2 Abril, 2021

ESTUDIO SOBRE OS APORTES DA PSICOMOTRICIDADE NUN GRUPO DE NENOS DUN CENTRO DE ACOLLIDA

No último número da revista (especializada en psicomotricidade) “Entrelíneas” – nº46 Decembro do 2020   publícase un artigo titulado : “Psicomotricidad en un Centro de Acogida” que se comentará brevemente. Nel recóllense datos dunha investigación realizada nun Centro de Acollida con nenos/a (4 casos: 3 nenos e 1 nena durante o tempo que estiveron en dita institución) de 4 a 6 anos.  Valóranse os beneficios que aporta a Psicomotricidade no seu desenrolo relacional, emocional e cognitivo (a través dunha guía de observación que permitiu extraer información detallada dos tres ámbitos).

É evidente que tódolos nenos/as que ingresan nun centro de acollida nunha idade tan temperá portan unha historia (física e emocional) na que hai feridas que curar, provocadas polo desenrolo nun entorno non favorable. A figura dunha persona de referencia dispoñible e sensible ás reaccións/expresións do neno/a, é un factor esencial para o seu sano desenrolo. Cando esto non é viable, o neno/a vive moitas situacións de malestar sen recibir unha compensación por parte do adulto de referencia, provocando elevadas angustias que se van a reflexar na conducta posterior: o que Aucouturier chama “angustias arcaicas”. Conductas como agresividade, elevada inseguridade e  necesidade de control, reaccións desaxustadas ante o afecto, necesidade permanente de recoñecemento, angustia de separación, impulsividade, dificultades na expresión oral… poden estár na base dun acompañamento desaxustado na primeira infancia.

A través da psicomotricidade, ofertarase ós nenos/as a oportunidade de poñer en xogo  todo o conflicto vivido para reelaboralo, buscando así outras vías de pracer na súa expresión motriz, na relación coas personas e consigo mesmo, así como no contorno.

Nas conclusións vese con claridade o benficioso que resulta a “Práctica Psicomotriz” no traballo cos nenos/as, axudándolles a superar dificultades nos ámbitos relacionais, emocionais e cognitivos. Entre os aportes identificados no estudio están:

NO ÁMBITO RELACIONAL:

  • Mellorar as relacións cos iguais e adultos.
  • Compartir os espazos de xogos, o nivel de participación e iniciativa.
  • Mellorar a confianza no adulto de referencia, xerando vínculos que lle permitan solicitar axuda e deixarse conter emocionalmente.
  • Sentir recoñecemento e valoración.
  • Aumentar a autonomía.

NO DESENROLO EMOCIONAL:

  • Mellorar a expresión e xestión das emocións.
  • Construir un “yo corporal” unificado e diferenciado.
  • Xerar, buscar e esconderse en refuxios que conteñan e ofrezan límites corporais.
  • Mellorar a tolerancia á frustración.
  • Reducir a angustia.
  • Xogar a súa historia para podela elaborar.

NO DESENROLO COGNITIVO:

  • Mellorar a capacidade atencional, escoita e concetración.
  • Mellorar a linguaxe e a comunicación oral.

A investigación demostrou que a psicomotricidade serviu de axuda a estos nenos/as que estaban en risco social, e tamén foi un aporte valioso para as educadoras/educadores que os acompañaban, aportando información para a comprensión do mundo interno dos nenos/as ( a través das posibilidades de expresión do xogo libre dentro da sala).

Esta investigación tamén nos conecta cos aportes desta disciplina (Psicomotricidade Vivenciada Relacional) noutras situacións de patoloxías, enfermidades, hospitalizacións…, nos que moitos dos aspectos enunciados anteriormente vense alterados, así como o gran papel que xoga como acompañamento e apoio da infancia en xeral.

Seguir lendo