OFERTA DE CURSOS DE FORMACIÓN

A Escola de formación de Luzaro (Bergara) lanza novas convocatorias para cursos de sensibilización para formación de psicomotricistas.

É unha xornada de fin de semana na que os asistentes teñen a oportunidade de vivir unha pequena aproximación ó que é a formación dos psicomotricistas, un pequeno empuxón que ás veces precisamos para adrentarnos nesta “aventura”.

Na etapa formativa profundizase na comprensión do proceso madurativo dos nenos/as, á par que se traballa a propia historia persoal e relacional. Esa comprensión interna/externa é fundamental para ofertar un apoio axustado na intervención. O xogo, a relación, a interacción, a escoita ó que nos pasa e o que vemos e sentimos, a acción, o corpo e a súa expresividade, a comunicación, o grupo, a sala e o material,….estes e moitos máis serán temas a indagar.

    Write a comment