CURSO DE SENSIBILIZACIÓN PARA A FORMACIÓN DE PSICOMOTRICISTAS

Oferta de novos cursos de sensibilización para a formación dos psicomotricistas lanzada dende a Universidade de Luzaro, en Bilbao.

Os cursos de sensibilización son un pequeno avance do que supón comezar a aventura de “facerse psicomotricista”- “ser psicomotricista”, na que é fundamental contactar coa nosa propia historia persoal, aprender dela, e ir incorporando habilidades e destrezas que nos permitan chegar a entender de xeito obxectivo o que os nenos/as nos comunican nas salas.

Unha aventura de formación, na que xan son moitos os testimonios que nos comentan os cambios que se deron a posteriori, no noso facer, no noso pensar e sentir. Formación enriquecedora non só para os que nos adicamos a facer sesións de psicomotricidade, senón para tódolos colectivos que traballan coa infancia.

    Write a comment