1 febrero, 2016

SEMINARIO FORMATIVO: ENCUADRE E CONTEXTUALIZACIÓN DO GRUPO DE AXUDA PSICOMOTRIZ
Desde Medrando Xuntos apostamos por unha formación permanente polo que teremos o pracer de asistir ao seminario formativo sobre Encuadre e Contextualización do Grupo de Axuda Psicomotriz que terá lugar os días 27 e 28 de Febreiro de 2016 en Bilbao.
O seminario correrá a cargo da terapeuta psicomotriz Sonia Compostella, formadora no curso de formación de futuros formadores da EIA, presidenta e fundadora da ARFAP- Associazione per la Ricerca e la Formazione all’Aiuto Psicomotorio.Bassano del Grappa(Italia).
Para mais información consultar o seguinte enlace:
Seguir lendo
CONGRESO INTERNACIONAL DE PSICOMOTRICIDADE E NEUROCIENCIAS: UN ENFOQUE RELACIONAL
Os próximos días 15 e 16 de abril de 2016 terá lugar o 1º Congreso Internacional de Psicomotricidade e Neurociencias no Auditorio da Universidade Ramón Llull, Barcelona.
Este será un espazo de encontro entre psicomotricistas de distintos lugares do mundo onde darán a coñecer e compartirán as súas experiencias no campo da psicomotricidade.
Entre os ponentes que asistirán ao congreso teremos o pracer de escoitar ao profesor Bernard Aucouturier, presidente fundador da Asociación Europea de Escuelas de Práctica Psicomotriz e autor e colaborador de importantes obras no campo da psicomotricidade da infancia.
Para mais información consultar o seguinte enlace:

Seguir lendo