Xullo 2017

MONOGRAFICO DA REVISTA CUARDERNOS DE PSICOMOTRICIDADE SOBRE “ATENCIÓN TEMPERÁ”


O último número Nº53 (Xuño 2017) da revista “Cuadernos de Psicomotricidade” editada pola Escola de Psicomotricidade da UNED de Bergara está adicada a atención temperá. Como sempre, aparecen artículos interesantes para aqueles que traballamos nesta etapa do desenrolo.

Destacar o artigo escrito por Álvaro Beñarán Aranzabal, que recentemente tivemos tamén oportunidade de escoitar nas Xornadas de Psicomotricidade celebradas en Madrid (sobre o tema da identidade). Alvaro explica o papel privilexiado que xoga a práctica psicomotriz no apoio e axuda ós nenos/as. Neste artigo céntrase naqueles que teñen dificultades.
A psicomotrocidade abre o neno/a a posibilidade de xogar, de crear, de actuar sobre o seu entorno acompañado dun adulto dispoñible, atento e respetuoso coas súas capacidades. Alvaro defende que a práctica psicomotriz é unha ferramenta que sempre debería estar na Atención Temperá, ben como un recurso específico ou complementario doutras intervencións xa máis enfocadas a tarefa de corrección, que tenden resultar as veces un tanto agresivas (e xerar novas dificultadades de carácter emocional que afectan á maduración psicolóxica dos nenos/as). 
Canto camiño nos queda por percorrer!!!!
Tamén aparece unha experiencia realizada nuha Ikastola de Irún, espazos onde a psicomotricidade educativa preventiva ten un lugar privilexiado. Aritz Larreta Bereziartua é o autor do artigo, con quen tivemos a portunidade de compartir algunhas xornadas de traballo recentemente en Bilbao. Aupa Aritz!!! e un gusto escoitar experiencias como a que relatas no artigo das compañeiras da escola, a nosa noraboa o equipo.
Seguir lendo
A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA RECOÑECE A MEDRANDO XUNTOS COMO ENTIDADE COLABORADORA NO PRÁCTICUM DA FACULTADE DE PSICOLOXÍA

Este venres, día 30 de Xuño, as 13h. Medrando Xuntos participou no acto de entrega de certificacións acreditativas de colaboración da U.S.C. ás entidades colaboradoras no Prácticum da Facultade de Psicoloxía. Un acto no que interviron o Sr Reitor da Universidade, a Sra. Decana da Facultade de Psicoloxía e Paula Villar Vicedecana de Mobilidade e Prácticum da Facultade de Psicoloxía. 

En Medrando Xuntos recibimos este ano a Sonia, alumna do grado de psicoloxía. Foi unha experiencia nova, e unha vez vivída valoramos que supuxo un enriquecemento para o equipo do centro xa que, nos fixo repensar, apalabrar, e xustificar accións no noso quefacer diario que, con frecuencia realizamos dun xeito automático. Acoller alunmos en prácticas é unha aposta do centro pola formación e un compromiso para aportar ós alumnos, xa na última etapa da carreira, competencias, valores e ilusión no desempeño da súa profesión. 

Aproveitamos tamén para agradecer a Sonia  o esforzo,  traballo e  dispoñibilidade mostrada durante esta etapa.


Seguir lendo