Itos Lorenzo

CONVOCATORIA DE FORMACIÓN PERMANENTE DENDE O CEFOPP

Próximamente temos unha interesante convocatoria dende o CEFOPP sobre o papel dos contos nas sesións de psicomotricidade. Será impartido por Eva Torres e Marta Prietro, formadoras e psicomotricistas que teñen unha longa experiencia profesional dentro das salas de psicomotricidade tanto no ámbito educativo como reeducativo e terapéutico.

Eva é autra de dous libros: “Arturo y las manzanas” “A veces me desdibujo” Relatos que se xestaron cos aportes e viencias cos nenos/as dentro da sala de psicomotricidade. Cheos de simbolismos, forza e con gran potencial para o traballo que se realiza nas sesións de psicomotricidade. Un luxo

E outra convocatoria do CEFFOP poñendo en valor o xogo, unha necesidade vital para o neno/a.

Seguro que as reflexións que nos aporten son interesantes.

Seguir lendo
O MEDO: COMPAÑEIRO DE VIAXE

O medo é un sentimento que nos acompañará ó longo de toda a vida, que todos coñecemos e vivimos. Ten unha función no desenrolo do ser humano: protexelo, informalo, axudalo. Si se contempla dende esta óptica podemos asumilo como unha ferramenta máis coa que nacemos e que está á nosa disposición para usala. Como calquer ferramenta coa que contamos é preciso traballar con ela para chegar ó bo manexo da mesma.

Cando somos nenos é preciso xogalos, vencelos, contelos…. e só así nos permitirán seguir avanzando, con paso máis firme, pois só o MEDO nos fai VALENTES. O medo cando somos adultos temos que recoñecelo, escoitalo, compartilo, valoralo… para así podelo xestionar . Si pola contra o rexeitamos, apartamos, negamos ou ignoramos, facilitamos que se instaure e invada á persoa, provocando danos que poden manifestarse de moitos xeitos (fobias, enfermidades psicosomáticas, alteracións de ánimo…).

O medo infórmanos do que está acontecendo fora, á vez de cómo estamos por dentro. Contemplando ambos datos fora/dentro poderase tomar unha resposta axustada. Se non se consideran as causas externas que espertan o medo poderiamos poñernos en risco, e si non escoitamos a intensidade do que sentimos dentro non poderiamos atopar a resposta precisa.

O medo está moi presente ó longo da infancia, especialmente porque é unha etapa na que se producen grandes cambios no ser humano. Cando os nenos/as comparten e expresan os seus medos, dannos pistas como avanza este proceso, informándonos do avance que o neno vai adquirindo na súa capacidade de pensar e valorar as circunstancias que lle rodean, tamén da forzataleza do neno/a a nivel emocional “plantarlle cara”. Como adultos, para acompañar os nosos nenos/as no medo é preciso facer unha boa lectura do que nos quere dicir, e quizais o máis significativo, entender o medo do neno no neno (que é moi diferente que no adulto).

Todos temos que atravesar ou transitar por medos para avanzar, como se faga determirá en gran parte a futura fortaleza emocional, e será decisivo para a calidade das relacións que estableceremos cos demais. Medo á pérdida,  medo á separación (alonxarnos demasiado, que nos olviden, que non sexamos queridos), medo á morte (perder para sempre a quen queremos ou precisamos)… seguro que nos soan a todos, e que os nenos/as tamén viven ó longo da infancia con elevada intensidade, pois os recursos mentais que teñen á disposición son escasos. Polo tanto o neno precisa dun adulto que o acompañe, que o sosteña e axude neste  proceso de entender que o medo está aí, seguirá aí… pero que é vencible, que se pode facer pequeno, que xuntos o espantaremos,….

O medo, como todos os sentimentos están conectados ó corpo, exprésanse e maniféstanse a través del, tanto pola vía cognitiva como física. Cando o medo é intenso soen aparecer respostas somáticas: angustia, ansiedade, sudoración, taquicardia, paralización, apatía, illamento….É importante recoñecer estos estados, son o primeiro paso para poder buscar unha saída, unha alternativa que non dane. É esencial que os adultos recoñezamos os nosos medos e nomealos, compartilos, permitindo así ós nenos/as entender que todos temos medos. Mensaxes como “non pasa nada” – cando sí está pasando, bloquean.

Os nenos/as contan coa mellor ferramenta para vencer os seus medos: o xogo libre. Neles prepáranse para facerlle fronte, loitan e ensaian diferentes alternativas: vencer ou ser vencidos…, sempre con pracer e benestar, fortalecendo así a súa identidade e autoestima, véndose capaces de todo, incluso de aceptar a derrota (cando un neno/a acepta a derrota no xogo é indicador dunha identidade positiva de que a súa persona, vai máis alá dunha acción, o seu valor non se tambalea polo que fai puntualmente…).

A través do xogo os nenos poñen en marcha os recursos cos que contan tanto físicos como mentais, modificando o entorno cando se fai preciso: construíndo espazos nos que sentirse seguros en caso de que “a cousa se poña fea”. No xogo libre o neno convírterse en escritor do relato que conta, en arquitecto dos seus espazos, en diseñador de armas, en xuiz co poder de cambiar as normas…. O corpo – pensamento e sentimentos traballan á par para “saír airoso de calquer batalla”. E así o medo achícase, contrólase, dómase….

A través do xogo libre o neno organízase e ordena vivencias. Unha vez postas fora, en acción -xogándoas de xeito repetido, os medos e angustias contrólanse. Podemos ensaiar, moldear, probar diferentes alternativas durante o proceso de xogo e decidir como remata . O neno ten o poder do que acontece.

O medo sempre está aí, pero esta época que estamos a vivir, na que tivemos que protexernos de maneira moi evidente de ameazas externas: con illamento, distancias, máscaras, hidroxeles, desinfeccións, cambio de rutinas, renuncias no ocio, …., neste tempo, o medo estivo e aínda está moi presente. É importante plantarlle cara, non negalo, traballalo e transformalo para que non nos dane. As salas de psicomotricidade son un espazos privilexiados para facelo: sostendo, acompañando e axudando ós nenos/as que están angustiados con malestar e medo.

Seguir lendo
DÍA EUROPEO DA PSICOMOTRICIDADE

Hoxe non queremos pasar sen lembrar que é o día europeo da Psicomotricidade

A psicomotricidade é este termo – disciplina – materia…, que pode ter connotacións tan variadas, incluso entre as profesións e os profesionais que a empregamos no día a día. Isto pode deberse á falta de formación nas diferentes carreiras sobre os aportes, informacións e recursos que podemos obter coa psicomotricidade. Tam´en incide o feito de non habler uns plans de formación reglados no estado español, polo que ser psicomotricista é pouco frecuente.

A visión que nos ofrece a psicomotricidade supón un gran aporte para comprender á persoa coa que traballamos, e para situarnos como profesionais de xeito correcto nesa relación terapéutica que temos que establecer. Este é un punto de partida privilexiado para poder avanzar e obter logros por ambas partes, tanto do que precisa a axuda como do que a dá.

Hoxe é o seu día, e desexamos que a visibilidade e protagonismo que ten que ter A PSICOMOTRICIDADE no traballo coas persoas, ó longo do ciclo da súa vida, e coa infancia en especial, vaia gañando terreo, avanzando no RECOÑECEMENTO que lle pertence.

Seguir lendo
REVISTA IBEROAMERICANA DE PSICOMOTRICIDADE E TÉCNICAS CORPORAIS

Compartimos o enlace co número 45 da Revista de psicomotricidade publicada en Arxentina.

Picar: https://1drv.ms/b/s!AoBvCpOClQd1qEmsSYXmtFGmo1c9?e=0SizyF

Seguir lendo
XV XORNADAS DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ

CORPO DE REALIDADE

Este è o tema a través do que nos convocan ás XV Xornadas de Práctica Psicomotriz.

Compatimos o programa, apetecible e interesante, no que estarán ponentes, que para aqueles que traballamos dende a Psicomotrricidade Vivencia Relacional, son figuras significativas.

Seguir lendo
PROPOSTA DE FORMACIÓN NO CEFFOP

Dende o CEFOPP envíanos esta convocatoria: ” Os enviamos nuestra última propuesta formativa para este curso: un reencuentro con la Formación Personal, ese espacio privilegiado para conectar con lo más auténtico de nosotros mismos y de los otros”.

A formación persoal, ese coñecemento e saber que se incorpora cando tomamos conciencia das nosas fortalezas e debilidades. Esa capacidade que se vai adiestrando para poder ver e sentir o outro sen interferencias da nosa propia historia. Esa seguridade que nos invade cando podemos saborear a emoción que esperta a interacción e contacto cos demais. Esa calma que se incorpora cando contemplamos o movemento e axitación durante o xogo….

Son innumerables os aportes da formación persoal, tantos, que traspasan o límite do ámbito laboral para convertirse en ferramentas que formarán parte da nosa estrutura persoal.

Para ter toda a información da convoctoria picar : https://cefopp.com/curso/?id=12

Seguir lendo
MÁSTER DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA SEMIPRESENCIAL

EADE, centro privado de Andalucía, oferta un master de formación en Psicomotricidade Educativa Preventiva. O prazo de matriculación está aberto.

Para a posta en marcha deste master o centro de formación asinou un convenio de colaboración coa “Asociación Europea de Escuelas para a Formación de Práctica Psicomotriz de Bruselas” ( Asociación na que están agrupadas as escolas que realizan formación en Práctica Psicomotriz Aucouturier), garantía de rigor e profesionalidade do persoal que acada a capacitación para realizar dita formación.

Para máis información picar no enlace da convocatoria: https://www.eade.es/titulos-propios/master-en-psicomotricidad-educativa-y-preventiva

Seguir lendo
PROPOSTA DE FORMACIÓN DENDE O CEFFOP

Convocatoria de formación permanente online que realizará o profesorado do centro de Estudios e Formación en Práctica Psicomotriz “Bernard Aucouturier”.

Afondando na Práctica Psicomotriz Educativa e aportacións na aprendizaxe dos nenos/as.

Enlace: https://cefopp.com/curso/?id=11

Seguir lendo
CONVOCATORIA DA AGAT PARA UN CURSO DE FORMACIÓN EN GRUPOS TERAPÉUTICOS

Facilitamos o enlace a esta interesante formación da AGAT (Asociación Galega de Atención Temperá) que será impartida por Rafael Villanueva Ferrer próximamente en Santiago de Compostela (11 e 12 de Xuño): http://atenciontemprana.com/agat-convoca-curso-de-formacion-en-grupos-terapeuticos/

Cando vivimos a experiencia tanto como adultos ou nenos, como asistentes (integrantes) ou responsables (terapeutas) nun Grupo de Axuda (Grupo Terapéutico), percibimos o gran valor e potencial que ten.

No centro Medrando Xuntos é unha intervención que ofertamos: “Grupos de Psicomotricidade educativa preventiva” e “Grupos de Axuda Psicomotriz”. Somos moi conscentes das posibilidades que o traballo grupal nos brinda. Integrarse nun grupo e chegar a sentirse parte do mesmo, facilita a incorporación dun sinfín da habilidades: relacionais, comunicativas, emocionais, motoras, de simbolización…, permitindo á vez que cada membro do mesmo poda avanzar e afianzar na súa construcción como ser individual: identidade, autoestima, …

Seguir lendo
PRÁCTICA PSICOMOTRIZ EN NEONATOLOXÍA

Interesante libro: “PRÁCTICA PSICOMOTRIZ EN NEONATOLOGÍA. Una propuesta sobre la experiencia hospitalariade Montserrat Rizo Marcos.

Neste libro a teoría e práctica van da man, avanzando na comprensión dos comezos da vida humana: embrionaria, fetal e logo o bebé prematuro. Cando un parto se produce antes de tempo son moitos os aspectos que é preciso considerar no coidado e atencións tanto do bebé como dos pais e entorno próximo (especialmente da mamá).

Montserrat Rizo, enfermeira e psicomotricista, introdúcenos neste tema apoiándose na súa ampla formación e experiencia (formou parte do proceso de transformación da Unidade de Neonatoloxía do Hospital de San Joan de Dios – Barcelona).

Aborda as necesidades físicas (coidados para a maduración dos órganos en formación do bebé prematuro) e necesidades emocionais que á vez son inseparables entre sí (algo que todo psicomotricista sabemos: a condición da globalidade no desenrolo previo ós 6/7 anos). Temas como a dor do bebé, os materiais que entran en xogo no seu coidade e adaptacións a ter en conta para minimizar danos, os ritmos de vixilia/descanso, as percepcións sensoriais, a pel (órgano esencial que marca o límite corporal), a mirada, a escoita, o consolo, o vínculo, a parcipación da familia durante o tempo de ingreso do bebé recén nado….son abordados, incidindo en aspectos significativos deste delicado momento vital (tanto para familia como para o bebé), buscando a minimización das posibles secuelas a curto e medio prazo que tan estudiadas están con este nenos.

Según palabras de Monserrat Rizo: “… nacer antes de tiempo es un proceso traumático para el recién nacido. Las huellas de esta experiencia permanecen incrustadas en la piel de este cuerpo, pues se encuentra finalizando su proceso de maduración y crecimiento en condiciones heterogéneas a las que tendría que estar.”

Si alguén se anima a mercar o libro facilitamos un enlace a través do que se pode aceder a él así como a outros de “ediciones corpora”. Esta editorial é arxentina e ata fai pouco era moi complicado conseguir os libros que edita. Na actualidade un compañeiro Psicomotricista: Aritz Larreta facilítanos esta tarefa, sen lugar a dúbidas é unha gran noticia para moitos profesionais. Gracias Aritz!!! – Eskerrik asko!!! Facilitamos o enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfZTCpwbXFjpf_6NdvuJ8tUZlhPfMQgw7dLwT1yuxoSMxpggw/viewform

Seguir lendo