MONOGRAFICO DA REVISTA CUARDERNOS DE PSICOMOTRICIDADE SOBRE «ATENCIÓN TEMPERÁ»


O último número Nº53 (Xuño 2017) da revista «Cuadernos de Psicomotricidade» editada pola Escola de Psicomotricidade da UNED de Bergara está adicada a atención temperá. Como sempre, aparecen artículos interesantes para aqueles que traballamos nesta etapa do desenrolo.

Destacar o artigo escrito por Álvaro Beñarán Aranzabal, que recentemente tivemos tamén oportunidade de escoitar nas Xornadas de Psicomotricidade celebradas en Madrid (sobre o tema da identidade). Alvaro explica o papel privilexiado que xoga a práctica psicomotriz no apoio e axuda ós nenos/as. Neste artigo céntrase naqueles que teñen dificultades.
A psicomotrocidade abre o neno/a a posibilidade de xogar, de crear, de actuar sobre o seu entorno acompañado dun adulto dispoñible, atento e respetuoso coas súas capacidades. Alvaro defende que a práctica psicomotriz é unha ferramenta que sempre debería estar na Atención Temperá, ben como un recurso específico ou complementario doutras intervencións xa máis enfocadas a tarefa de corrección, que tenden resultar as veces un tanto agresivas (e xerar novas dificultadades de carácter emocional que afectan á maduración psicolóxica dos nenos/as). 
Canto camiño nos queda por percorrer!!!!
Tamén aparece unha experiencia realizada nuha Ikastola de Irún, espazos onde a psicomotricidade educativa preventiva ten un lugar privilexiado. Aritz Larreta Bereziartua é o autor do artigo, con quen tivemos a portunidade de compartir algunhas xornadas de traballo recentemente en Bilbao. Aupa Aritz!!! e un gusto escoitar experiencias como a que relatas no artigo das compañeiras da escola, a nosa noraboa o equipo.
    Write a comment