13 Agosto, 2020

A SALA DE PSICOMOTRICIDADE: o gran recurso da psicomotricista.

A sala de psicomotricidade é o gran recurso co que conta o nen@ para sentir e sentirse, expresarse, coñecerse e darse a coñecer, desecubrir e descubrirse, compartir e apropiarse da súa acción,…

É o recurso por excelencia da psicomotricista que lle permite ver e contactar co neno/a. Entender as súas necesidades e demandas, e polo tanto poder axustarse a elas para facilitar a satisfacción das mesmas.

A sala de psicomotricidade sempre é un espazo de xogo, un lugar no que o movemento corporal, a expresión emocional e a demanda verbal – “expresividade motriz” é observada, acollida e significada pola psicomotricista, quen acompaña ó neno /a facilitando o seu avance e maduración.

É un espazo versatil, con materiais que poden transformarse infinitamente, permitindo todas as posibilidades na acción dos nenos/as.

É un lugar de xogo libre, que á vez ten espazos estruturados que van a permitir a expresión do neno e garantir a súa seguridade: espazo para a palabra e o encontro, para o xogo motor, para o xogo simbólico, para a representación. Nestes espazos hai materiais dispoñibles que deben de permanecer no mesmo. A sala conta cunha sólida organización espacial que facilita a expresión e estruturación do neno/a.

É un espazo no que o neno/a está en contacto consigo, coa súa pulsión, desexo, habilidades… podendo explorar as súas posibilidades. A acción é o punto de partida e a través da que o neno apuntala as competencias motrices, comproba feitos, proba experiencias, acada metas, vive frustracións e conquistas…, pasos que lle permitirán a maduración necesaria para chegar á capacidade de “descentración tónico emocional”, punto clave no avance pedagóxico. Ó mesmo tempo son estas vivencias as que permiten avanzar na cuota de autonomía, mellorar a autoestima, confianza, seguridade….

A sala de psicomotricidade é un espazo vivo.

Seguir lendo

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies