Setembro 2016

NOVA PARTICIPACIÓN DE MEDRANDO XUNTOS NO CURSO CELEBRADO EN BILBAO SOBRE O GRUPO DE AXUDA NA PRÁCTICA PSICOMOTRIZ
Medrando Xuntos participou no curso celebrado en Bilbao (organizado pola PEIP EIP escola de práctica psicomotriz) o pasado 24 e 25 de Septembro sobre O GRUPO DE AXUDA NA PRÁCTICA PSICOMOTRIZ
A ponente Lorella Moratto ten unha longa traxectoria no traballo coa práctica psicomotriz de Bernard Aucouturier tanto no ámbito educativo preventivo como nos grupos de axuda e terapia. Tamén participa na formación de profesionais psicomotricistas.

Afondamos en temas como:
  • A importancia de pensar nas posibilidades que favorecen a evolución dos nenos/as buscando que cada un contacte  co seu propio potencial.
  • O valor do xogo, da acción e relación como claves dentro do noso traballo.
  • O respeto polo neno, pola súa orixinalidade, a escoita activa como bases da psicomotricidade vivenciada.
  • A importancia da reaseguración profunda no desenrolo emocional do neno/a.
  • As orixenes da capacidade simbólica e a transcendencia que ten o  longo de todo proceso madurativo….
Seguir lendo
MEDRANDO XUNTOS ESTABLECE RELACIÓN LABORAL COA ASOCIACIÓN DOWN COMPOSTELA.

Na posta en marcha deste novo curso 2016/17 Medrando Xuntos ten o pracer de iniciar relación laboral co centro Down Compostela asumindo a realización de tres grupos semanais de axuda psicomotriz. 

Comenzamos este novo reto con ilusión e alegría. Agradecemos a confianza, dispoñibilidade, e acollida recibida tanto por parte dos profesionais da Asociación como das familias dos ususarios dos grupos. Así mesmo valoramos  estar en contacto con outros equipos de profesionais que enriquezan a nosa experiecia. Favorecer e potenciar o traballo corporal e vivencial é unha tarefa imprescindible para o desenrolo das capacidades persoais, e a Psicomotricidade Vivenciada Realcional a ferramenta válida para podelo facer.
Seguir lendo
ENCONTRO DE CENTROS E SERVICIOS DE ATENCIÓN TEMPERÁ
Medrando Xuntos participou este 10 de Setembro no Encontro de Centros e Servicios de Atención Temperá organizado pola AGAT (Asociación Galega de Atención Temperá). Unha interesante xornada onde poidemos reflexinar e compartir sobre as necesidades e enfoque de traballo de equipos das unidades de atención temperá de diferentes comunidades: Asturias, Cataluña, Madrid e Galicia. 

No encontro tamén se fixo a presentación do libro elaborado polas UDIAF: servicios comunitarios de Atención Temperá, e que recentemente fimaron un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia: data 8 de Abril de 2015. 
Adxuntamos enlace ao documento:
A xornada rematou cun xantar onde tivemos a oportunidade de compartir entre os asistentes: inquedanzas, experiencias, metas….
Dende Medrando Xuntos agradecemos estas xornadas e dispoñer deste tempo e espazos para a reflexión e diálogo.
Seguir lendo
COMEZA O “PROGRAMA DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIAVA” PARA NENOS DE 2/3 ANOS
O próximo mércores día 7 de Setembro ponse en marcha o “Programa de Psicomotricidade Educativa Preventiva” que organiza o centro Medrando Xuntos para nenos /as de 2/3 anos. Realizarase nas instalacións da sala de psicomotricidade do colexio público de Maía (Bertamiráns), no horario de 17,20h a 18,10h. 
Para máis información consultar folleto informativo sobre a actividade (obxectivos, aportes do traballo, estructuración sesión…. ) e cartel informativo.


https://drive.google.com/file/d/0B0giL1FMUyguLS1tbk4zVWxIcGs/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/0B0giL1FMUyguX0lCSjNMM1R1dDQ/view?usp=sharing

Seguir lendo