Itos Lorenzo

MASTER SEMIPRESENCIAL 2020/2021 DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA: DESENVOLVEMENTO INFANTIL E ATENCIÓN TEMPERÁ

Recomendado pola Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT)

Será a súa segunda edición.

Especialmente orientado a todos/as as profesionais que traballan ou queren orientar a súa vida laboral con nenos/as de 0 a 6 anos, aportando unha visión integral do desenrolo infantil e facilitando a adquisición de criterios, recursos e ferramentas para a intervención.

Para máis información consultar a páxina web do master: https://masteratenciontemprana.org/

Seguir lendo
16 DE XUÑO DO 2020: DÍA DA ATENCIÓN TEMPERÁ

Compartimos o manifesto da AGAT: Asociación Galega de Atención Temperá para sinalar a importancia deste día e dos retos marcados dende a Asociación:

O 16 de XUÑO celebramos un día moi especial. O 16 de xuño do ano 2000 tiña lugar en Madrid a presentación do “Libro Branco”. Un fito na historia da atención á infancia no noso país. Nel definíase a Atención Temperá como “o conxunto de actuacións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á familia e á contorna, que ten por obxecto dar resposta, de forma o máis inmediata posible, ás necesidades que presentan os nenos e nenas con alteracións no desenvolvemento ou con risco de padecelas, e/ou ás súas familias”.

Esta definición presidiu a normativa que nos últimos vinte anos guiou o espallamento, en toda España, dunha extensa Rede de servizos e recursos, primeiro para as crianzas con discapacidades e despois para toda a primeira infancia que se atopa en situacións vulnerables.

A Rede de Atención Temperá é hoxe unha Rede extensa, aínda que insuficiente, non chega a todas as persoas que o necesitan, ou chega de forma precaria. Existen listas de agarda e zonas sen cobertura. O LUGAR DE NACEMENTO AÍNDA É UN FACTOR DE DESIGUALDADE.

Por iso, é preciso avanzarmos nun financiamento suficiente e nunha regulación básica común. E pór as bases para un sistema público que coide o desenvolvemento persoal de todas as crianzas desde o seu nacemento.

A Atención Temperá debería incluír a todos os nenos e nenas de 0 a 6 anos que presentan problemas e preocupacións evolutivas nalgún momento do seu desenvolvemento, o que representa un 10% da poboación infantil desa franxa de idade e suporía atender en España a 255.227 nenos e nenas. Hoxe en día en moitas ocasións, só se atenden as dificultades máis evidentes como os trastornos do espectro autista ou a parálise cerebral.

FAN FALLA MEDIOS, FAN FALLA INVESTIMENTOS E FAN FALLA CENTROS DE ATENCIÓN TEMPERÁ CON EQUIPOS DE PROFESIONAIS MOI CUALIFICADOS PARA ATENDER UNHA

ETAPA CRÍTICA DA VIDA. Ao longo dos anos aprendemos, en España e en toda Europa, que a mellor definición da Atención Temperá pode quedar no baleiro se non se garanten a calidade, a utilidade dos servizos e o seu rendemento social.

Por todo isto, a Atención Temperá que se desenvolva a partir de hoxe deberá:

  • garantirse como un dereito subxectivo das crianzas de carácter universal e sen custo para as familias
  • estar orientada á prevención e actuación sobre as necesidades de desenvolvemento persoal e socialización das crianzas de 0 a 6 anos con problemas evolutivos ou con risco de padecelos
  • baseada sempre nas relacións e a seguridade afectiva das crianzas
  • organizarse na contorna comunitaria próxima ao domicilio cooperando en primeiro lugar coa familia e tamén cos coidadores/as, educadores/as e persoas significativas na vida cotiá das crianzas
  • realizada por un equipo de profesionais, especializado en desenvolvemento infantil, con metodoloxía inter ou transdisciplinar
  • facilitar a coordinación e as transicións a outros servizos cando sexa preciso

FACENDO AS COUSAS BEN, PRESTANDO SERVIZOS DE CALIDADE, A ATENCIÓN TEMPERÁ É A INVERSIÓN MÁIS RENDIBLE EN TERMOS DE RETORNO PERSOAL, DE SAÚDE, DE INCLUSIÓN SOCIAL, DE MELLORA EDUCATIVA E OPORTUNIDADE LABORAL. OS CARTOS INVERTIDOS EN ATENCIÓN TEMPERÁ MULTIPLÍCANSE.

A Federación Española de Asociacións de Profesionais da Atención Temperá é consciente dos enormes cambios que aconteceron no itinerario de 0 a 6 anos e da necesidade de pór as bases para implementar un sistema público universal de coidados no desenvolvemento no que XUNTO AOS CENTROS DE DESENVOLVEMENTO INFANTIL E ATENCIÓN TEMPERÁ ocupan un lugar fundamental os servizos sanitarios, os servizos educativos e os servizos sociais, numerosas entidades e as administracións públicas,

A todos convocamos para afrontar o reto que nos leve a ser UN PAÍS DE VANGARDA no coidado da saúde, a educación e o benestar de todos os nosos nenos e nenas.

A todos damos as grazas pola súa achega ao desenvolvemento da ATENCIÓN TEMPERÁ.

Seguir lendo
VOLTA Á SALA DESPOIS DA CUARENTENA “O aspirador coronavirus”

Cantos sentimentos nos invaden ó retomar o traballo, ese reencontro tan desexado despois de dous meses sen poder entrar á sala de psicomotricidade. Tempo de distancia imposto pero que non  impediu manter o recordo e a ilusión pola volta.

Como psicomotricistas temos que enfrentarnos a esta nova situación na que se modifican as circunstancias nas que estabamos acostumadas a movernos:

  • Uso da mascarilla ocultando parte do rostro e da expresividade do mesmo.
  • Cambio/retirada de materiais que non se podan hixienizar (sabendo que algún implicaba unha carga emotiva signicativa para os nenos/as).
  • Novos rituais para a entrada e saída co fin de garantir a seguridade (sacar calzado xa na porta e lavados de mans na entrada e saída).  
  • Uso de hidroxeles (cando as circunstancias o esixen) parando as dinámicas na que o neno está inmerso.
  • As limpezas entre sesións e ó rematar as xornadas de mañán e tarde, pasando a ser a tarefa estrela máis que escoitar e pensar no que acaba de acontecer na sesión…..

Cambios imprescincibles pero incómodos e invasivos que á vez non poden impedir algo que é fundamental dentro das salas de psicomotricidade: o desfrute, a seguridade, a expontaneidade, a confianza, a iniciativa….

Retomamos as sesións con moitos sentimentos encontrados de desexo e á vez inseguridade e certa incomodidade. Pero nós – psicomotricistas, que confiamos nos nenos e sabemos que eles nos marcan o camiño a seguir, apoiándonos nesa ferramenta, sabemos que pouco a pouco, xuntos, neno e psicomotricista, buscaremos un bo xeito de acomodarnos a esta nova realidade, garantindo un ambiente idóneo no traballo. Unha constatación é o que pasou esta semana. Nun momento da sesión, en xogo simbólico, J. construiu unha nave espacial que equipou coas súas maletas e todo o necesario para a viaxe invitándome a acompañalo na aventura ó que eu accedín encantada. Explicoume todas as tecnoloxías que tiña a súa nave, e entre eles unhas cordas que estaban no teito que eu pensie que eran antenas e o neno dixome que estaba moi equivocada: “son ASPIRADORES: tu tranquila que si viene el COVIT lo traga el apirador y luego ya lo matamos entre los dos”. Que alegría sentín!!! que gusto!!! a saúde  dos nosos nenos é isto, buscar medios alternativos e seguros que nos permitan seguir adiante – a sala debe ser isto, un espazo que permite transformar e transformarnos, xogar e asegurse, medrar.

Na sala de medrando xuntos xa temos o “aspirtador COVIT”.

Seguir lendo
HOXE, 28 DE MAIO DIA INTERNACIONAL DO XOGO

Hoxe é o día internacional do xogo, a través do que se recoñece a importancia e papel fundamental que desempeña nas nosas vidas: cun papel protagonista na infancia e tamén como adultos.

Como psicomotricistas o xogo expontáneo dos nenos/as é a nosa ferramenta esencial no traballo, medio que permite apoiar e favorecer o seu desenrolo global. Xogar é pensar, crear, comunicar, sentir, expresarse, moverse, xogar e transformar e transformarse, XOGAR unha NECESIDADE para a infancia, unha GARANTIA para o benestar e saúde .

Disfrutemos e favorezcamos o disfrute a través do xogo libre.

Seguir lendo
MOI PRONTO – UNHA DATA SINALADA NOS CALENDARIOS- SAÍDA A RÚA

Compartimos as recomendacións de Vicents Arnaiz, unha axuda e orientación para enfrontar a saída de casa con nen@s neste delicado momento.

Para quen non coñeza a Vicents Arnaiz, é psicólogo, escritor, responsable do Servizo de Atención Temperá de Menorca, todo un referente na infancia tanto no ámbito educativo como terapéutico . Escritor e colaborar en diferentes revistas de gran prestixio a nivel educativo.

Participa en diversos foros de formación de profesionais, sendo tamén un referente no ámbito da psicomotricidade. Escoitar a Vicents sempre é un gusto, cun discurso próximo e cercano, aportando claridade e claves que poden ser de gran axuda.

Seguir lendo
REVISTA IBEROAMERICANA de psicomotricidad y técnicas corporales

Último número da Revista editada pola Asociación de Psicomotricistas do Estado Español en colaboración coa rede de Universidades de latinoamerica de Formación en Psicomotricidade.

Pincha para obter en PDF: https://1drv.ms/b/s!AoBvCpOClQd1pE2LExba7m-bOxfe?e=qUirHt

Seguir lendo
CONFINAMENTO CON NENOS/AS – QUE FACEMOS?

Suxerencias que nos aportan dende a escola Psicomotricidade de Bergara – Bilbao.

Seguir lendo
“Revista Chilena de Psicomotricidad”

EDITADA polo Centro de Investigación y Capacitación en Educación y Psicomotricidad. ISSN 0719-8604

Reflexións interesantes e profundas dende a mirada d@s psicomotricistas, poñendo en valor a psicomotricidade como ferramenta na abordaxe terapéutica e educativa.

Este número ten artículos con temas ben interesantes: a adopción: mirada e abordaxe dende a psicomotricidade, os aportes no caso da discapacidade múltiple (todo un reto) e tamén os beneficios no ámbito da Educación – analízase o traballo feito nun centro escolar no que se verifica que a Psicomotricidade incide na autonomía dos estudiantes.

Enlace á revista: file:https://1drv.ms/b/s!AoBvCpOClQd1o2uIZEhIXAm_S2GX?e=UxOHEl

Seguir lendo
VENRES: TOCA “PSICO” NO COLEXIO AGRO DO MUIÑO

Como remate da semana, tanto para os nenos/as como para nós, acudimos todos os venres á tarde ó Colexio de Agro do Muiño, onde nos esperan un grupiño de 13 nenos/as de 3 e 4 anos.

Neste centro, este ano empezamos un pelín mais tarde do habitual, no mes de Novembro, despois de que a AMPA, con tesón e ilusión conseguira animar ás familias para que anotaran ós seus fillos/as á actividade de Psicomotricidade Educativa Preventiva. Foron 4 meses e medio de sesións, unhas 18, e resulta moi gratificante comprobar o calado que fixeron nos nenos/as, que tamén é constatado polas familias (a emoción que esperta a sala, como foron incorporando os rituais e rutinas das sesións, como aprenderon a coidarse e velar polo compañeiro/a que teñen o lado, norma clave na sala, …).

Unha hora de xogo, na que cada quen ten a liberdade de facer, e na que nós, as psicomotricistas, invitámolos a expresarse, acompañándoos nas emocións que viven coa devolución da nosa propia emoción, reforzando os seus logros a través da mirada, do xesto, da proximidade… a cada quen según as súas necesidades. Un recoñecemento ó seu corpo: á forza, á tensión, á colocación, … á expresividade. Con iso conseguimos que os nenos/as vaian apropiándose das súas competencias, incorporando datos valiosos para a construcción da indentidade corporal, emocional, aspectos clave na autoestima.

Invitámosvos, como sempre, a mirar este traballo que fixemos, do que aínda tiñamos pouquiñas fotos pois o covit19 colleunos a todos de sorpresa, (pero toca apañarse co que temos), así que penso que puidemos facer unha bonita secuencia do que é unha sesión de psicomotricidade, con todos os momentos: rituais de entrada e saída, xogo, conto e representación. Desexamos que vos guste.

Para ver o video pinchar: https://drive.google.com/file/d/12cvub2tghY–pYnkgtRYOF3GR_zKmMlf/view?usp=drive_web

Seguir lendo
TOCA PSICO!!!

Hoxe mércores, toca PSICO!!!, temos unha cita semanal con nenos/as de 2 a 6 anos nas instalacións do CEIP Maia. Queremos agradecer ó Equipo do colexio a boa acollida que nos brindan, sempre con estupenda dispoñibilidade. Xa son moitos anos que estamos nesta sala – uns dezaseis- co transcurso do tempo este espazo está impregnado para nós de gran emotividade e de moitas aprendizaxes.

Preparamos este video con mimo, sobre todo para que as familias dos nenos/as que atendemos podan botar un vistazo ó que pasa dentro da sesión. Como sempre recomendámosvos que para velo centredes a atención na expresividade motriz, no que transmiten as expresións corporais e faciais, os xestos e contactos que se establecen, a liberdade de expresión que se da sempre nun marco de contención, de respeto ás regras impostas na sesión (a atención ó coidado de cada quen é esencial, así como o respeto polos demais e as súas acción), as emocións que se calan por todos os lados: pracer, sorpresa, tenrura, calma, orgullo, confianza, forza, camaradería,…

A nos mesm@s, psicomotricistas, sorpréndennos e gratifícanos constatar a evolución que se da en cada sesión, e como no transcurso dela os nenos/as acceden a pasar da intensidade do movemento corporal e emocional – que se da no tempo de xogo – á tranquilidade e escoita (vivir o pracer de pensar) para logo poder representar… É esa constatación a que nos ratifica na gran importancia que ten para os nenos/as o xogo libre (tanto a nivel motor como simbólico). Tamén cuestiona a realidade actual de tantos nenos/as que non son capaces de estar quietos…

Desexamos que o desfrutedes, e sobre todo nestes días que temos tanto tempo de estar en casa, que xoguedes moito…

Enlace ó video: https://drive.google.com/file/d/1bGOYk3dJ_JEQSOtV8xbkXwx2IfbFk9DT/view?usp=drive_web

Seguir lendo