mayo 2016

TRIATLON SOLIDARIO EN NEGREIRA A FAVOR DA ASOCIACIÓN DE ENFERMIDADES RARAS (FEDER)
A nosa NORABOA ó Concello de Negreira por implicarse nesta iniciativa.
ÁNIMO!!! Apuntádevos!!!. Vivamos a “aventura”. Seguro que poderemos disfrutar da xornada ainda que non estemos en “forma” para o exercIcio.
A nosa ADMIRACIÓN ás familias que día a día se enfrentan a duras probas soportando esperas de resultados que lles aporten infomación ou nome ós diagnosticos de seus fillos/as.
Dende MEDRANDO XUNTOS S.C.P. coñecemos estas loitas, tanto por parte das familias como dos afectados/as. Historias cheas de emoción, esforzó, superación, incertidume, rabia, impotencia, alegría, sorpresas…. O seu exemplo anímanos ós profesionasi a esforzarnos, si cabe, cada día un pouco máis, invítannos a seguir formándonos e sacar o mellor de nós.
MOITAS GRAZAS!!! A seguir con forza sin esquecer disfrutar das pequenas e grandes metas do día a día.
Para mais información:

https://www.facebook.com/I-Triatl%C3%B3n-popular-solidario-de-Negreira-856323861157802/?fref=nf

Seguir lendo
MEDRANDO XUNTOS PARTICIPA NA XORNADA: «O ROL DO PSICOMOTRICISTA NO GRUPO DE AXUDA NA PRÁCTICA PSICOMOTRIZ»

Medrando Xuntos participou o pasado 14 e 15 de Maio nunha Xornada de formación realizada en Bilbao coa temática «El rol del psicomotricista en el grupo de ayuda en la práctica psicomotríz».

A formación correu a cargo de SONIA COMPOSTELLA ( Formadora EIA.) Terapeuta psicomotriz. Formadora en el curso de formación de futuros formadores de la EIA. Presidente y  Fundadora de la ARFAP- Associazione per la Ricerca e la Formazione all’Aiuto PsicomotorioBassano del Grappa(Italia).
Seguir lendo
ABERTO PRAZO PARA O PROGRAMA DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA PARA O CURSO ESCOLAR 2016/2017

Ábrese o prazo para renovacións e inscricións do «Programa de Psicomotricidade Educativa Preventiva» que ten en marcha o Concello de Ames a través da Concellería de Educación para o curso escolar 2016/2017.


PRAZOS:

Inscrición e Renovación: Do 16 ao 24 de Maio
Matrícula: 20-30 de Xuño

LUGARES DE INSCRICIÓN:

Oficinas rexistro
Concello de Ames

Pazo da Peregrina
Bertamiráns

Oficina Municipal
O Milladoiro

Info: 981 891 476
educación@concelloames.gal
www.concellodeames.gal

Para mais información acerca dos obxectivos do programa pinchar no seguinte enlace:

https://drive.google.com/open?id=0B0giL1FMUyguT29Hbkl6NE16Y0k

Seguir lendo
IMPORTANCIA DO XOGO LIBRE NO DESENROLO MADURATIVO DOS NENOS/AS ATA 6/7 ANOS
Na etapa infantil que abarca dende o nacemento ata os 6/7 anos o cerebro do neno/a  posúe gran neuroplasticidade e dispón das condicións neuronais máis propicias para o seu desenrolo. Prodúcense importantes procesos madurativos que sentarán as bases da evolución posterior do neno/a,  xoven  e adulto:  nacemento da psique, o desenrolo do pensamento, a capacidade comunicativa e expresiva, o desenrolo da creatividade e imaxinación, a consciencia corporal, o control muscular, as capacidades de relación cos demais e  de escoita ….   Son claves para o desenrolo destes procesos as relacións de calidade no seu coidado  e o  xogo espontáneo. 
O obxectivo desta etapa é acadar capacidades e destrezas que lle permitan os nenos/as unha boa disposición física e cognitiva cara futuras aprendizaxes así como desenrolar habilidades que lle faciliten a óptima integración no entorno social.

O uso inadecuado das tecnoloxía neste momento madurativo pode poñer en perigo este decisivo desenrolo do cerebro.
Para acceder ao artigo pinchar no seguinte enlace:
Seguir lendo