Decembro 2019

DANIEL CAMELS E MARA LEBEGUERIS ESTARÁN PRÓXIMAMENTE EN BARCELONA

Xornada interesante para o venres 31 de Xaneiro e sábado 1 de Febreiro. organizada pola Universidade de Barcelona. A proposta de traballo é – EL JUEGO CORPORAL:

“El juego corporal se aprende y no se enseña de manera académica”

“El juego , una cosa seria y placentera”

Estiveron no 2017 en Santiago de Compostela, nunha xornada de formación organizada pola AGAT. Foi un placer escoitalos e poder enriquecernos coa súa experiencia profesional.

Seguir lendo
REVISTA – O VALOR DO VÍNCULO “XIV XORNADAS DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ”

Despois das xornadas realizadas recentemente en Vitoria, a Escola Luzaro de Psicomotricidade editou unha revista con artigos interesantes sobre temáticas que se abordaron. Facilitamos o enlace á revista – EL VALOR DEL VÍNCULO XIV JORNADAS DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ: https://luzaro.net/es/revistajornadas2019/

Na web da escola xa está accesible a información das próximas convocatorias para xornadas de sensibilización previas ó master de formación de Psicomotricidade Educativa Preventiva. Para máis información consultar en: https://luzaro.net/es/cursos-psicomotricidad/

Seguir lendo
PARTICIPACIÓN DO CENTRO EN XORNADAS DE FORMACIÓN

Medrando Xuntos foi convocado polo Centro de Formación do Profesorado de Ferrol (CEFORE) e polo CIFP Compostela para a realización de dúas xornadas de formación.

O mércores 4 de Decembro no CIFP Compostela, para unha charla informativa ás/ós alumnos do Ciclo de Educación Infantil, na que incidimos na importancia da Psicomotricidade Educativa Preventiva nesta etapa do desenrolo.

O xoves 12 de Decembro no CEIP Ponte de Xubia – Narón coa participación do profesorado de infantil e primaria, interesados en profundizar na metodoloxia e aportes da PPA – Práctica Psicomotriz Aucouturier.

Foi un pracer colaborar nestes espazos, xa que a mirada sobre o neno que aporta a Psicomotricidade seguro que é un aspecto enriquecedor para todos aqueles que traballamos na infancia.

Por outro lado, compartir a nosa experiencia tamén supón un esforzo para conceptualizar, sintetizar e reflexionar sobre a nosa práctica diaria, e o mesmo tempo tamén nos enruqueceu recibir as aportacións doutros profesionais.

Seguir lendo
XIV XORNADA DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ “El valor del vínculo” Vitoria

Interesante xornada na que disfrutamos de encontros, reencontros, reflexións e emocións esta fin de semana pasada en Vitoria, no Palacio Europa.

Démonos cita preto de 400 asistentes interesados pola proposta de traballo: “O valor do vínculo”.

Abriu a Xornada David Bueno, escritor e experto en neurociencias da Educación. Introdúxonos en matices que se dan na maduración do cerebro, aportando un lugar destacado ás emocións, o pracer do xogo, as actitudes dos enseñantes e o corpo. Explicou como este é un proceso complexo e dinámico que se extende ó longo do ciclo vital das persoas, sendo especialmente susceptible e relevante na primeira infancia.

Leticia Liñares e Iñaki Bilbao-Macias membros do “Instituro Vasco de Apego e Psicoanálisis- IVAP” profundizaron en temas do apego e vínculo. Incidiron en que nas primeiras relacións que os nenos/as entablan coas figuras de referencia, viven experiencias que marcarán as claves sobre as que se sustentarán as futuras relacións. Fíxose un importante fincapé en na importancia dos límites na infancia, así como a necesidade de aprender a postergar a gratificación das necesidades, aspectos que determinarán a futura capacidade de autorregulación dos nenos/as. Outro aspecto sinalado foi o dos riscos da hiperconexión.

Anna Luna pedagoga e psicomotricista, formadora do ASEFOP en Barcelona introducionos en detalles da súa práctica profesional na U.A.T. como psicomotricista, resaltando a importancia do papel das familias neste traballo cos nenos/as en dificultade.

Xa o domingo Nerea Martínez psicóloga e psicomotricista dunha U.A.T. de Navarra afondou en temas como o axuste de espectativas nos tratamentos, marcar metas realistas tanto coas familias como cos nenos do servizo: “conseguir algo pequeño es salir de donde estamos y ésto es algo grande”. È preciso contemplar a maduración como un proceso no que se dan avances e retrocesos. Nerea valorou os grandes aportes da súa formación en psicomotricidade no traballo cos nenos/as que atende no servizo.

Katti Homar, pedagoga – mestra e psicomotricista falou do proxecto que están a desenvolver en Mallorca nas escolas infantiles de 0 a 3 anos e na utilidade da Psicomotricidade Vivenciada Relacional. Na mesma línea Maruje Arrastua e Karmentxu Martínez explicaron como abordan na escola de educación infantil o complexo proceso de adaptación (comenzo da escolarización ós 3 anos) e da utilidade da sala de psicomotricidade neste momento.

Sin lugar a dúbidas unha xornada ben interesante.

Seguir lendo