Novembro 2017

A PSICOMOTRICIDADE: UN RECURSO NO TRATAMENTO DAS NECESIDADES ASOCIADAS Ó TEA.

Compartimos un artigo interesante escrito por Miguel Llorca Llinares e Josefina Sanchez Rodríguez con reflexións sobre os APORTES DA PSICOMOTRICIDADE para o apoio a nenos/as con “ Trastorno do Espectro Autista” : LLORCA LLINARES, M. y SANCHEZ RODRÍGUEZ, J. (2014): La psicomotricidad como recurso en el tratamiento de las necesidades asociadas  a TEA. Revista de Psicomotricidad.com.

O corpo ocupa un papel clave no proceso de construción da Identidade Persoal. Os nenos/as con problemas de Autismo teñen dificultades na construción do seu “YO CORPORAL”, asociadas a problemáticas de percibir os límites entre o interior/exterior e entre o “YO/NO YO”.
Ó neno ou nena con autismo resúltalle difícil construír unha imaxe propia, a percepción fragmentada do seu corpo fai que os fenómenos corporais lle sexan axenos e extremadamente complicados. A dificultade de ter unha imaxe global de sí mesmo provoca que calquera sensación ou actividade, que ocasione malestar ou dor nunha parte de seu corpo, como o simple feito de cortar as uñas ou o pelo, poda converterse nun motivo de incertidume ou temor. O feito de non poder construír a súa unidade imaxinaria provoca que non poda identificarse cos demais e explica as grandes dificultades que poden presentar para integrarse nun grupo.
A psicomotricidade pode xogar un papel esencial na construción da súa identidade, a través dun xogo corporal compartido e perseguindo situacións de complicidade e confianza.
Para ler artigo completo pinchar:

Seguir lendo
HOXE: 20 DE NOVEMBRO, DIA MUNDIAL DA INFANCIA

Dende Medrando Xuntos non queremos pasar o día de hoxe sin lembrar que se celebra o día internacional dos dereitos do neno. Velar polo cumplementos deles é necesario para que podan darse as condicións precisas para un desenrolo saudable.

Seguir lendo
XIII XORNADAS DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ
Jon Arana, Luispe Gutierrez e Ana Sáez
Intensa e interesante xornada que disfrutamos no Palacio Europa en Vitoria. 
Tivemos a oportunidade de reencontrarnos con compañeir@s de  profesión – psicomotricistas – e adicar tempos de descanso a intercambiar aspectos sobre os “avatares” do traballo e da vida. 
Nos horarios organizados escoitamos e analizamos temas de gran interés conducidos por profesionais do ámbito da psicomotricidade:
  • Marta Prieto e Eva Torres psicomotricistas do equipo da escola de psicomotricidade de Madrid: CEFFOP
  • Jon Arana e Luispe Gutierrez psicomotricistas vinculados a escola de psicomotricade de Lúzaro, Vergara, Bilbao.
  • Ana Sáez psicòloga formadora do centro Marie Langer e colaboradora coa escola de formación de psicomotricidade de Madrid.
      Abordáronse temas relacionados con:
  • Os conflictos e malestares que poden vivir moitos nenos/as e tamén os profesionais que os acompañamos.
  • As dificultades que están en torno ó proceso de medrar e o papel que xogan os límites marcados polo adulto.
  • Os dififerentes sistemas nos que están inmersos os nenos/as: familiar, social, escolar e as pecularidades características dunha época determinada.

Marta e Eva “leváronnos” á sala de psicomotricidade. Con elas reflexionamos sobre a actitude do psicomotricista ou enseñante, sobre as respostas que podemos dar ante condutas desaxustadas, e cales delas teñen un poder transformador ou son infecundas. Falamos do axuste tónico/emocional preciso no noso traballo….
Eva Torres, Itos e Marta Prieto 

Entre as súas reflexións destacaría:

Marta díxonos: “la dificultades pasan por mirarme primero a mi para poder mirar al niño después, y que éste se sienta tratado desde la comprensión, y no desde el juicio, tampoco desde lo que desencadena sino desde lo que él pueste estar sintiendo en ese momento….”
Eva comentounos: “…. si pudiéramos entenderlos (referíndose ó neno que nos xera conflicto) como una oportunidad de aprendizaje y por lo tanto de crecimiento, quizás llegue un día en que los miremos con agradecimiento por las posibilidades de evolución que nos  brinda su mera existencia….”
   A cuestión que estivo presente  ó longo de tódalas xornadas é o importante papel que xoga o PROFESIONAL na transformación dos conflictos que manifestan algúns nenos e nenas….
Seguir lendo
VI CONGRESO ESTATAL DE PSICOMOTRICIDADE

Baixo o título –  Psicomotricidad más vale prevenir, convócasenos ó VI congreso estatal de psicomotricidade en Madrid.
Xornada sin lugar a dúbidas interesante, enriquecedora e motivadora para seguir na tarefa de divulgar e defender o gran papel que desempeña a psicomotricidade no ámbito EDUCATIVO/PREVENTIVO na primeira infancia (ata 6/7 anos).
As/os profesionais que traballamos no ámbito da psicomotricidade sabemos o complicado que resulta competir con outras ofertas. Actividades como inglés, natación, música, predeporte, potenciadores de talento…. teñen un recoñecemento e consideración dende fai tempo. Na sociedade actual hai moitos pais/nais preocupados, xa dende moi pronto, en axudarlles a seu fillos, en ofertarlle entornos nos que se lles enseñe e prepare para o éxito académico, que logo poderá traducirse noutro tipo de éxitos (asociación frecuente). Este plantexamento esquece algo básico, ó neno nestas idades hai que axudarlle a descubrirse, a descubrir un corpo que experimenta cambios constantes en moi pouco tempo. Tamén hai que xerarlle espazos para que poda xogar, crear, ser,… mostrarse e expresar os seus medos, vivir experiencias no grupo de iguais que lle permitan encontar o seu espazo e sentirse co poder de defenderse. Os nenos teñen que ser nenos para logo poder estar abertos a aprendizaxe e podelo vivir con placer, interés e creatividade. Deben de contar cunha maduración física e psicolóxica para poder acceder as aprendizaxes escolares. 

E preciso confiar nos nenos, na súa capacidade e potencialidade…, entender que ser neno non é tarefa sinxela, non adiantarnos a cubrir as súas necesidades. Temos  unha longa vida por diante para acumular aprendizaxes e uns poucos anos para xogar e formar os pilares da nosa persoa.
Así que… más vale prevenir….
Seguir lendo