Setembro 2017

GUIAS ORIENTATIVAS NA PRIMEIRA INFANCIA
Ser pai/nai é un rol que nos ven dado cando nace o noso fillo/a, actuar como pai/nai xa é unha tarefa un tanto máis complexa e sentirnos como pais tamén non sempre é fácil (senón preguntémosllo a moitos que teñen nenos /as con algunha dificultade no seu desenrolo).
E moi reconfortante a frase do gran maestro Winnicott que comenta que como pais temos que ser “suficientemente bos”, non é preciso facelo todo perfecto, non é preciso sabelo todo, e os nosos fillos/as teñen que sentir a necesidade de separarse de nós para poder seguir medrando o longo de todo o seu desenrolo.
Adxuntamos o enlace de tres guias que explican dun xeito sinxelo e práctico aspectos que consideramos relevantes no proceso madurtivo na infancia. Poden servir de axuda nesta importante tarefa de acompañar os nenos/as no se desenrolo:

FAVORECIENDO EL JUEGO Y LA ACTIVIDAD AUTÓNOMA DE 0 A 3 AÑOS:
https://1drv.ms/b/s!AoBvCpOClQd1kAVoAtWhZdB9DtST

EL VALOR EDUCATIVO DE LOS CUIDADOS INFANTILES PARA LA ATENCIÓN DE LOS NIÑOS DE 0 A 3 AÑOS:
https://1drv.ms/b/s!AoBvCpOClQd1kAabZDnCTVlYO47_

GUIA PRÁCTICA DE PRIMEROS AUXILIOS PARA PADRES:
https://1drv.ms/b/s!AoBvCpOClQd1kASO1cnBYPj8yVQz

Seguir lendo
19 DE SEPTEMBRO: DÍA EUROPEO DA PSICOMOTRICIDADE




Unha data significativa para o equipo do Centro MEDRANDO XUNTOS así como para todos aquiles que valoren o traballo psicomotriz ben dende o ámbito EDUCATIVO PREVENTIVO así como REECUCATIVO ou TERAPÉUTICO.
En Galiza aínda nos queda moito camiño por percorrer. No momento actual a psicomotricidade aínda non existe nos plans de formación Universitarios, e a  presenza que ten nos plans formativos doutros profesionais é limitado e con un enfoque restrinxido.
No centro Medrando Xuntos a psicomotricidade ocupa un lugar prioritario – é unha formación imprescinble para o persoal do centro.
Seguir lendo
MEDRANDO XUNTOS RENOVA A COLABORACIÓN CO CENTRO DOWN COMPOSTELA

Mañán martes día 12 de Septembro dende o centro Medrando Xuntos comenzamos, por segundo ano, o traballo de colaboración coa Asociación Down Compostela a través da realización de sesións de Psicomotricidade Vivenciada Relacional.
O traballo que se realiza nas sesións de psicomotricidade é un apoio clave para as persoas con Sindrome Down xa que favorece: 
  • O desenrolo das destrezas motrices mellorando a calidade dos movemeventos e incidindo na eficacia no día a día,
  • Potencia o desenrolo do pensamento,
  • Favorece as capacidades comunicativas e expresivas, 
  • Permite o desenrolo da creatividade, 
  • Fomenta a consciencia de experiencias corporais e mellora do tono muscular, 
  • Facilita a adquisición de novas habilidades relacionais                                                                   
Aspectos todos que incidirán na mellora da súa calidade da vida .
Seguir lendo
CHARLA INFORMATIVA E XORNADA DE FORMACION CON MIGUEL CASTRO
Próximamente, o venres día 22 de Septembro e o fin de semán 23 e 24 temos a oportunidade de disfrutar coa charla informativa e formación que impartirá Miguel Castro na Coruña. Recentemente, o 28 Abril, xa tivemos o gusto de escoitalo en Santiago, convocatoria que tivo unha acollida fantástica.
Para aquiles que xa coñecen os aportes desta técnica de pintura e desexen incorporarse a traballar, temos a oportunidade de facelo asistidas por PATRICIA RIVERA, profesional formada que abrirá un grupo próximamente nun local acondicionado nas instalacións da Escola Montesori de Compostela. Será os xoves no horario de 18.00h a 19.30h. Si estás interesado/a contacta con Patricia no móvil 652606996 ou no correo electrónico patricia. riveracrespo@gmail.com
Seguir lendo
OFERTA DE GRUPOS DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA PARA O CURSO ESCOLAR 2017/18
Un ano máis, co arranque do novo curso, dende Medrando Xuntosofertamos a proposta de traballo a nivel EDUCATIVO PREVENTIVO para nenos/as de idades comprendidas entre os 2 anos (último ano de escola infantila) a 6/7 anos (primeiro ano de primaria). Os grupos realizaranse os Mércores nas instalacións da aula de psicomotricidade da escola infantil de Maía.

Os horarios previstos serán:
  •     GRUPO I: de 16.10h a 17.10h  para nenos/as de 5 a 6/7 anos.
  •     GRUPO II: de 17.15h a 18.05 para os máis pequenos – 2 anos.
  •     GRUPO III: de 18.10h a 19.10h para nenos/as de 3/4 anos.

O mércores día 27 manteremos unha reunión coas familias para explicar o traballo que imos facer así como formalizar a matrícula coas autorizacións requeridas. Para dita reunión enviaremos convocatoria na semán anterior.
Os grupos cos nenos empezarán o mercores 4 de Outubro
As persoas interesadas contactar co centro Medrando Xuntos: Itos: 677761230 ou no correo electrónico itoslorenzo@hotmail.com
Na EEI Milladoiro será a ANPA do centro a que oferte o servizo de Medrando Xuntos para a realización de grupos de Psicomotricidade Educativa Preventiva. Para máis información poñerse en contacto cos menbros da ANPA MILLAPEQUES millapeques@gmail.com
Os aportes do traballo realizado a través das sesións de Psicomotricidade Educativa Preventiva son claves, nesta etapa madurativa, ata 6/7 anos, xa que potencian e estimulan o desenrolo global dos nenos/as. Así mesmo:
  •     Favorecen o desenrolo motor e a boa integración do esquema corporal (prerrequisito para as   aprendizaxes como pode ser a lectoescritura).
  •     Potencian o desenrolo emocional  (a capacidade de descentración tónico – emocional).
  •     Favorecen a aprendizaxe de habilidades sociais e integración no grupo de iguais.
  •     Petencian o desenrolo cognitivo e a actividade creativa.
  •     Facilitan a adquisición da IDENTIDADE….

Seguir lendo