Xaneiro 2018

ARTIGO INTERESANTE DE VICENC ARNAIZ
Vicenc Arnaiz, psicólogo, director do servicio de Atención Temperá de Menorca, colaborador coa escola de formación de psicomotricidade na preparación de futuros psicomotricistas (CEFFOP), un referente no mundo da infancia e da educación  . Neste artigo fai unha clarísima e sinxela explicación  na que mostra o camiño que permite os nenos/as  formar a súa IDENTIDADE, a integración do YO. A aceptación dos límites é unha condición necesaria para acadar tal obxectivo.

Pincha para enlace con PDF artigo: https://1drv.ms/b/s!AoBvCpOClQd1kBWdAD-TuiE6PdCY

Seguir lendo
SEMINARIO DE FORMACIÓN: PRÁCTICA PSICOMOTRIZ TERAPEUTICA

Interesante convocatoria para acercarse a Bilbao e profundizar sobre aspectos relacionados coa práctica psicomotriz terapéutica.

Seguir lendo
“TOCA PSICO” ESCOLA MUNICIPAL NEGREIRA
SESIÓN –  CURSO 2017
Por terceiro ano comenzamos a colaboración entre o centro Medrando Xuntos e o Concello de Negreira para a realización das sesións de “Psicomotricidade Educativa Preventiva” cos nenos/as do último curso (2/3 anos). 
Este é un modelo de intervención non directivo (xerado polo profesor Bernard Aucouturier), onde se parte das potencialidades dos nenos e dende unha dinámica de xogo, nun espazo preparado e organizado favorecese a actividade expontánea de cada un.
Resaltamos a importancia das aprendizaxes que se adquiren nesta etapa, xa que son a base sobre a que se construirá a persoa, e do papel esencial que xoga o movemento, a acción e o corpo do neno. Asimesmo o placer e disfrute é outro ingredinte esencial para o desenrolo madurativo e para a adquisición da identidade e dunha autoestima capaz.
Marcámonos como reto: “atender e acompañar os nenos/as para que se convirtan e  axentes activos na adquisción dos coñecementos tando do mundo que os rodea como de sí mesmos.
Estes son algúns dos pilares da PSICOMOTRICIDADE.
FOLLETO INFORMATIVO DA ACTIVIDADE DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA: https://1drv.ms/b/s!AoBvCpOClQd1kBShtSxWRdFYN_Hg
Seguir lendo