ENTENDENDO O FACER DO/A PSICOMOTRICISTA E DO NENO/A

A LINGUAXE DO CORPO EN ACCIÓN

Como punto de partida decir que “El lenguaje del cuerpo en acción” é o título dun articulo de Mary Angeles Cremades Canciller (directora e formadora do CEFOPP), escrito e Decembro do 2025 na revista de cuadernos de psicomotricidade.

Como é habitual en Mary Angeles neste artículo vai debullando dun xeito claro, profundo e vivido aspectos claves nas sesións da Práctica Psicomotriz Aucouturier (PPA), facilitando a comprensión.

Como psicomotricista, cada día, en cada sesión enfrontámonos a un reto esencial: dar significado o que está pasando, o que o neno/a trae e nos mostra, pois dentro da sesión el será o protagonista, marcando o que precisa dicir. Sobre este dicir destaco aspectos que se abordan no artículo.

Na psicomotricidade, e en particular na PPA a linguaxe do corpo é un dos pilares esenciales a observar, pensar e entender. Linguaxe construída con signos anteriores ás palabras. Desta linguaxe corporal avanzarase a linguaxe verbal que é a porta a través da que accedemos ó mundo simbólico e o pensamento. Polo tanto, un gran reto do/a psicomotricista é chegar a comprender o que nos dí o neno/a a través do seu corpo en acción pois permitiranos favorecer o seu avance e maduración.

O corpo alberga as pegadas que se foron marcando o longo do noso proceso vital, isto será así sempre, pero as primeiras pegadas (ata os seis meses) son especialmente significativas, forman a base da nosa actitude corporal, relacionadas con cualidades como o tono, os apoios, equilibrio, fluidez e harmonía dos movementos… Estas primeiras pegadas están relacionadas coa calidade dos coidados recibidos nas primeiras etapas e determinarán as accións dos nenos/as. Este é o foco de observación do/a psicomotricista: que fai / non fai o neno/a, como o fai, para que o fai, e desde esta comprensión da acción e xogo expontáneo acompañalo a apertura de novas vivencias / experiencias / relacións …que faciliten a acomodación a realidade.

    Write a comment