Xaneiro 2020

REVISTA ENTRELINEAS Nº44 Decembro 2019

A revista “Entre Líneas” editada pola Asociación Profesional de Psicomotricistas APP, naceu no ano 1996. É unha revista especializada en Psicomotricidade, e oferta tanto ós seus socios como a profesionais interesados, FERRAMENTAS de reflexión teóricas e prácticas en torno á psicomotricidade ou disciplinas relacionadas.

Nela tamén dispoñemos da información dos diferentes centros que ofertan FORMACIÓN a través de cursos, postgrados, masters, seminarios de formación permanente…., e das diferentes ASOCIACIÓNS de psicomotricistas coas que contamos en España.

Facilitamos o enlace co último número editado: content/uploads/2020/01/Entreli%CC%81neas_44.pdf

Seguir lendo
CURSO DE ACTUALIZACIÓN DA AGAT: TRASTORNOS DO ESPECTRO AUTISTA – atención integral e procedementos diagnósticos

INTERESANTE INVITACIÓN POR PARTE DA AGAT (Asociación Galega de Atención Temperá): “Propoñemos este novo curso de actualización na procura de experiencias e ideas para mellorar a identificación e intervención precoz cos nenos e nenas que presentan signos de autismo, dificultades graves de axuste na interacción e comunicación social, intereses empobrecidos, ou anomalías na vivencia sensorial.

Nenos e familias inmersos nun horizonte de sufrimento que precisan mais empatía, esforzo e apoio social.

Na primeira parte da xornada (9:00-11:30), Josep Mª Brun Gasca, psicólogo e psicoterapeuta, director do PROGRAMA AGIRA (Atención Integral a Nenos Riesgo de Autismo), presentará este plan asistencial e os seus resultados. O PROGRAMA AGIRA, implementado en varias comarcas de Barcelona pretende realizar unha atención mais integral, intensiva e coordinada, prestando apoio e acompañamento á función coidadora das familias e das educadoras.

Na segunda parte (12:00-14:00), Amparo Rodríguez (Pediatra), M. Belén Martínez (Psiquiatra), Jesus Eirís (Neuropediatra) e Xoana Balado (Psicomotricista), nunha mesa redonda e dende as súas posicións profesionais achegaran datos e perspectivas para ilustrar os procedementos diagnósticos que se realizan en Galicia. Afondarán nos criterios e instrumentos que utilizan e as súas posibles consecuencias. E compartirán propostas para posibles melloras.”

Para máis información e incripción visitar a páxina da AGAT :http://atenciontemprana.com/

Seguir lendo
FORMACIÓN PERMANENTE de “Psicomotricidade Educativa Preventiva”

O CEFFOP – Centro de Formación e Práctica Psicomotriz Aucouturier (Madrid) – lanza a seguinte convocatoria para profundizar e reflexionar sobre a Práctica en Educativa:

Xerar espazos para reflexinar sobre as fontes teóricas do noso traballo, así como supervisar as sesións na sala de psicomotricidade acompañados doutros profesionais, é un marco ideal que nos permite profundizar na análisis das sesións e mellorar como psicomotricistas.

Seguir lendo