí mesmo, das nosa historia persoal, dos nosos propios medos e “fantasmas”,…
Unindo os tres saberes, desenrolamos a mirada, postura, sensibilidade, vocabulario, empatía…. armas asenciais no facer diario, que nos permitirán entender, e axustarnos  as necesides dos nenos/as cos que traballamos.
Seguir lendo
REUNIÓN DE REMATE DE CURSO PARA FAMILIAS EN BERTAMIRÁNS

Este luns día 5 de Xuño, as 17.00h na casa da cultura de Bertamiráns tivemos a reunión de fin de curso para as familias dos nenos/as que asisten o “Programa de Psicomotricidade Educativa Preventiva” no colexio de Agro do Muiño e colexio da Maía. 
O xoves pasado día 1 de Xuño, reunímonos coas familias de Milladoiro.
Compartimos, como cada ano, un reportaxe de imáxenes e música, cargado de emocións, un pequerrechiño exemplo, do que acontece na sala. 
Os usuarios do programa, ben saben, o lugar que ocupan as sesións de psicomotricidade no corazón dos seus fillos, o desexo que desperta neles, sen lugar a dúbidas reflexo de que  “DENTRO CÓCESE ALGO RICO”.
Gracias a todas as familias pola confianza no noso traballo.

Para visualizar o video pinchar:

https://1drv.ms/v/s!AoBvCpOClQd1j3x2GdtDB_UIvMdc

Seguir lendo
O EQUIPO DE MEDRANDO XUNTOS ÚNESE A CELEBRACIÓN DO 20 ANIVERSARIO DA ASOCIACIÓN GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ (AGAT)

Dende Medrando Xuntos damos a noraboa a AGAT polo traballo feito nestes 20 anos e agradecemos especialmente os interesantes curso de formación que ofertan.

Nesta xornada disfrutamos de ponencias e talleres que xiraban en torno o XOGO, así que, a psicomotricidade ocupou un lugar relevante.

Tivemos a oportunidade de escoitar a DANIEL CAMELS E MARA LESBÉGUERIS, ambos con formación en psicomotricidade, escritores de varios libros e con ampla formación e experiencia laboral no traballo corporal. Con eles reflexionamos sobre o xogo e a función corporizante do adulto nesta etapa madurativa.
XOANA BALADO – psicomotricista moi querida polo equipo de Medrando Xuntos, que desempeña a súa labor profesional na UAT de Ferrol e tamén formadora de psicomotricistas. Baxio o título “a xogaina” fíxonos pensar, rir, cuestionar sobre o papel do xogo na evolución dos nenos/as con dificuldades madurativas e sobre a importante función das familias.
JOSE LUIS LINAZA, catedrático de psicoloxía evolutiva, fixo un profundo e interesante percorrido polo xogo en diversas poblacións do mundo. Tamén aboradamos o papel que éste desempeña nos procesos de socialización.
ANTÓN CORTIZAS, mestre e escritor, baixo o suxerente título “O colo das palabras”, e envoltos na súa fabulosa voz, disfrutamos de bonitos relatos, sorprendentes metáforas, cantos populares…, todos facendo referencia o acompañamento na construcción e maduración dos nenos/as.
MEDRANDO XUNTOS tamén participamos. Co título “O xogo e a expresividade motríz do neno/a: unha mirada dende a Psicomotricidade Educativa Preventiva” Itos incidiu no papel da psicomotricidade no apoio e acompañamento ós nenos/as. Como a través do xogo libre, que xurde nas sesións de psicomotricidade, éstes acumulan vivencias e expreriencias que lle facilitan acadar unha identidade segura, sobre a que poderán ir construíndose, medrando, avanzando….
Recollemos moitas cousas.
Embriagámonos con intensas emocións.
Cuestionámonos algúns temas.
Con todo… tentaremos de seguir avanzando no traballo.
Seguir lendo
REUNION FIN DE CURSO DO PROGRAMA DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA

Hoxe xoves, as 16.30 da tarde, na sala de psicomotricidade da escola infantil, mantivemos a reunión de remate de curso na que estaban convocados os pais/nais dos nenos/as de MILLADOIRO usuarios do “Programa de Psicomotricidade Educativa Preventiva”, do concello de Ames.

Un pracer compartir coas familias algúns dos momentos vividos na sala, a través dun reportaxe de fotografias que con afecto seleccionamos.

Xa levamos once anos desenvolvendo o programa, dirixido a nenos/as de 3 a 6/7 anos, ofertando  un espazo cheo de posibilidades de xogo, onde se poden expresar, onde  todo é posible, sempre dentro da consigna do respeto por un mesmo, polo demais e polo entorno.

Invitamosvos a disfrutar do reportaxe:

https://1drv.ms/v/s!AoBvCpOClQd1j3sA6nyE6SqZK19I

Seguir lendo
II CONVOCATORIA DO TRIATLON SOLIDARIO DE NEGREIRA

Un ano máis darémonos  cita o vindeiro 17 de Xuño en Negreira, para o triatlon popular – acto solidario que recaudará fondos para a “Asociación de Enfermidades Raras”

No deporte, na vida, son moitas as metas a perseguir, os momentos nos que debemos superarnos, os sentimentos que viviremos… cando o facemos acompañados, seguro que é mais doado.

ANIMO!!! en Negreira estamos todos convocados, uns para a carreira, outros para colaborar, animar, mimar, acompañar a todos  os que foman parte da asociación.

PARA ANOTARTE:
http://fegatri.org/evento/ii-triatlon-solidario-concello-de-negreira-popular/?instance_id=1263

Seguir lendo
CURSO DE INICIACIÓN A PRÁCTICA PSICOMOTRIZ EDUCATIVA PREVENTIVA DE BERNARD AUCUTURIER (P.P.A)

Os días 1 e 2 de Xullo do 2017 celebrarase  na escola de psicomotricidade PEIP- EIP BILBAO unha formación dirixida a aproximar os participantes a – Práctica Psicomotriz de Bernard Aucouturier –P.P.A. Nesta ocasión, é unha xornada gratuita

Estupenda oportunidade para tomar conciencia do gran significado da expresividade motríz do neno/a ata 6/7 anos e do papel do adulto no desenrolo madutativo.
Seguir lendo
“MEDRANDO XUNTOS PARTICIPA NO PROGRAMA DE APEGO DO CONCELLO DE AMES”

O próximo Luns 29 de Maio, Medrando Xuntos participará cunha charla – obradoiro, no Programa Apego do Concello de Ames. Falarase e reflexionarase sobre os procesos madurativos que teñen lugar no período de idade que vai dos 0 aos 3 anos.

O lugar de celebración será no Pazo da Peregrina, Bertemiráns, ás 18h.

Para máis información:

http://concellodeames.gal/nova.php?noticia=15312&idioma=es&sec=32

Seguir lendo
“ACERCAMENTO ÁS INVESTIGACIÓNS E TRABALLO DE ARNO STERN”

O próximo día 5 de Maio ás 18:30h. realizarase unha xornada interesante sobre o traballo de Arno Stern e que terá lugar no Centro Abanca Obra Social da Plaza de Cervantes, Santiago. Nela poderemos disfrutar da intervención de Miguel Castro, pintor, actor e profesor de Educación artística que despois de 20 anos de traballo a súa vida profesional deu un xiro ao coñecer e formarse con Arno Stern.

Para mais información:

https://www.facebook.com/events/1228257080627127/

http://dirayaexpresion.es/diraya/

Seguir lendo
“ENTREVISTA A DANIEL CALMELS”




Entrevista a Daniel Calmels, escritor de numerosas obras, psicólogo, psicomotricista, terapeuta infantil e formador de psicomotricidade. Defínese como un estudioso do corpo, o que identifica con unha “insignia” familiar e colectiva que se vai construíndo o longo da vida.

Próximamente en Santiago de Compostela en Xornada organizada pola AGAT : venres 2 de Xuño do 2017.

Seguir lendo