XORNADA ESPECIAL DE PSICOMOTRICIDADE

O INFANTE COMO SUXETO DAS SÚAS CAPACIDADES E DIFICULTADES, A PRÁCTICA PSICOMOTRIZ NA ATENCIÓN TEMPERÁ

O día 24 de Xuño, como peche do master de Atención Temperá, tivemos o pracer de atoparnos na Universidade da Coruña (Facultade de Ciencias da Educación) nunha xornada adicada a psicomotricidade na que participaron tres psicomotricistas de referencia en España: Álvaro Beñalán (Donostia) e neste momento presidente da ASEFOP (Asociación Europea de Psicomotricistas), Marta Prieto (Madrid) e Angels Morral (Cataluña).

Dende a mirada que caracteriza á/ó psicomotricista incidiron na importancia da psicomotricidade Educativa e Terapéutica no acompañamento e axuda dos nenos/as na Atención Temperá.

Marta Prieto introduciunos na Psicomotricidade Educativa, entendendo o neno como un suxeito activo, contemplado dende as potencialidades ó marxe das dificultades. Abordou temas como o vínculo, desexo, pulsión, normas e límites, o corpo e a súa expresividade…. un percorrido sobre múltiples aspectos a contemplar nos nenos/as dentro da sesión de psicomotricidade.

Alvaro Beñalán compartiu o proxecto piloto (de prevención) que realizou neste curso nunha escola. O psicomotricistas observa os nenos/as nas aulas ordinarias para identificar posibles necesidades especiales, co fin de poder iniciar os apoios o antes posibles, xa no contorno da escola, ou recomendar tamén derivacións a servizos especializados si se considera oportuno.

Angels Morral presentounos o traballo que están levando a cabo ela e o seu equipo no «Centre Educatiu i Terapèutic Carrilet» de autismo. Tamén compartiu os últimos estudios que están facendo sobre indicadores do transtorno autista en nenos/as menores dun ano. Sempre destacando a importancia da psicomotricidade neste traballo.

Na xornada tamén participou Victor Arufe, docente da Universidade vinculado á área de deporte e psicomotricidade, investigador e escritor. Nas investigación que realizou destaca a importancia da psicomotricidade no desenrolo da primeira infancia, así como das carencias que hai a nivel de formación nos docentes educativos. Queda moito percorrido que facer.

Foi unha gran xornada, en especial para todos os que loitamos para que a psicomotricidade sexa recoñecida e valorada dentro do traballo educativo e terapéutico.

    Write a comment