Faladoiro: “El Juego De Pintar. Arno Stern”

O próximo 27 de Abril ás 18 h. terá lugar un faladoiro sobre “El Juego de Pintar. Arno Stern” a cargo de Patricia Rivera, licenciada en Belas Artes. 
A través deste faladoiro, Patricia aportaranos claves que nos permitan unha porfunda mirada sobre a expresión a través do debuxo, alonxada de xuízos e interpretacións que estorban e nos desvían do esencial: SER UN MESMO.
O faladoiro realizarase na Gaia dos nenos situada na Rúa Santiago de Guayaquil Nº 6, Santiago de Compostela. 
Entrada gratuita. Imprescindible confirmar asistencia. Reservas en info@gaiadosnenos.com ou no 981817914
Para mais información:
Stern, Arno, (2008), Del Dibujo Infantil a la Semiología de la Expresión, Valencia, Carena editors, s.l. 
    Write a comment