Outubro 2016

Celébranse en Madrid as “VI XORNADAS DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ”

Nas datas 18, 19 e 20 de Novembro celébraranse en Madrid as VI XORNADAS DE PRÁCTICA PSICOMOTRÍZ, oganizadas por CEFOPP (Centro de Formación de Práctica Psicomotriz).

Baixo o título SER O NO SER, entraremos en reflexión e debate sobre un tema ESENCIAL no desenrolo madurativo dos nenos/as na infancia: a adquisición da IDENTIDADE, base na que se construirá a personalidade. Pensamos que é unha boa oportunidade para escoitar a profesionais con longa experiencia e coñecemento no campo da infancia, e así contemplar diferentes ópticas que nos axuden e animen no traballo diario. Cada vez no ámbito da eduación, aparecen máis dificultades, moitas con esta problemática de base.

Medrando Xuntos colaborará coa aportación dun poster informativo sobre a temática. A nosa participación foi solicitada en base a dilatada experiencia da entidade no apoio madurativo dos nenos/as a través da Psicomotricidade Educativa Preventiva.

Para máis información:

Seguir lendo
ENTREVISTA A ITOS LORENZO POLO CENTRO DE FORMACIÓN DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ (CEFOPP)
O Centro de Formación de Práctica Psicomotriz (CEFOPP) renovou a súa páxina web. No novo formato inclúese un apartado adicado a antiguos alumnos do centro, que despois de pasar pola formación seguen unha traxectoria profesional na que a psicomotricidade esta presente no seu día a día. 
itos03CEFOPP é o referente de Formación en Práctica Psicomotriz Aucouturier en Madrid e é miembro da Asociación Europea de Escuelas de Formación en Práctica Psicomotriz (Asefop), fundada por Bernard Aucouturier en 1987 co obxetivo de estudar, desenvolver e armonizar a formación en Práctica Psicomotriz Aucouturier.

A primeira entrevista realizáronlla a Milagros Lorenzo, Itos, como coloquialmente e cariñosamente a coñecemos todos, responsable do centro Medrando Xuntos. 

Queremos destacar a importancia de compartir este tipo de experiencias por aportar novos puntos de vista profesionais de como poder abordar o traballo cos nenos e nenas e como estas tamén poden ser experiencias enriquecedoras para o resto de profesionais que deciden comezar a formarse nesta metodoloxía.

A continuación adxuntamos o enlace da entrevista e agradecemos a CEFOPP o recoñecemento e afecto que nos transmiten.

http://cefopp.com/nulla-vitae-elit-libero-a-pharetra-auge/

Seguir lendo
MEDRANDO XUNTOS ASUME UN ANO MÁIS A REALIZACIÓN DO PROGRAMA DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA QUE OFERTA O CONCELLO DE AMES A TRAVÉS DA CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN PARA NENOS/AS DE 3 A 6 ANOS
Neste curso escolar 2016/17 contamos con 121 nenos/as matriculados.
O programa comezou a última semán de Setembro con reunións informativas para pais /nais de usuarios do servizo.
Con ánimo e enerxía empezamos este novo curso, onde xa nos sentimos moi a gusto. Contamos con un número  importante de familias sensibilizadas e coñecedoras dos aportes da psicomotricidade vivenciada relacional para os nenos/as. As conexións e comunicación cos equipos educativos dos centro escolares onde traballamos xa están en marcha, e sentímonos satisfeitas de colaborar con un Concello sensible a esta gran tarefa de PREVENCIÓN PRIMARIA.

Nota informativa do concello de Ames: 

Seguir lendo