Uncategorized @gl

FELICES FESTAS

O EQUIPO DE MEDRANDO XUNTOS DESÉXAVOS FELICES FESTAS

A piques de rematar este ano, un ano que nos sorprendeu e tivemos que familiarizarnos con novas e inquietantes situacións: de cuarentena, alertas e peches perimetrais, contactos a través das pantallas, distanciamento social, escrupulosas medidas de seguridade, novos accesorios como as máscaras e os hidroxeles que nos acompañan a todas partes….

Un ano de medos e inseguridades, no que foi esencial asumir a responsabilidade de coidarnos e coidar ós que nos rodean. No que o sorriso moitas veces non se pode ver – pero sabemos que está aí, que as apertas e bicos non se poden dar – pero quedarán gardadas para o momento máis oportuno, non poderemos tomar un bombón xuntos – pero si saborear o pracer de vernos e seguir adiante.

Un ano no que todos nos tivemos que re-inventar.

Con todo o vivido damos a benvida ó 2021 e desexamos seguir formando parte da vosa vida, e xuntos, seguir superando retos que nos irán construíndo como persoas.

O que pediremos este novo ano está moi claro: que podamos desfrutar na totalidade das risas (a través de todos os sentidos), que sexa posible falar ben alto, cantar ou berrar; bailar xuntos, xogar sen estar pendentes das distancias, que podamos desfrutar do contacto e proximidade que nos apeteza, das apertas e mimos,  xogar e convidar a quen queiramos ó xogo. Un ano no que espantemos os medos vividos e así gañar en seguridade e forza.

Con todo o afecto do equipo de Medrando Xuntos: FELICES FESTAS E BENVIDO O 2021.

Seguir lendo
ENTREVISTA DE MARTA PRIETO A ALVARO BEÑARAN

Marta Prieto psicomotricista e integrante do equipo da Escola de Formación do CEFOPP Madrid, entrevista a Alvaro Beñarán, psicomotricista, membro do equipo de formación da Universidade de Bergara (País Vasco) e actual presidente da ASEFOP (Asociación Europea de Escolas de Formación de Práctica Psicomotriz)

Os que coñecemos a Alvaro e tivemos a oportunidade de escoitalo en algunhas das súas ponencias, en certa medida quedamos enganchados a él, como lle expresa Marta, integrámonos no seu club de fans. Un discurso que sempre nos sorprende e reconforta, que nos anima e clarifica, tamén é divertido pois vémonos en anécdotas ou comentarios que xurden espontáneamente para aclarar aspectos teóricos e que enriquecen a presentación.

Con frases sinxelas pero cunha gran profundidade:

” Podemos estar bien solos, sólo cuando uno estuvo acompañado, cuando el otro está en nosotros” .

Ábrenos á comprensión do neno.

Un regalo de entrevista que merece a pena escoitar e disfrutar: https://www.instagram.com/tv/CHgHqY3KXnb/?igshid=1f7v93i16srdg

Lembrar que Álvaro estará de novo, con todos os que o desexen, o próximo venres día 20, ás 19.00h participando nas VII Xornadas de Práctica Psicomotriz coa ponencia “Los lobos y los virus se matan jugando”.

Seguir lendo
VII XORNADAS DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ: 20 e 21 de Novembro

Organizadas polo CEFOPP, e baixo o título “¿Qué están viviendo los niños y niñas hoy?” convócannos e provócannos para asistir a estas xornadas – cunha cuestión que seguro está no pensamento de todas/os as que traballamos con nenas e nenos.

Ante esta realidade que nos toca vivir, da que ninguén podemos fuxir nin ignorar, caracterizada por: cambios de rutinas e hábitos, medos diversos, incertidume, enfermidades, morte e angustia….. Cómo é o mellor xeito de acompañar e axudar?. Cómo nos aseguramos as/os profesionais para ser unha anclaxe sólida para os nenos/as?.

Nós, as psicomotricistas, tamén nos vemos afectadas, e precisamos tempo e ferramentas de axuda e autoaxuda ás que botar man. Xuntos, sen lugar a dúbidas, poderemos afondar nestas realidades: externas e internas, de fóra e dentro, da pandemia e do corpo. Tamén atoparemos camiños que nos permitan visualizar recursos que, dende as nosas salas de psicomotricidade, poderemos empregar con seguridade e eficacia.

Para toda a información das xornada picar no enlace: http://www.jornadascefopp.com/

Que gañas!!!

Seguir lendo
RETOMAMOS O TRABALLO TERAPÉUTICO NO CONCELLO DE NEGREIRA

Un ano máis, o centro Medrando Xuntos, renova a colaboración co Concello de Negreira. Nesta ocasión, debido o COVID, só se traballará a nivel terapéutico prestando os seguintes servizos:

  • Reeducación Pedagóxica.
  • Estimulación Cognitiva.
  • Estimulación da Comunicación e Linguaxe.
  • Terapia Psicomotriz.

Ó longo desta primeira semana de Novembro estamos establecendo os contactos coas familias dos novos usuarios, adecuando o espazo, preparando materiais, e ultimando todos os detalles para arrancar xa, para a vindeira semana, coas terapias cos nenos/as.

Seguir lendo
ENTREVITA A MARY ANGELES CREMADES

Compartimos o enlace onde podemos escoitar a entrevista que Nuria Martínez Sanchez (psicomotricista) realiza a Mary Angeles Cremades. Aborda o tema da formación do/a psicomotricista. Cunha linguaxe clara e precisa fálanos de temas complexos coa sinxeleza que caracteriza @s profesionais con gran vagaxe.

Mary Angeles explícanos que @ psicomotricista, es@ profesional que no estado español desempeña unha profesión que aínda non ten recoñecemento oficial, é o “gran especialista na infancia”. Profesional que entrena unha mirada que lle permitirá ver ó neno mais alá da sintomatoloxía que presente.

Tamén falan das próximas xornadas de formación, que o equipo do CEFFOP (centro de formación e práctica psicomotriz Aucouturier en Madrid) xunto con Álbaro Beñarán teñen preparadas para o 20 e 21 do mes de Novembro. O equipo do CEFFOP compartirá reflexións moi actuais relacionadas coa situación que nos toca vivir, Álvaro abordará o tema da Práctica Educativa, e como remate unha ponencia máis clínica a cargo de Mary Angeles sobre os “Vínculos e Duelos”.

Sempre é un pracer escoitar a Mary Angeles e grazas ó CEFFOP por esos momentos e alimento que nos ofrecen a través da formación. Seguir no camiño que nos marca a psicomotricidade é máis doado grazas a estes espazos de reflexión.

Enlace á entrevista: https://www.facebook.com/CEFOPP/videos/706625253563957/

Seguir lendo
XORNADA DE FORMACIÓN ORGANIZADA POLO CEFFOP

O 24 de Outubre, e baixo o título: “La psicomotricidad en tiempos de incertidumbre: el miedo vivido, jugado y representado” convócannos dende o CEFFOP Madrid, a esta interesante xornada.

Dirxida por Marta Prieto, Silvia Giao e Eva Torres, psicomotricistas cunha longa traxectoria profesional e referentes para todos/as as profesionais que nos formamos nesta escola.

Na convocatoria coméntannos: ” Desde Cefopp queremos estar presentes en este momento y para ello vamos a ir proponiendo diferentes encuentros formativos de los cuales os iremos informando. Volver a la teoría, reflexionar sobre ella y compartir experiencias, nos puede ayudar a encontrar herramientas para nosotros a nivel personal , y también como maestros o psicomotricistas  para  poder acompañar a los niños y a las niñas en nuestro día a día, tanto en el aula como en la sala de psicomotricidad”. 

PROMETE!!!!

Seguir lendo
ABRIMOS AS SALAS DE PSICOMOTRICIDADE DOS COLEXIOS??

Dende o Centro Medrando Xuntos este ano tivemos que tomar unha difícil decisión , sobre todo a nivel emocional, non ofertar o traballo de Psicomotricidade Educativa Preventiva que tódolos anos faciamos nas salas de psicomotricidade de varios centros educativos.

Nos grupos organizados xuntabamos nenos/as de moitas aulas diferentes, e nalgunha ocasión de centros escolares distintos – razón fundamental que impide o traballo este ano – xa que a recomendación sanitaria é traballar en grupo burbulla.

Pero é viable o traballo na sala de psicomotricidade cos grupos clase??? Cómo e que medidas son as recomendadas para podelos facer con garantías sanitarias e psicolóxicas??? Que temas temos que contemplar para favorecer o benestar dos nenos/as??? Compartimos o enlace da escola de Psicomotricidade Luzaro, do País Vasco – Bilbao, co documento que recolle reflexións e recomendacións que nos resultan interesantes podendo ser de axuda para os/as psicomotricistas.

Enlace á información da escola de psicomotricidade Luzaro: https://luzaro.net/es/es-covid-19-abrimos-las-salas-de-psicomotricidad-en-las-escuelas/

Seguir lendo
CURSO DE FORMACIÓN ONLINE

Pilar Arnaiz e Alfonso Lázaro serán os ponenentes deste curso, referentes para todos aquiles que na práctica profesional valémonos da psicomotricidade como metodoloxia para aproximarnos e apoiar os nenos/as. Pilares significativos para a nosa formación que teñen escritos numerosos artigos e libros sobre a intervención psicomotriz.

Pilar Arnaiz profesora/investigadora da Universidade de Murcia. Xunto a Iolanda Vives e Marta Rabadán escritora do libro “La psicomotricidad en la escuela. Una práctica Preventiva y Educativa” – Considero que é un dos libros referentes os que sempre acudimos cando queremos refrescar conceptos básicos na psicomotricidade.

Alfonso Lázaro profesional vinculado ó Colexio Público de Educación Especial Gloria Fuertes de Andorra (Teruel). Referente na ámbito da psicomotricidade tanto na práctica profesional como nas tarefas de investigación e formación. Escritor tamén referente para @s psicomotricistas. As imaxes da sala de psicomotricidade do Colexio Gloria Fuertes opino que foron e seguirán sendo un referente para tódolos que fomos montando salas de psicomotricidade a posteriori.

Seguir lendo
CURSO DE APROXIMACIÓN A PRÁCTICA PSICOMOTRIZ EN ASTURIAS

Unha estupenda oportunidade para viaxar a terras Asturianas.

Seguir lendo