marzo 2016

SEMINARIO SOBRE O VALOR DO XOGO EXPONTÁNEO E DA EXPRESIÓN PSICOMOTRIZ NA INFANCIA
O próximo día 23 de Abril de 2016 terá lugar un seminario sobre a importancia do xogo expontáneo e da expresión psicomotriz na infancia. O seminario realizarase no centro  La Violeta, Madrid, xunto co Observatorio da Universidade Rey Juan Carlos e correrá a cargo do gran Bernard Acouturier, presidente e fundador da Asociación Europea de Escolas de Práctica psicomotríz. Autor e colaborador de varios libros de referencia no campo da psicomotricidade e infancia, e creador dunha práctica psicomotríz cun marco, conceptos e medios de acción aplicables no ámbito da educación e na terapia infantil.

Para mais información visitar o seguinte enlace:

http://www.lavioleta.org/evento/el-valor-del-juego-espontaneo/

Seguir lendo
O NENO DE HOXE E A AUTORIDADE
Actualmente atopámonos nas nosas casas e centros educativos nenos e adolescentes sen ningún tipo de límites ante os cales, tanto pais como educadores, están indefensos e perdidos de como actuar ante eles.
O tipo de educación cambiou en moi pouco tempo pasándose dun modelo autoritario a un modelo de «laisser faire». 
A consecuencia de todo isto é a herdanza na nosa sociedade de individuos tiranos que non respetan nin as normas nin ás persoas.
A continuación deixámosvos un artigo sobre a importancia dos límites e frustracións nos nosos fillos/as e alumnos/as para que se convirtan en individuos sanos psicolóxicamente.
O autor do artigo é Bernard Aucounturier e está publicado na revista de “Padres y Maestros” da Universidade de Comillas, no número 364 (decembro de 2015), monográfico dedicado a psicomotricidade  na escola .
Bernard Aucouturier presidente e fundador da Asociación Europea de Escolas de Práctica psicomotríz. Autor e colaborador de varios libros de referencia no campo da psicomotricidade e infancia, e creador dunha práctica psicomotríz cun marco, conceptos e medios de acción aplicables no ámbito da educación e na terapia infantil.
Sempre é un pracer,  escoitar e compartir experiencias con este mestre de todos aquiles que traballamos no ámbito da psicomotricidade ou infancia.

Seguir lendo
DA COMEZO O PROGRAMA DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA NO CONCELLO DE NEGREIRA

MEDRANDO XUNTOS S.C.P. comenzou neste mes de marzo unha colaboración co CONCELLO DE NEGREIRA, a través da Concellaría de Educación, para realizar na escola infantil o programa de PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA. 

A nosa noraboa o Concello por esta aposta xa que é unha actividade que favorece e potencia o desenrolo madurativo dos nenos/as e deste xeito encadrase dentro das ACTIVIDADES PREVENTIVAS que se lle poden ofertar nestas franxas de idade. Dende a «psicomotricidade educativa preventiva»  organizase un dispositivo espacial e temporal así como un acompañamento que asegura os nenos/as permitíndolle consolidar as  bases da súa estructura corporal, afectiva e cognitiva.

Esta iniciativa foi noticia tanto no Concello de Negreira como no xornal da Voz de Galicia do día 2 de Marzo de 2016. 

Para leer ambas noticias pinchar nos seguintes enlaces:

http://www.concellodenegreira.es/index.php?option=com_content&task=view&id=


Seguir lendo