O Centro de Formación de Práctica Psicomotriz (CEFOPP) renovou a súa páxina web. No novo formato inclúese un apartado adicado a antiguos alumnos do centro, que despois de pasar pola formación seguen unha traxectoria profesional na que a psicomotricidade esta presente no seu día a día.

A primeira entrevista realizáronlla a Milagros Lorenzo, Itos, como coloquialmente e cariñosamente a coñecemos todos, responsable do centro Medrando Xuntos.
Queremos destacar a importancia de compartir este tipo de experiencias por aportar novos puntos de vista profesionais de como poder abordar o traballo cos nenos e nenas e como estas tamén poden ser experiencias enriquecedoras para o resto de profesionais que deciden comezar a formarse nesta metodoloxía.
A continuación adxuntamos o enlace da entrevista e agradecemos a CEFOPP o recoñecemento e afecto que nos transmiten.