Maio 2018

FIN DE CURSO PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA 2017/18
Hoxe fixemos a reunión de fin de curso 2017/18 cos pais / nais para os grupos de Psicomotricidade Educativa Preventiva que realizamos nas instalacións do Colexio Público da Maia. 
En primeiro lugar agradecer ó equipo de infantil da Maía, así como ó equipo directivo do colexio a boa acollida que tivemos, e que vimos tendo todo este tempo de traballo na sala de psicomotricidade de infantil. Grazas!!!.
Foron 8 meses de traballo, osea de XOGO. Na sala vivimos moitas experiencias, tivemos momentos de intensas emocións, e algo moi bonito, fixemos grupo. Formamos parte dun equipo de compañeiros que cada mércores nos xuntamos para disfrutar do feito de ser neno, xogar, crear, diseñar, probar, sentirse, observar….., baixo a mirada de adultos que lle devolvían a consciencia do seu corpo, a seguridade e emoción que despertaba a súa acción, que mantiñan a norma e límites necesarios para que cada quen poidese realizar o seu xogo, en fin … que facía viable o xogo libre e facilitaban a creatividade,a autonomía, respeto…
A través dunha reportaxe de fotos, sacadas ó longo da sesión, presentámosllas ás familias como unha pequena mostra do “moito que dan de sí” as clases de Psicomotricidade Educativa Preventiva. É bonito observar a expresividade dos nenos, a riqueza do xogo, as relacións que se xeran, a atención coa que se sumerxen no traballo … desexamos que o disfrutedes.

ENLACE Ó TRABALLO DE FIN DE CURSO:

https://1drv.ms/v/s!AoBvCpOClQd1kBfTz70jV9I_LF6G

Seguir lendo
ABERTOS PLAZOS PARA FORMACIÓN : “ESCUELA DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ” EN BILBAO
·  CURSO BIENAL DE ESPECIALISTA EN PRÁCTICA PSICOMOTRIZ EDUCATIVA Y DE AYUDA PSICOMOTRIZ EN PEQUEÑO GRUPO (CON ORIENTACIÓN TERAPÉUTICA). OCTAVA PROMOCIÓN 2019-2021
·  CURSO ANUAL DE ESPECIALISTA EN AYUDA PSICOMOTRIZ EN PEQUEÑO GRUPO. (con orientación terapéutica) 2019

·  SEMINARIO DE INICIACIÓN A LA PPA 30 JUNIO- 1 DE JUNIO 2018 CON MIGUEL ANGEL DOMINGUEZ SEVILLANO.
·  SEMINARIO DE “ANALISIS DE VIDEO GRUPO PEQUEÑO” 22-23 DE SEPTIEMBRE 2018 CON SONIA COMPOSTELA.
·  SEMINARIO DE “RESILENCIA, PSICOMOTRICIDAD Y EXPERIENCIAS EN GRUPO” 17-18 DE NOVIEMBRE DE 2018 CON BEGOÑA RUIZ.
ESCUELA PEI-EIP DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ DE BILBAO
(Dentro de la Escuela Internacional Aucouturier)
Seminarios con homologación como cursos de actualización científico-didáctica del profesorado de la CAPV”
Con la presencia exclusiva como director científico y profesor de Bernard Aucouturier (creador de la práctica psicomotriz)
FORMADORES EIA:
Miguel Ángel Domínguez Sevillano
Sonia Compostella
Lorella Morato
Yolanda Mena
ADEMÁS
Francis Elizalde
Teresa Martínez
Begoña Ruiz
Bidegintza
MAS INFORMACIÓN EN
Seguir lendo
ANIVERSARIO DO CENTRO AUCOUTURIER
Emocionante xornada a vivida este sábado día 26 de Maio nas instalacións do centro Aucouturier en Madrid, na celebración do 25 Aniversario. Coincide esta celebración coa inaguración dunhas novas instalacións. Estaba todo preparado para facer unha viaxe por estes 25 anos, dos que nós empezamos a formar parte fai 14. Diferentes centros e profesionais de toda España aportamos imaxes, mensaxes, diferentes materiais explicativos dos nosos traballos….. 
A xornada inagurouna Mary Angeles, directora da escola, cunha charla cargada de emoción e contidos interesantes sobre o papel que temos as psicomotricistas na sala. Despois dunha pausa, diuse paso a profesionais que compartimos a nosa experiencia. Intervencións todas cun alto contido emocional polo que as risas, os aplausos e as bágoas fóronnos acompañando toda a mañán.
Dende Medrando Xuntos demos a  NORABOA a todo o equipo que forma o CEFFOP, son parte de nós, xa que a formación recibida no centro foi clave nas nosas traxectorias profesionais, polo tanto sempre serán un referente significativo a título persoal e como centro.
Seguir lendo
30 ANIVERSARIO DO CEFOPP
O sábado día 26 de Maio, o centro de Estudios e Formación de Práctica Psicomotriz “Bernard Aucouturier” está de celebración:  30 ANIVERSARIO. Parabéns!!! Dende o centro Medrando Xuntos sabemos que tamén forman parte da nosa creación, das nosas orixes, e polo tanto da nosa historia.
Con tal motivo organizaron unha conferencia que impartirá Mary Angeles Cremades  (directora do centro), baixo o título de “El rol del adulto en la Sala de Psicomotricidad”. Seguro que nos ofrecerá interesantes aportacións.

Posteriormente terá lugar un segundo acto titulado “Y la Práctica Psicomotriz entró en mi vida”. Diferentes profesionais estamos convocados para participar, aportando a experiencia que vivimos ou estamos a vivir dende o ámbito da psicomotricidade. Itos, dándolle voz ó centro Medrando Xuntos, compartirá cos  asistentes vivencias que forman parten da súa práctica psicomotriz.

Será un pracer asistir, participar, encontrarnos e reencontrarnos con mestras/es, compañeiras/os e aproveitar para seguir reflexionando e enriquecéndonos a través da psicomotricidade.

Pódese ampliar a información no enlace: http://cefopp.com/jornada-aniversario-26-de-mayo-de-2018-2/
Seguir lendo