Itos Lorenzo

NOVA PUBLICACIÓN DE BERNARD AUCOUTURIER

“El juego espontáneo en la escuela maternal” editado en Xullo do 2022

Neste libro Bernard Aucouturier fai un percorrido por temas relacionados coa construcción do neno/a, o valor dos primeiros coidados e a importancia do ambiente e das rutinas.

Resalta o valor do xogo como medio único que permite ò neno/a representarse, asegurarse e así afirmar a súa existencia no mundo.

Toca temas esenciais na primeira infancia como son os medos, o significado dos obxectos (en especial o obxecto transacional), e a imaxe especular.

Tamén se describe como é a organización material e temporal dunha sesión de psicomotricidade. E dun xeito moi peculiar, escointando os relatos das vivencias dos nenos/as, incide na función aseguradora de certos xogos: encher/valeirar, envolturas, esconderse, equilibrarse, saltar, perseguirse, coidados/hospitais, os agresosores (pantasmas, mounstruos, devoradores),…. .

Un libro interesante para tódolos que desexen afondar no desenrolo global dos nenos/as na primeira infancia.

Seguir lendo
PARTICIPACIÓN DE BERNARD AUCOUTURIER NUN SEMINARIO ORGANIZADO DENDE O CEFFOP

Con alegría recibimos esta nova do CEFFOP (CENTRO DE ESTUDIOS E FORMACIÓN DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ “BERNARD AUCOUTURIER” de Madrid) na que nos propoñen un seminario online con Bernard Aucouturier.

Para máis información facilitamos o enlace co CEFFOP: https://cefopp.com/curso/?id=11

Seguir lendo
NOVO NÚMERO DE CUADERNOS DE PSICOMOTRICIDADE

Recentemente, Xuño do 2022 saiu o número 59 dos cuardernos de psicomotricidade. Compartimos o sumario desta nova entrega:

Tamén se comenta a nova publicación de Jon Arana “Una no-guia” del juego e as XV Xornadas de Práctica Psicomotriz realizadas en Vitoria en Novembro do 2021.

Seguir lendo
Una “no guía” del juego. Una visión del juego infantil desde la psicomotricidad.

Recente publicación de Jon Arana Albeniz: mestre, psicopedagogo, terapeuta psicomotriz e formador en psicomotricidade.

Este libro é unha rica recopilación teórico/ práctica do saber profesional. Unha mirada sensible e profunda á acción e xogo do neno/a, marcando as finas liñas de conexión coas vivencias que a/o sosteñen.

Un agasallo para todas/os as que temos de profesión psicomotricistas.

Aporta claridade, coñecementos, reflexións…

Esperta o desexo a seguir profundizando nesa “escoita” tan peculiar á – expresividade motriz – dos nenos/as.

Coloca o neno/a como protagonista, guiando o percorrido que precisa facer, baixo esa mirada, colaboración e complicidade que aporta a/o psicomotricista.

Espanta os medos…non sempre sabemos o que nos quere dicir o xogo, pero sí debemos ter a certeza que é significativo para o neno/a…

Un pracer. Grazas Jon!!!

Seguir lendo
SESIÓNS DE FORMACIÓN REALIZADAS POLO CENTRO MEDRANDO XUNTOS

Este ano, coa entrada do 2022, o centro reanudou a participación na realización de diferentes XORNADAS FORMATIVAS:

En Xaneiro e Febreiro, a través da AGAT, impartiu dúas xornadas de formación de 20h de duración cada unha, dirixidas a profesionais da Rede de Unidades de Atención Temperá de Galicia (formación financiada pola Xunta de Galicia)

En Febreiro realizamos no Colexio Público de Pedrouzos – Brión unha xornada de formación de 2h dirixida a profesionais do centro. Baixo o título “O neno/a: corpo, emoción e pensamento” profundizamos nas vías de comunicación e expresión na infancia.

Proximamente en Maio está prevista a participación dunha xornada formativa co profesorado do CRA de Meis (3h de duración).

En Marzo iniciou as prácticas, despois de dous anos sen recibir alumnado en formación, unha estudiante de Psicoloxía. Serán máis de 200 horas de formación presencial no centro que rematarán a finais de Maio (convenio de colaboración do Centro Medrando Xuntos coa Facultade de Psicoloxía).

Consideramos que toda tarefa formativa implica unha responsabilidade e esforzo importante, por ambas partes, o que imparte ou tansmite a formación e o que a recibe. Á vez consideramos que é un espazo moi rico, pois axuda a establecer fÍos conductores entre a teoría e a práctica, básicos no avance profesional.

Seguir lendo
CURSOS DE SENSIBILIZACIÓN EN “PRÁCTICA PSICOMOTRIZ”

Compartimos información coas datas ofertadas pola Escola de Psicomotricidade Luzaro (País Vasco) . Este curso é o primeiro paso para iniciar a formación de Psicomotricista.

Nestas imaxes aparecen nenos/as xogando en sesións de psicomotricidade: a do cartel informativo no País Vasco, e a outra na nosa terra (sesión realizada polo centro Medrando Xuntos). Podemos apreciar / intuir similitudes: o espazo, os materiais, a atención que os nenos/as prestan a súas accións, os acordos que permiten xerar esas construccións ….

O xogo é unha ferramenta Universal ó servizo dos nenos/as, e as salas de psicomotricidade son espazos privilixiados para favorecer que se xogue, medre, disfrute,… “para que o neno/a se constrúa“. E a labor do/a psicomotricista tamén é clave, pois o neno/a constrúese en relación, polo que a interacción corporal e verbal son recursos valiosos para axudar ós nenos/as no seu avance madurativo.

Seguir lendo
RETOS DEL FUTURO en el cuidado del desarrollo infantil

Adxuntamos carteis do acto de presentación do libro editado pola GAT: “Federación Española de Asociaciones de Profesionales de Atención Temprana” que se presenta próximamente en Madrid. Pódese asistir presencialmente ou vía online.

O título e portada xa son unha invitación do máis atractivo para todas/os que traballamos con nenos/as. Os profesionais que participaron na súa elaboración contan cunha traxectoria profesional e compromiso coa infancia, que seguro nos proporcionarán materiais para reflexións e análises valiosas. Será un pracer poder disfrutar da presentación o la lectura deste libro.

Seguir lendo
CURSOS DE SENSIBILIZACIÓN EN PSICOMOTRICIDADE

A PPA, Práctica Psicomotriz Aucouturier, é un recurso metodolóxico que nos permite acercarnos ós demais dende a vía corporal. Para afondar nela é preciso adentrarse na “aventura” de coñecernos, de reflexionar sobre as nosas expresións e vivencias na interacción cos demais, nas resistencias e mecanismos cos que nos imos “armando” na traxectoria vital…, gañando así obxectividade. Un obxectivo clave para a/o psicomotricista será chegar a observar e interpretar as manifestacións dos demais sin contaminación das nosas vivencias. Os cursos de sensibilización son o primeiro paso no camiño. Logo pódese seguir afondando coa formación en Psicomotricidade Educativa Preventiva e posteriormente a de Terapia Psicomotriz.

Compartimos os novos cursos de sensibilización organizados pola Centro Asociado UNED Bergara e a Escola de Psicomotriciade Luzaro para este ano 2022.

Para recabar máis infomación: https://luzaro.net/es/cursos-de-sensibilizacion/

Seguir lendo
ENCONTROS PARA PAIS NAIS

Ser nai/pai non é tarefa sinxela, un pai, unha nai fanse o longo da crianza e do acompañamento a seu fillo/a. Contar con espazos de reflexión e diálogo pode ser de gran axuda.

Profesionais do CEFOPP, centro de estudios e formación de Práctica Psicomotriz Bernard Aucouturier”, cunha longa traxectoria no acompañamento a nenos/as: a nivel Educativo e Preventivo e dende a Terapia, fan esta proposta que seguro aporta luz a temas importantes no desempeño do rol de pai/nai.

Seguir lendo
OFERTA FORMATIVA

A formación continuada é o medio a través do que podemos asegurarnos, fortalecer as destrezas que nos permiten ese “estar e facer” dentro da sala propio das/os psicomotricistas . Estos espazos formativos tamén nos brindan posibilidades para observarnos e polo tanto enriquecernos como profesionais.

Unha oferta interesante a cargo de José Angel Rodríguez, Iolanda Vives e Cira Rodríguez, con longa traxectoria profesional, non só no traballo con nenos/as, senón tamén no ámbito teórico (con obras referenciais para os que traballamos como psicomotricistas).

Seguir lendo