Abril 2017

“ACERCAMENTO ÁS INVESTIGACIÓNS E TRABALLO DE ARNO STERN”

O próximo día 5 de Maio ás 18:30h. realizarase unha xornada interesante sobre o traballo de Arno Stern e que terá lugar no Centro Abanca Obra Social da Plaza de Cervantes, Santiago. Nela poderemos disfrutar da intervención de Miguel Castro, pintor, actor e profesor de Educación artística que despois de 20 anos de traballo a súa vida profesional deu un xiro ao coñecer e formarse con Arno Stern.

Para mais información:

https://www.facebook.com/events/1228257080627127/

http://dirayaexpresion.es/diraya/

Seguir lendo
“ENTREVISTA A DANIEL CALMELS”




Entrevista a Daniel Calmels, escritor de numerosas obras, psicólogo, psicomotricista, terapeuta infantil e formador de psicomotricidade. Defínese como un estudioso do corpo, o que identifica con unha “insignia” familiar e colectiva que se vai construíndo o longo da vida.

Próximamente en Santiago de Compostela en Xornada organizada pola AGAT : venres 2 de Xuño do 2017.

Seguir lendo
“CONFERENCIAS E OBRADOIROS POR MOTIVO DO 20 ANIVERSARIO DE AGAT”

O 2 e 3 de Xuño celebrarase en Santiago de Compostela diferentes conferencias e obradoiros sobre a importancia do xogo na primeira infancia.

Afondarase na relación entre xogo e cultura e na función do xogo no proceso de socialización. Estudiarase o xogo como espazo de gozo e reflexión para ser, coñecer e sentir, e a súa relevancia na Atención Temperá. Analizarase o papel do adulto nas diferentes fases evolutivas.

Contarase coa participación de sobresaíntes profesionais, creadores e creadoras e artistas que inscriben a súa activiadade no itinerario 0-6.

Para mais información:


Seguir lendo