CELEBRACIÓN DO CINCUENTENARIO DA PPA EN BILBAO

Imaxe do cincuentenario
Esta fin de semana tivemos o pracer de asistir ás IV Xornadas organizadas pola PEI EIP BILBAO nas que se celebraba o cincuentenario da Practica Psicomotriz Aucouturier.
Foi un encontro moi agradable no que escoitamos a profesionais que son referentes na nosa práctica psicomotriz: Bernard Aucouturier, Sonia Cospotella, Lorella Moratto, Cori Camps, Marcelino Vaca…
Foi especialmente emocionante e novedosa a participación de Mauro Polaco, neuropsiquiatra infantil e psicoterapeuta que fixo unha exposición sobre as investigacións da neurociencia no campo da infancia, e máis en concreto das bases científicias sobre os  aportes e benenficios da PPA.
Francis Ellizalde, psicólogo e terapeuta formado en bioenerxética, técnicas de grupo e terapia de gestatl,  sinalou a importancia do corpo, do tono e da emoción o longo de todo ó proceso vital.
José Miguel Castro, asistente de talleres de expresión e formador en educación creadora, fixo fincapé nas potencialidades e habilidades creadoras dos nenos nunha dinámica de expresión libre.
Foi tamén un espazo de encontro con outros moitos, coñecidos ou non coñecidos, pero compañeiros cos que sempre é grato coincidir e compartir, escoitar e aportar sobre aspectos que non encontramos no traballo, ou emocións que podemos vivir.
    Write a comment