Marzo 2021

CONVOCATORIA DO CEFOPP PARA UNHA XORNADA DE FORMACIÓN

Co título: “La fuerza de la sala. La fortaleza de la escuela” convócasenos a unha xornada de formación dirixida por Mary Ángeles Cremades, directora do Centro de Formación de Práctica de Psicomotriz de Madrid (CEFOPP)

Todos/as psicomotricistas sabemos que as vivencias que os nenos/as experimentan nas sesións de psicomotricidade facilitan a articulación de cambios que transpasan as paredes dese espazo privilexiado. Detrás desta constación están moitos aspectos teóricos que sustentan a nosa práctica. Seguro que Mary Angeles, como é habitual nas súas clases, axúdanos a integrar a teoria coa realidade da práctica profesinal.

Para obter máis información sobre o curso consultar páxina web do centro CEFOPP: https://cefopp.com/

Seguir lendo
NOVEDADES DE PUBLICACIÓNS

Dous títulos recén publicados.

Bernard Aucouturier ofértanos outra obra, que seguro nos fai reflexionar sobre os cimentos sólidos que ten a formación dos/as psicomotricistas, e a importancia que ocupa a experiencia vivida nas salas: a interacción cos demais, o xogo,… para a incorporación das competencias necesarias para a práctica profesional.

Outra obra que xurde de profesionais que traballan como psicomotricistas, aportando experiencias que poñen en práctica, cohexionando a formación teórica en psicomotricidade e a realidade na escola.

Seguir lendo