junio 2018

MASTER EN DESENVOLVEMENTO INFANTIL E ATENCIÓN TEMPERÁ

Interesante formación de postgrado dirixida a profesionais que traballamos con nenos/as ata seis anos, ben no ámbito Educativo, Social como Sanitario.
Formación avalada e recomendado pola Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT), da que o centro Medrando Xuntos forma parte. Detras  da AGAT estamos un gran número de profesionais galegos que traballamos con nenos/as con dificultades, coas súas familias e a súa contorna. A súa directiva conta con profesionais con longa experiencia na infancia, que se esforzan por ofertar  formación de calidade (sin lugar a dúbidas o «alimento» que nos mantén con forza, ilusión, gañas…), e mellorar os recursos para a infancia con dificultades na nosa comunidade, mellorar os servizos e atención tanto ós nenos como ás súas familias…. Grazas polo voso esforzo do que todos nos fortalecemos.
Para máis información visitade a páxina da AGAT na que está a información do master: http://atenciontemprana.com/
Seguir lendo
REUNIÓN DE FIN DE CURSO 2017/18 DOS GRUPOS DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA NA EEI MILLADOIRO XESTIONADOS POR «AMPA MILLAPEQUES»

Este luns, 4 de Xuño, nas instalacións da casa de cultura de Milladoiro, celebramos a reunión de remate de curso de «Psicomotricidade Educativa Preventiva» promocionada pola AMPA «Millapeques».
Momento de encontro, para compartir e disfrutar de imáxenes que se sacaron ó longo das sesións nas que se pode visualizar a riqueza que ten o XOGO LIBRE dos nenos. As expresións e xestos que mostran son o mellor indicador de que están en algo que lles emociona:  nas experiencias do seu corpo, na creatividade, na relación… A riqueza do seu xogo  maniféstanos o gran potencial que pode ter o neno/a nun dispositivo axustado e baixo a mirada e apoio dun adulto  que o acompañe: a psicomotricista.
Agradecer á AMPA Millapeques a aposta por este apoio ós nenos dende a Psicomotricidade Educativa Preventiva, é o primeiro ano de colaboración con esta entidade, e a experiencia foi moi grata. Grazas!!!! Podemos repetir….

FACILITAMOS UN ENLACE CO TRABALLO DE REMATE DE CURSO:
https://1drv.ms/v/s!AoBvCpOClQd1kBh6tGqhXm4RGKp2

Seguir lendo