marzo 2018

NOVO LIBRO DE BERNARD AUCOUTURIER

Próximamente sairá á venta un novo libro de Bernard Aucouturier cun título que nos remite á gran importancia da acción espontánea dos nenos/as: «Actuar, jugar, pensar». Aucouturier profundiza na estreita correlación existente entre o xogo, tal como el o concibe (un xogo libre) e o desenrolo do pensamento, así como a construción da identidade. Xa esperamos emocionadas poder mercar un exemplar.

O adianto dalgunhas reflexións sobre o libro fíxoas en Bilbao esta fin de semana pasada, 10 e 11 de Marzo. O próximo 7 de Abril estará en  Madrid, no acto organizado pola Escola Infantil Violeta en colaboración coa editorial Grao e a «Universidade Rey Juan Carlos».
Para os que facemos a PPA (Práctica Psicomotriz Acouturier) sempre é enriquecedor e ademais un gran pracer escoitar ó mestre e fundador deste enfoque.
Seguir lendo
AMPLIACIÓN DA COLABORACIÓN CO CONCELLO DE NEGREIRA

Este próximo martes, 13 de Marzo, comezaremos unha nova andadura confiada ó centro por parte do Concello de Negreira con quen xa vimos colaborando dende fai tres anos a través do «Programa de Psicomotricidade Educativa Preventiva».

Este novo proxecto vai dirixido a dar apoio a nenos/as con necesidades especiais.
Ó longo deste mes de Marzo está previsto que dende o Concello se deriven as familias con nenos susceptibles da axuda. Establecerase un primeiro contacto para elaborar a anamnesis e logo empezar a valoración dos nenos para identificar cal é o apoio que estimamos oportuno. Diseñarase un plan personalizado para cada usuario.
Este traballo levarase adiante en instalacións propias do Concello. Sen lugar a dúbidas unha boa nova para as familias.

NOTA DE PRENSA DO CONCELLO:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/negreira/2018/03/10/negreira-activa-iniciativa-apoyo-ninos-necesidades-especiales/0003_201803S10C7992.htm

Seguir lendo