Marzo 2020

“Revista Chilena de Psicomotricidad”

EDITADA polo Centro de Investigación y Capacitación en Educación y Psicomotricidad. ISSN 0719-8604

Reflexións interesantes e profundas dende a mirada d@s psicomotricistas, poñendo en valor a psicomotricidade como ferramenta na abordaxe terapéutica e educativa.

Este número ten artículos con temas ben interesantes: a adopción: mirada e abordaxe dende a psicomotricidade, os aportes no caso da discapacidade múltiple (todo un reto) e tamén os beneficios no ámbito da Educación – analízase o traballo feito nun centro escolar no que se verifica que a Psicomotricidade incide na autonomía dos estudiantes.

Enlace á revista: file:https://1drv.ms/b/s!AoBvCpOClQd1o2uIZEhIXAm_S2GX?e=UxOHEl

Seguir lendo
VENRES: TOCA “PSICO” NO COLEXIO AGRO DO MUIÑO

Como remate da semana, tanto para os nenos/as como para nós, acudimos todos os venres á tarde ó Colexio de Agro do Muiño, onde nos esperan un grupiño de 13 nenos/as de 3 e 4 anos.

Neste centro, este ano empezamos un pelín mais tarde do habitual, no mes de Novembro, despois de que a AMPA, con tesón e ilusión conseguira animar ás familias para que anotaran ós seus fillos/as á actividade de Psicomotricidade Educativa Preventiva. Foron 4 meses e medio de sesións, unhas 18, e resulta moi gratificante comprobar o calado que fixeron nos nenos/as, que tamén é constatado polas familias (a emoción que esperta a sala, como foron incorporando os rituais e rutinas das sesións, como aprenderon a coidarse e velar polo compañeiro/a que teñen o lado, norma clave na sala, …).

Unha hora de xogo, na que cada quen ten a liberdade de facer, e na que nós, as psicomotricistas, invitámolos a expresarse, acompañándoos nas emocións que viven coa devolución da nosa propia emoción, reforzando os seus logros a través da mirada, do xesto, da proximidade… a cada quen según as súas necesidades. Un recoñecemento ó seu corpo: á forza, á tensión, á colocación, … á expresividade. Con iso conseguimos que os nenos/as vaian apropiándose das súas competencias, incorporando datos valiosos para a construcción da indentidade corporal, emocional, aspectos clave na autoestima.

Invitámosvos, como sempre, a mirar este traballo que fixemos, do que aínda tiñamos pouquiñas fotos pois o covit19 colleunos a todos de sorpresa, (pero toca apañarse co que temos), así que penso que puidemos facer unha bonita secuencia do que é unha sesión de psicomotricidade, con todos os momentos: rituais de entrada e saída, xogo, conto e representación. Desexamos que vos guste.

Para ver o video pinchar: https://drive.google.com/file/d/12cvub2tghY–pYnkgtRYOF3GR_zKmMlf/view?usp=drive_web

Seguir lendo
TOCA PSICO!!!

Hoxe mércores, toca PSICO!!!, temos unha cita semanal con nenos/as de 2 a 6 anos nas instalacións do CEIP Maia. Queremos agradecer ó Equipo do colexio a boa acollida que nos brindan, sempre con estupenda dispoñibilidade. Xa son moitos anos que estamos nesta sala – uns dezaseis- co transcurso do tempo este espazo está impregnado para nós de gran emotividade e de moitas aprendizaxes.

Preparamos este video con mimo, sobre todo para que as familias dos nenos/as que atendemos podan botar un vistazo ó que pasa dentro da sesión. Como sempre recomendámosvos que para velo centredes a atención na expresividade motriz, no que transmiten as expresións corporais e faciais, os xestos e contactos que se establecen, a liberdade de expresión que se da sempre nun marco de contención, de respeto ás regras impostas na sesión (a atención ó coidado de cada quen é esencial, así como o respeto polos demais e as súas acción), as emocións que se calan por todos os lados: pracer, sorpresa, tenrura, calma, orgullo, confianza, forza, camaradería,…

A nos mesm@s, psicomotricistas, sorpréndennos e gratifícanos constatar a evolución que se da en cada sesión, e como no transcurso dela os nenos/as acceden a pasar da intensidade do movemento corporal e emocional – que se da no tempo de xogo – á tranquilidade e escoita (vivir o pracer de pensar) para logo poder representar… É esa constatación a que nos ratifica na gran importancia que ten para os nenos/as o xogo libre (tanto a nivel motor como simbólico). Tamén cuestiona a realidade actual de tantos nenos/as que non son capaces de estar quietos…

Desexamos que o desfrutedes, e sobre todo nestes días que temos tanto tempo de estar en casa, que xoguedes moito…

Enlace ó video: https://drive.google.com/file/d/1bGOYk3dJ_JEQSOtV8xbkXwx2IfbFk9DT/view?usp=drive_web

Seguir lendo
A PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA – AMPA MILLAPEQUES (MILLADOIRO)

Como nestes días non podemos ir ás salas físicamente fixémolo doutro xeito. Preparamos este vídeo de imaxes, coa ilusión de compartilo especialmente coas familias dos nenos/as cos que nos encontramos cada luns a tarde. Así que hoxe toca!!!

Abrimos este “pequeno ventanuco” ó espazo da sala, que soe espertar moito interés, non só nos pequenos, senón tamén nos adultos, que con frecuencia transmítennos que non entenden que sucede dentro – pero parece que é significativo, pois os nenos/as dan mostras de que lles interesa, emociona e importa.

Na reportaxe faise un percorrido temporal dunha sesión de Psicomotricidade Educativa Preventiva, dende o ritual de entrada – ó xogo – conto e representación.

Invitámosvos a disfrutar del, e  poñer atención na forza das imaxes, na expresividade dos nenos/as, nos xestos, nas emocións palpables nos rostros, na atención ás accións, no compañerismo (colaboración, espera, escoita… convivencia repetuosa). Tamén é interesante observar cómo se dan momentos para desfrutar a nivel individual e  grupais, sempre nunha dinámica de xogo libre. Comprobar como despois do movemento da acción, do xogo corporal aceden a quietude – calma e o desfrute do pensamento – da historia que se lle conta. E para rematar, a representación, estimulando o desfrute da capacidade para facer e servíndose dos diferentes materiais que se lle ofertan: a través do debuxo, pezas de madeira e plastilina – elaborando historias e imaxes que lles pertenecen e son capaces de compartir.

Desexamos que o disfrutedes!!

Para acceder ó video pincha neste enlace: https://drive.google.com/file/d/1SlH2eVpIRIXqoilytPT_xTNZ7qlLgxb1/view?usp=drive_web

Seguir lendo
Reflexión da Asociación Federal de Psicomotricistas

Baixo o título “…arde la leña, harina y barro lo cotidiano se vuelve mágico” a “Asociación Federal de Psicomotricistas” comparte un artigo no seu blog que subtitula “REFLEXIONES EN TIEMPO DE CORONAVIRUS”

Unha invitación a poñernos en marcha, respostar á situación que estamos vivindo, e darlle o espazo e posibidades ós máis pequenos para que XOGUEN, pois é a ferramenta esencial para vencer e superar as inseguridades, medos e acontecementos que viven.

As/Os psicomotricistas diso entendemos, xogar é o medio por excelencia que empregamos para acompañar ós neno/as nas sesións tanto a nivel educativo como en terapia.

As casas poden transformarse “en momentos puntuais do día” en lugares máxicos. Con materiais que todos temos: sabas, almoadóns, caixas e telas de diferentes tamaños, taburetes que sirvan de sostén para as paredes de espazos de intimidade…, e por un tempo limitado (condición esencial) ese espazo pertécelle, e pode transformalo, viaxar nel, transportarse, ser outro ou outros…. desplegar todo o seu ser a nivel motor, congnitivo e emocional. É un espazo onde ainda que estando so se vive a compañía.

Non é preciso darlles instrucións para que xoguen, so é preciso o tempo sin interrupcións, o espazo para organizar, e materiais que se podan transformar. Tamén é convinte marcar unhas normas básicas que na sala de psicomotricidade son: respetar o material e ós demais (neste caso nese espazo que empreguen pode haber cousas que pertenzan ós adultos que eles non podan tocar), non estragar as cousas e non facerse dano.

Disfrutar da capacidade de escoitar, os relatos que tamén apunta o artigo, outro medio esencial polo que na infancia se desenrola o pensamento, a creatividade, a capacidade de identificación e descentración….. Sin imaxes (que moitas veces nos invaden), a palabra, a mirada, o tono de voz, o xesto, a expresión…. recursos corporais cos que contamos e que moitas veces non explotamos o suficiente.

Invitámosvos tamén a buscar un momento para sentarse, grandes e pequenos, e contar contos, apoiándonos nas palabras, en descripcións detalladas (como era a cara do mounstro do noso conto, a mirada dos nenos ó velo…), variando o tono de voz, os ritmos, a comunicación corporal….

Ánimo a todos e todas!!!

Compartimos o enlace co artigo da Asociación Federal de Psicomotricistas:

Seguir lendo