Suxerencias que nos aportan dende a escola Psicomotricidade de Bergara – Bilbao.
Suxerencias que nos aportan dende a escola Psicomotricidade de Bergara – Bilbao.
EDITADA polo Centro de Investigación y Capacitación en Educación y Psicomotricidad. ISSN 0719-8604
Reflexións interesantes e profundas dende a mirada d@s psicomotricistas, poñendo en valor a psicomotricidade como ferramenta na abordaxe terapéutica e educativa.
Este número ten artículos con temas ben interesantes: a adopción: mirada e abordaxe dende a psicomotricidade, os aportes no caso da discapacidade múltiple (todo un reto) e tamén os beneficios no ámbito da Educación – analízase o traballo feito nun centro escolar no que se verifica que a Psicomotricidade incide na autonomía dos estudiantes.
Enlace á revista: file:https://1drv.ms/b/s!AoBvCpOClQd1o2uIZEhIXAm_S2GX?e=UxOHEl
Como remate da semana, tanto para os nenos/as como para nós, acudimos todos os venres á tarde ó Colexio de Agro do Muiño, onde nos esperan un grupiño de 13 nenos/as de 3 e 4 anos.
Neste centro, este ano empezamos un pelín mais tarde do habitual, no mes de Novembro, despois de que a AMPA, con tesón e ilusión conseguira animar ás familias para que anotaran ós seus fillos/as á actividade de Psicomotricidade Educativa Preventiva. Foron 4 meses e medio de sesións, unhas 18, e resulta moi gratificante comprobar o calado que fixeron nos nenos/as, que tamén é constatado polas familias (a emoción que esperta a sala, como foron incorporando os rituais e rutinas das sesións, como aprenderon a coidarse e velar polo compañeiro/a que teñen o lado, norma clave na sala, …).
Unha hora de xogo, na que cada quen ten a liberdade de facer, e na que nós, as psicomotricistas, invitámolos a expresarse, acompañándoos nas emocións que viven coa devolución da nosa propia emoción, reforzando os seus logros a través da mirada, do xesto, da proximidade… a cada quen según as súas necesidades. Un recoñecemento ó seu corpo: á forza, á tensión, á colocación, … á expresividade. Con iso conseguimos que os nenos/as vaian apropiándose das súas competencias, incorporando datos valiosos para a construcción da indentidade corporal, emocional, aspectos clave na autoestima.
Invitámosvos, como sempre, a mirar este traballo que fixemos, do que aínda tiñamos pouquiñas fotos pois o covit19 colleunos a todos de sorpresa, (pero toca apañarse co que temos), así que penso que puidemos facer unha bonita secuencia do que é unha sesión de psicomotricidade, con todos os momentos: rituais de entrada e saída, xogo, conto e representación. Desexamos que vos guste.
Para ver o video pinchar: https://drive.google.com/file/d/12cvub2tghY–pYnkgtRYOF3GR_zKmMlf/view?usp=drive_web
Hoxe mércores, toca PSICO!!!, temos unha cita semanal con nenos/as de 2 a 6 anos nas instalacións do CEIP Maia. Queremos agradecer ó Equipo do colexio a boa acollida que nos brindan, sempre con estupenda dispoñibilidade. Xa son moitos anos que estamos nesta sala – uns dezaseis- co transcurso do tempo este espazo está impregnado para nós de gran emotividade e de moitas aprendizaxes.
Preparamos este video con mimo, sobre todo para que as familias dos nenos/as que atendemos podan botar un vistazo ó que pasa dentro da sesión. Como sempre recomendámosvos que para velo centredes a atención na expresividade motriz, no que transmiten as expresións corporais e faciais, os xestos e contactos que se establecen, a liberdade de expresión que se da sempre nun marco de contención, de respeto ás regras impostas na sesión (a atención ó coidado de cada quen é esencial, así como o respeto polos demais e as súas acción), as emocións que se calan por todos os lados: pracer, sorpresa, tenrura, calma, orgullo, confianza, forza, camaradería,…
A nos mesm@s, psicomotricistas, sorpréndennos e gratifícanos constatar a evolución que se da en cada sesión, e como no transcurso dela os nenos/as acceden a pasar da intensidade do movemento corporal e emocional – que se da no tempo de xogo – á tranquilidade e escoita (vivir o pracer de pensar) para logo poder representar… É esa constatación a que nos ratifica na gran importancia que ten para os nenos/as o xogo libre (tanto a nivel motor como simbólico). Tamén cuestiona a realidade actual de tantos nenos/as que non son capaces de estar quietos…
Desexamos que o desfrutedes, e sobre todo nestes días que temos tanto tempo de estar en casa, que xoguedes moito…
Enlace ó video: https://drive.google.com/file/d/1bGOYk3dJ_JEQSOtV8xbkXwx2IfbFk9DT/view?usp=drive_web
Como nestes días non podemos ir ás salas físicamente fixémolo doutro xeito. Preparamos este vídeo de imaxes, coa ilusión de compartilo especialmente coas familias dos nenos/as cos que nos encontramos cada luns a tarde. Así que hoxe toca!!!
Abrimos este “pequeno ventanuco” ó espazo da sala, que soe espertar moito interés, non só nos pequenos, senón tamén nos adultos, que con frecuencia transmítennos que non entenden que sucede dentro – pero parece que é significativo, pois os nenos/as dan mostras de que lles interesa, emociona e importa.
Na reportaxe faise un percorrido temporal dunha sesión de Psicomotricidade Educativa Preventiva, dende o ritual de entrada – ó xogo – conto e representación.
Invitámosvos a disfrutar del, e poñer atención na forza das imaxes, na expresividade dos nenos/as, nos xestos, nas emocións palpables nos rostros, na atención ás accións, no compañerismo (colaboración, espera, escoita… convivencia repetuosa). Tamén é interesante observar cómo se dan momentos para desfrutar a nivel individual e grupais, sempre nunha dinámica de xogo libre. Comprobar como despois do movemento da acción, do xogo corporal aceden a quietude – calma e o desfrute do pensamento – da historia que se lle conta. E para rematar, a representación, estimulando o desfrute da capacidade para facer e servíndose dos diferentes materiais que se lle ofertan: a través do debuxo, pezas de madeira e plastilina – elaborando historias e imaxes que lles pertenecen e son capaces de compartir.
Desexamos que o disfrutedes!!
Para acceder ó video pincha neste enlace: https://drive.google.com/file/d/1SlH2eVpIRIXqoilytPT_xTNZ7qlLgxb1/view?usp=drive_web
Baixo o título “…arde la leña, harina y barro lo cotidiano se vuelve mágico” a “Asociación Federal de Psicomotricistas” comparte un artigo no seu blog que subtitula “REFLEXIONES EN TIEMPO DE CORONAVIRUS”
Unha invitación a poñernos en marcha, respostar á situación que estamos vivindo, e darlle o espazo e posibidades ós máis pequenos para que XOGUEN, pois é a ferramenta esencial para vencer e superar as inseguridades, medos e acontecementos que viven.
As/Os psicomotricistas diso entendemos, xogar é o medio por excelencia que empregamos para acompañar ós neno/as nas sesións tanto a nivel educativo como en terapia.
As casas poden transformarse “en momentos puntuais do día” en lugares máxicos. Con materiais que todos temos: sabas, almoadóns, caixas e telas de diferentes tamaños, taburetes que sirvan de sostén para as paredes de espazos de intimidade…, e por un tempo limitado (condición esencial) ese espazo pertécelle, e pode transformalo, viaxar nel, transportarse, ser outro ou outros…. desplegar todo o seu ser a nivel motor, congnitivo e emocional. É un espazo onde ainda que estando so se vive a compañía.
Non é preciso darlles instrucións para que xoguen, so é preciso o tempo sin interrupcións, o espazo para organizar, e materiais que se podan transformar. Tamén é convinte marcar unhas normas básicas que na sala de psicomotricidade son: respetar o material e ós demais (neste caso nese espazo que empreguen pode haber cousas que pertenzan ós adultos que eles non podan tocar), non estragar as cousas e non facerse dano.
Disfrutar da capacidade de escoitar, os relatos que tamén apunta o artigo, outro medio esencial polo que na infancia se desenrola o pensamento, a creatividade, a capacidade de identificación e descentración….. Sin imaxes (que moitas veces nos invaden), a palabra, a mirada, o tono de voz, o xesto, a expresión…. recursos corporais cos que contamos e que moitas veces non explotamos o suficiente.
Invitámosvos tamén a buscar un momento para sentarse, grandes e pequenos, e contar contos, apoiándonos nas palabras, en descripcións detalladas (como era a cara do mounstro do noso conto, a mirada dos nenos ó velo…), variando o tono de voz, os ritmos, a comunicación corporal….
Ánimo a todos e todas!!!
Compartimos o enlace co artigo da Asociación Federal de Psicomotricistas:
Dende o Centro Medrando Xuntos, acercándonos ó día das “Enfermidades Raras”, desexamos mostrar o noso RECOÑECEMENTO a Julia, Iago, Pablo, Ana…. a todas as nenas/os que coñecemos e ós que coñeceremos. Loitadoras/es que teñen que invertir grandes dosis de tempo, traballo e esforzo para acadar metas – superar retos – que outros consiguen, casi sin enterarse.
Nenas/os que ó marxe da súa enfermidade teñen as propias necesidades da súa idade: de xogar, explorar, aprender, abrise ó mundo progresivamente, apropiarse do seu corpo, dunha indentidade, forxar unha personalidade…, e neles este percorrido dificúltase.
Como profesionais, o traballo ás veces tamén complícase pola falta de referentes. A revisión, estudio e análise son constantes. Os avances a maioría das veces é preciso desmenuzalos, saber esperar coa ilusión precisa, reinterpretar a expresividade, recoñecer o esforzo, buscar medios e vías que nos permitan xerar os vínculos imprescindibles para poder compartir e comunicarnos… Isto favorece que os logros se fagan máis GUSTOSOS, e deles alimentámonos para seguir confiando no traballo, no avance.
A Andrés, Inés, Susana, Irene… familias de nenas/os con enfermidades raras, dende o centro Medrando Xuntos tamén desexamos mostrarvos o RECOÑECEMENTO. Somos testigos do gran esforzo, constancia, empeño que está na base do voso día a día. Da dura tarefa á que vos enfrontades como pais, e do complicado que pode resultar buscar recursos, apoios, axuda…. e incluso buscar respostas.
DÍA DAS ENFERMIDADES RARAS, sin lugar a dúbidas é o día de moitos recoñecementos ó esforzo, traballo, a intensas emocións, e loitas por acadar tanto a nivel individual como colectivo: investigacións, avances, prestacións, sensibilización… É o día tamén para lembrar que detrás de cada enfermidade sempre hai alguén, unha persoa que debe estar sempre visible, máis alá da súa enfermidade ou sintomatoloxía.
O rol de pai/nai, que tarefa tan complexa e á vez significativa na vida de todos aqueles que nos enfrentamos a ela. Unha aventura sen fin, como a vida mesma. Brindaranos oportunidades únicas, como a de REDESCUBRIRNOS, e polo tanto coñecernos mellor, explorar facetas novas. Tamén podernos contactar coa nena/o que cada un/ha de nos leva dentro e con aspectos significativos da nosa crianza.
Somos nais/pais grazas a OUTRO – o noso fillo/a. Será na interrelación con el/a onde nos deberemos ir axustando para un desempeño “máis ou menos correcto” do noso rol. Ese axuste implica:
Posturas que á vez varían ó longo de todo ciclo vital. Como referencia para a nosa colocación debemos de ter en conta as competencias coas que conta o neno/a (que como pais / nais temos a responsabilidade de acompañar)
Somos os adultos, as nais/pais, quenes contamos coas ferramentas COGNITIVAS E EMOCIONAIS nas que nos apoiaremos para tomar decisións: deteminar cal é a distancia axustada para colocarnos, que esixir, que límite marcar…. xa que somos os adultos quenes temos (ou debemos ter) a capacidade de análise e reflexión que nos permitirá decidir o mellor para o noso fillo/a. Estas decisións, cando se toman de xeito consciente, temos a seguridade de que son oportunas, que situacións está preparado o neno/a para afrontar, e así poderemos darlle a SEGURIDADE e CONFIANZA que precisa para ATREVERSE a explorar o descoñecido, para irse separando do que lle xera benestar e seguridade, e abrise a explorar novas experiencias, que incialmente poden provocar temor, inseguridade, e polo tanto rechazo.
Este reaxuste permanente é complexo para ambas partes e pode producir os mesmos sentimentos: medo, angustia, incertidume…. polo que é fácil caer en posturas que non benefician a ninguén:
A confianza nos nosos fillos/as implica adopar a distancia axustada para permitir que vivan experiencias, que cometan erros e sintan a frustración e malestar, que teñan que enfrontarse a situacións adversas, que para acadar novas metas sexa preciso esforzarse e insistir . Tamén implica saber decir NON – as veces necesarias. Un non firme, sin ter que ser explicado nin xustificado, porque é o adulto o que toma certas decisións e o neno debe aprender a confiar.
No acompañamento ós nosos fillos/as debemos ilos desprazando progresivamente dese lugar privilexiado que se lle otorga ó nacer (dado o elevado nivel de dependencia) e ir adoptando posicións máis distantes, nas que é obligado empregar novos mecanismos de relación ou aprobación. Só esa retirada, axudará ó neno a mellorar na autoestima e seguridade.
O neno ten que CONQUISTAR os seus logros, e para elo moitas veces vivirá tensións, traballo, esforzo…. valores claves na vida, que se asimilan dende as primeras etapas da infancia.
Ser pai/nai que tarefa tan complexa e á vez apaixoante!
A revista “Entre Líneas” editada pola Asociación Profesional de Psicomotricistas APP, naceu no ano 1996. É unha revista especializada en Psicomotricidade, e oferta tanto ós seus socios como a profesionais interesados, FERRAMENTAS de reflexión teóricas e prácticas en torno á psicomotricidade ou disciplinas relacionadas.
Nela tamén dispoñemos da información dos diferentes centros que ofertan FORMACIÓN a través de cursos, postgrados, masters, seminarios de formación permanente…., e das diferentes ASOCIACIÓNS de psicomotricistas coas que contamos en España.
Facilitamos o enlace co último número editado: content/uploads/2020/01/Entreli%CC%81neas_44.pdf
INTERESANTE INVITACIÓN POR PARTE DA AGAT (Asociación Galega de Atención Temperá): “Propoñemos este novo curso de actualización na procura de experiencias e ideas para mellorar a identificación e intervención precoz cos nenos e nenas que presentan signos de autismo, dificultades graves de axuste na interacción e comunicación social, intereses empobrecidos, ou anomalías na vivencia sensorial.
Nenos e familias inmersos nun horizonte de sufrimento que precisan mais empatía, esforzo e apoio social.
Na primeira parte da xornada (9:00-11:30), Josep Mª Brun Gasca, psicólogo e psicoterapeuta, director do PROGRAMA AGIRA (Atención Integral a Nenos Riesgo de Autismo), presentará este plan asistencial e os seus resultados. O PROGRAMA AGIRA, implementado en varias comarcas de Barcelona pretende realizar unha atención mais integral, intensiva e coordinada, prestando apoio e acompañamento á función coidadora das familias e das educadoras.
Na segunda parte (12:00-14:00), Amparo Rodríguez (Pediatra), M. Belén Martínez (Psiquiatra), Jesus Eirís (Neuropediatra) e Xoana Balado (Psicomotricista), nunha mesa redonda e dende as súas posicións profesionais achegaran datos e perspectivas para ilustrar os procedementos diagnósticos que se realizan en Galicia. Afondarán nos criterios e instrumentos que utilizan e as súas posibles consecuencias. E compartirán propostas para posibles melloras.”
Para máis información e incripción visitar a páxina da AGAT :http://atenciontemprana.com/