COMENZO DO CURSO 2024/25

En Medrando Xuntos comezamos este curso coa apertura dunha nova sala de psicomotricidade

Nova sala de Medrando Xuntos

Son dúas as salas de psicomotricidade das que disporemos a partir deste Setembro en Medrando Xuntos. O traballo e a experiencia ó longo destes anos animounos a ampliar o espazo para mellorar a eficacia do servizo, sobre todo pensando nas necesidades dos nenos/as que nos demandan apoio.

Sala inicial de Medrando Xuntos

A sala de psicomotricidade é un espazo pensado para que os nenos/as podan vivir experiencias corporais, xogar e despregar a súa iniciativa, creatividade e pensamento (aspectos claves na “Práctica Psicomotriz Aucouturier”). Acompañados sempre d@ psicomotricista, profesional formado para comprender e dar sentido a expresividade motriz de cada neno/a .

O traballo realízase ben en Terapia Individual ou Grupo de Axuda. Un obxectivo esencial da Práctica Psicomotriz Aucouturier sempre é facilitar o coñecemento persoal e polo tanto impulsar o desenrolo da identidade persoal.

Este primeiro trimestre espéranos un traballo apaixoante, ir investindo este espazo. Tod@ psicomotricista sabe que son os nenos/as, e a súa expresividade, a que nos irá marcando as necesidades e uso que lle podemos ir dando á nova sala.

    Write a comment