abril 2019

I XORNADAS DE ATENCIÓN TEMPERÁ NO CONCELLO DE MONDOÑEDO


O vindeiro venres 3 de Maio o centro MEDRANDO XUNTOS SCP participará nas xornadas que organiza a Unidade de Antención Temperá do Concello de Mondoñedo.

Este servizo iniciou a súa andadura a mediados de Xaneiro deste ano 2019, e atende ás familias e nenos con dificultades no seu desenvolvemento de cinco Municipios:  Mondoñedo, Pastoriza, Abadín, Riotorto e Trabada.

Baixo o título: 
» PSICOMOTRICIDADE VIVENCIADA RELACIONAL UN RECURSO NA PRIMEIRA INFANCIA» compartiremos os importantes aportes da Psicomotricidade Vivenciada para o desenvolvemento dos nenos/as sobre todo ata os 6/7 anos. 
O movemento, o xogo, a construción corporal, a creatividade, a adquisición da identidade, a capacidade comunicativa e expresiva, as habilidades relacionais…. son competencias das que se constrúe a súa base nestes primeiros anos, e a Psicomotricidade Vivenciada Relacional é un recurso que apoiará o neno no avance destes procesos madurativos, tanto a nenos con dificultades como a nenos cun desernrolo normalizado. Nestes cimentos apoiaranse as seguintes adquisicións, por iso se a gran importancia de velar polo desenrolo san dos nenos/as nos seus primieiros anos.
Un pracer poder aportar e compartir as nosas experiencias.



Seguir lendo
PRIMEIRAS XORNADAS SOBRE ENFERMIDADES RARAS

Negreira acolle as primeiras Xornadas de Enfermidades raras o vindeiro xoves 25 de Abril.

A cita terá lugar no Auditorio do Centro Sociocultural con entrada gratuita.



Medrando Xuntos partipará coa ponencia «Aportes da Psicomotricidade Vivenciada
Relacional». Farase un percorrido no que se poñerá palabra e imaxes a experiencias  e reflexións feitas despois de anos de traballo, apoio e acompañamento a nenos/as con dificultades; facendo especial fincapé en Julia, a gran protagonista que nos levou a esta aventura na que agora participamos . 
Tamén vimos colaborando co triatlón solidario que se celebra en Negreira, que xa está na súa cuarta edición. Acto destinado a recabar fondos e sensibilizar á poboación sobre a importancia da investigación e estudio das enfermidades, para poder avanzar nos tratamentos e na mellora da calidade de vida de moitas familias.

Ambos proxectos, as Xornadas e o Triatlon, sabemos que están cargados de emoción, e reflexan as inquedanzas  e loitas das familias e a implicación e acompañamento doutros moitos. Un placer poder estar aí. Destacar tamén a colaboración e sensibilidade do Concello de Negreira.

O deporte, símbolo de esforzo, constancia, superación, sufrimento, retos, compañerismo… son valores que sin lugar a dúbidas, tamén  están detrás do día a día de moitos nenos/as e familias que teñen algunha das patoloxias que están catalogadas como enfermidades raras. Que admirable xeito de loitar!!. Ánimo a todos e participade.

Seguir lendo
DÍA DA ATENCIÓN TEMPERÁ

O vindeiro 15 DE ABRIL estamos convidados todos/as  aqueles que vivimos, traballamos, ou nos une algún interés polos nenos/as na infancia (ben como profesionais, pais, ou interesados) ó acto que se realizará na Praza do Toural en Santiago de Compostela

Dita convocatoria parte da directiva da AGAT (Asociacion Galega de Atención Temperá), da que podemos decir  que é a  plataforma referente para moitos profesionais que traballamos na infancia. Defensora dos dereitos da infancia e da oferta de recursos de  calidade. Tamén da mellora de  oferta de recursos para os nenos/as e familias con necesidades. Cunha demostrada e ampla traxectoria de loita pola Atención Temperá na nosa terra.
A AGAT, en colaboración coa Fundación Paideia e a Universidade da Coruña, temos que agradecer a posta en marcha do Máster de Atención Temperá que se está realizando neste ano (primeira convocatoria) na Coruña. Detrás deste proxecto  hai moitos profesionais implicados, horas de traballo, reunións e  inversión de tempo, pero sin lugar a dúbidas compensa. A formación é a ferramenta esencial para  axudar ós profesionais  a manter a ilusión e desexo de seguir avanzando, compartindo vivencias e experiencias con outros compañeiros/as, enriquecéndose de novos enfoques, así como ampliando coñecementos, e a perspectiva da mirada que nos levará a facer un apoio máis axustado ós nenos/as que acudan ós nosos servizos.
O centro Medrando Xuntos tamén aportou o seu esforzo  neste máster realizando a xornada de formación deste sábado día 6 de Abril: Técnicas de Intervención e cultura de crianza de 3 a 6 anos.

Graciñas á AGAT.

Verémonos o 15 de Abril, seguro que disfrutaremos do encontro.
Seguir lendo