12 junio, 2020

VOLTA Á SALA DESPOIS DA CUARENTENA “O aspirador coronavirus”

Cantos sentimentos nos invaden ó retomar o traballo, ese reencontro tan desexado despois de dous meses sen poder entrar á sala de psicomotricidade. Tempo de distancia imposto pero que non  impediu manter o recordo e a ilusión pola volta.

Como psicomotricistas temos que enfrentarnos a esta nova situación na que se modifican as circunstancias nas que estabamos acostumadas a movernos:

  • Uso da mascarilla ocultando parte do rostro e da expresividade do mesmo.
  • Cambio/retirada de materiais que non se podan hixienizar (sabendo que algún implicaba unha carga emotiva signicativa para os nenos/as).
  • Novos rituais para a entrada e saída co fin de garantir a seguridade (sacar calzado xa na porta e lavados de mans na entrada e saída).  
  • Uso de hidroxeles (cando as circunstancias o esixen) parando as dinámicas na que o neno está inmerso.
  • As limpezas entre sesións e ó rematar as xornadas de mañán e tarde, pasando a ser a tarefa estrela máis que escoitar e pensar no que acaba de acontecer na sesión…..

Cambios imprescincibles pero incómodos e invasivos que á vez non poden impedir algo que é fundamental dentro das salas de psicomotricidade: o desfrute, a seguridade, a expontaneidade, a confianza, a iniciativa….

Retomamos as sesións con moitos sentimentos encontrados de desexo e á vez inseguridade e certa incomodidade. Pero nós – psicomotricistas, que confiamos nos nenos e sabemos que eles nos marcan o camiño a seguir, apoiándonos nesa ferramenta, sabemos que pouco a pouco, xuntos, neno e psicomotricista, buscaremos un bo xeito de acomodarnos a esta nova realidade, garantindo un ambiente idóneo no traballo. Unha constatación é o que pasou esta semana. Nun momento da sesión, en xogo simbólico, J. construiu unha nave espacial que equipou coas súas maletas e todo o necesario para a viaxe invitándome a acompañalo na aventura ó que eu accedín encantada. Explicoume todas as tecnoloxías que tiña a súa nave, e entre eles unhas cordas que estaban no teito que eu pensie que eran antenas e o neno dixome que estaba moi equivocada: “son ASPIRADORES: tu tranquila que si viene el COVIT lo traga el apirador y luego ya lo matamos entre los dos”. Que alegría sentín!!! que gusto!!! a saúde  dos nosos nenos é isto, buscar medios alternativos e seguros que nos permitan seguir adiante – a sala debe ser isto, un espazo que permite transformar e transformarnos, xogar e asegurse, medrar.

Na sala de medrando xuntos xa temos o “aspirtador COVIT”.

Seguir lendo