14 Xuño, 2022

Una “no guía” del juego. Una visión del juego infantil desde la psicomotricidad.

Recente publicación de Jon Arana Albeniz: mestre, psicopedagogo, terapeuta psicomotriz e formador en psicomotricidade.

Este libro é unha rica recopilación teórico/ práctica do saber profesional. Unha mirada sensible e profunda á acción e xogo do neno/a, marcando as finas liñas de conexión coas vivencias que a/o sosteñen.

Un agasallo para todas/os as que temos de profesión psicomotricistas.

Aporta claridade, coñecementos, reflexións…

Esperta o desexo a seguir profundizando nesa “escoita” tan peculiar á – expresividade motriz – dos nenos/as.

Coloca o neno/a como protagonista, guiando o percorrido que precisa facer, baixo esa mirada, colaboración e complicidade que aporta a/o psicomotricista.

Espanta os medos…non sempre sabemos o que nos quere dicir o xogo, pero sí debemos ter a certeza que é significativo para o neno/a…

Un pracer. Grazas Jon!!!

Seguir lendo