septiembre 2018

A INVESTIGACIÓN: A ESPERANZA PARA A MELLORA EN MOITAS PATOLOXIAS

O próximo domingo realizarase  un medio ironman «desafío Islas Cies» . Detrás deste gran reto para os deportistas tamén se promociona un acto solidario dirixido a recaudar fondos para adicar á investigación no instituto Ideibell de Barcelona, centro que estudia a alteración do xen GRIN,  enfermidade que está catalogada dentro das  raras, pola súa baixa prevalencia. Entre outros afectados está Julia, unha nena coa que no centro Medrando Xuntos traballamos dende fai tempo. O pai de Julia é uns dos participantes na carreira.

Queremos dar ánimos á familia, especialmente a Andrés, seguro que ten motivación dabondo para mellorar a súa marca e ademais conta coa nosa admiración. Tamén nos resulta grato que se emprendan accións como esta, que aparte de conseguir fondos, que son moi necesarios para a investigación, poden axudarnos a todos a concienciarnos e sensibilizarnos con realidades que ás veces nin imaxinamos (e que no azar está que tod@s poideramos ser Julia).
A familia de Julia ve nela a súa princesa, porque o é. Soña como calqueira familia que a nena poda acadar as maiores cuotas de autonomía, benestar, integración, coñecementos…  pero acadar moitas destas metas vai depender nunha importante medida das investigacións que se realicen – de atopar recursos que permitan minimizar as dificultades que presenta.
Dende o centro apoiamos esta iniciativa.

INFORMACIÓN A NOTA DE PRENSA:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2018/09/21/recaudan-fondos-apoyar-investigacion-alteracion-gen-padece-nina-julia/0003_201809S21C9992.htm

Seguir lendo
COMEZA O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA ACTIVIDADE DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA A TRAVÉS DA «ANPA MILLAPEQUES»

Na EEI Milladoiro, a ANPA do centro oferta a actividade de Psicomotricidade Educativa Preventiva para o vindeiro curso 2018/19.

É o segundo ano no que o centro Medrando Xuntos encárgase da realización das sesións. Para inscribirse ou recibir máis información consultar a páxina web http://www.millapeques.es/
ou poñerse en contacto cos membros da ANPA MILLAPEQUES no correo : millapeques@gmail.com.

Os aportes do traballo realizado a través das sesións de Psicomotricidade Educativa Preventiva son claves, nesta etapa madurativa, ata 6/7 anos, xa que potencian e estimulan o desenrolo global dos nenos/as. 
Así mesmo:
 – Favorecen o desenrolo motor e a boa integración do esquema corporal 
  (prerrequisito  para aprendizaxes como pode ser a lectoescritura)                  .
– Potencian o desenrolo emocional  (a capacidade de descentración tónico – emocional).
– Favorecen a aprendizaxe de habilidades sociais e integración no grupo de iguais.
– Petencian o desenrolo cognitivo e a actividade creativa.
– Facilitan a adquisición da IDENTIDADE….

PARA MAIS INFORMACIÓN DESCARGAR FOLLETO INFORMATIVO: https://1drv.ms/b/s!AoBvCpOClQd1kBwlEpzgxgEB6DGm
Seguir lendo
COMENZO DAS SESIÓNS DE PSICOMOTRICIDADE VIVENCIADA EN DOWN COMPOSTELA
Sesión durante el curso 2017/18
Hoxe martes día 11 de Setembro reanudamos por terceiroano, o traballo de colaboración coa Asociación Down Compostela a través da realización das sesións de Psicomotricidade Vivenciada Relacional.
Por medio  da Psicomotricidade búscarase, como obxectivo fundamental, que cada asistente avance no seu desenrolo como persoa, tanto nas competencias motoras como no ámbito cognitivo, emocional e relacional.
Outros obxectivos importantes son:
Potenciar o desenrolo das competencias motrices que conleva avances noutros ámbitos relacionados coa seguridade, autoestima, disfrute…
Estimular o desenrolo do pensamento e creatividade.
Favorece o desenrolo das capacidades comunicativas e expresivas, 
Traballar a regulación emocional, 
Fomenta a consciencia de experiencias corporais e mellora do tono muscular, 
Facilita a adquisición de novas habilidades relacionais: escoita, respeto, colaboración, observación,…
Favorecer dinámicas de xogos participativos nos que se atope o disfrute na relación cos demais.
Xerar lazos de grupo, de pertenza…
A xornada de hoxe foi de emoción, reencontros, presentacións, apertas, confidencias. Tamén tivemos tempo de xogar e divertirnos…, este ano avanzaremos polo camiño xa inicado.
Seguir lendo
XORNADA DE PSICOMOTRICIDADE DA P.P.A. EN BARCELONA

XORNADA DE PSICOMOTRICIDADE EN BARCELONA

Unha oportunidade estupenda para comenzar o novo curso coa emoción de ter compartido momentos de formación da man de grandes profesionais da psicomotricidade.
imaxen das sesións de Medrando Xuntos

Barcelona, 6 de Octubre 2018

9 a 19h.: 10 horas de trabajo
Campus Mundet edificio migdia,
planta baja aulas porche, nº3104
Paseo del Valle Hebrón, 171



“ LA DIMENSIÓN PRÁCTICA PSICOMOTRIZ ”

Asefop – Espanya

PROGRAMA:

9.00h.- Entrega de documentación e inauguración
9.30-11.30h.-   CEFOPP Madrid: La formación personal, un viaje sin retorno.
11.30h – 12.00h.- pausa
12.00h – 14.00h.-LUZARO Bergara: Que nos pasa con la agresividad?
14.00h – 15.30h.- comida
15.30h – 17.30h.- AEC Barcelona:  Jugando en la sala con los fantasmas.
17.30h – 19h.- conclusiones, amenización y brindis

INFORMACIÓN E MATRICULA: 

obligatoria antes del 2 de octubre del 2018       /http://www.aecassociacio.org/es/2018/09/04/jornada-asefop-octubre-2018/
Seguir lendo
CONVOCATORIA PARA INSCRIPCIÓN NOS GRUPOS DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA CURSO ESCOLAR 2018/19
Co arranque do novo curso 2018/19, dende MEDRANDO XUNTOS ofertamos a proposta de traballo de «Psicomotricidade Educativa Preventiva» para nenos/as de idades comprendidas entre os 2/3 anos (terceiro ano de infantil) a 6/7 anos (primeiro ano de primaria).
Para obter información sobre os aportes deste traballo descargar o folleto informativo que aparece ó final da noticia.
Como cursos anteriores, as sesións realizaranse nas instalacións da aula de psicomotricidade da Escola Infantil de Maía – Bertamiráns. Para completar os grupos, será preciso contar cun mínimo de 10 nenos/as ata un máximo de 14 ( no grupo de 2 anos mínimo serán 8 e máximo 10).
Os HORARIOS PREVISTOS son:
MÉRCORES:
                GRUPO I: de 16.10h a 17.10h  para nenos/as de 3/4 anos (cuarto ano de infantil)
                GRUPO II: de 17.15h a 18.15h para nenos/as de 4/5 anos (quinto ano de infantil)
                GRUPO III: de 18.20h a 19.20h para nenos/as de 5/6 anos (último ano de infantil)

XOVES:
                GRUPO I: de 17.30h a 18.30h  para nenos/as de 6/7 anos (primeiro ano primaria)
                GRUPO II: de 18.40h a 19.30h. para nenos/as de 2/3anos (terceiro ano infantil)

O mércores día 26 de Setembro, na franxa horaria de 16.30h a 17.30h e nas instalacións da sala de psicomotricidade, manteremos contacto coas familias inscritas para  formalizar a matrícula coas autorizacións requeridas. 
O traballo cos nenos empezará o mércores 3 de Outubro e xoves 4 de Outubro.
As persoas interesadas contactar co centro Medrando Xuntos: Itos: 677761230 ou no correo electrónico itoslorenzo@hotmail.com.  A inscripción será por orde de solicitude.
   

DESCARGAR O FOLLETO EXPLICATIVO DO TRABALLO: https://1drv.ms/b/s!AoBvCpOClQd1kBkUFM1Wb3jyGH0C

Seguir lendo